Onte tivemos concerto no cole! Visitáronnos catro musicazos, que viñan a presentar a NOVA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA DE DUMBRÍA. Fixeron un concerto moi entretido, e ensinaronnos algúns instrumentos. Ademais, informáronnos de que o vindeiro xoves día 4, ás 20:30h., nas instalacións culturais e deportivas do Conco haberá unha reunión informativa sobre a escola, na que se informará sobre horarios, profesorado, instrumentos, e tamén da Banda de Música de Dumbría.
Así, impartirán clases de piano, batería, guitarra, baixo eléctrico, canto, saxofón, frauta, clarinete, trompeta, trombón, acordeón, etc e tamén para os máis pequenos (de 3 a 6 anos) Música e Movemento, onde aprenderán música de xeito divertido.
Aquí vos deixamos tamén algún video do que estivemos facendo, pero tede en conta que o son non é nada bo porque o concerto foi realizado dentro do pavillón, pero... fóra ía moito frío!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario