mércores, 30 de abril de 2014

Atardecer no mar.

Os nenos e nenas de primeiro reliazamos coa profe Emma estes atardeceres. Para iso empregamos pinturas pasteis  machacadas e as nosas propias mans como pinceis.  Quedounos así de chulo!!


Semana do Libro (V)

         Como Soledad Felloza non puido asistir, os nenos e as nenas de Educación Infantil, xunto ao alumnado de 1º curso, tivemos a oportunidade de gozar dunha representación de “Pulgarcito” por parte dos nosos compañeiros de 6º, dirixidos polo seu titor, Emilio:





         Tamén fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso de contos. Na clase de 3-4 anos, a gañadora foi Eva Costa París:
         O gañador na clase de 5 anos foi Pablo Costa Carabel:


         E grazas á axuda prestada polas profesoras de Educación Infantil, Alba e Ángeles, máis pola profesora de inglés, Bea.

E sobre todo, moitas grazas ao profe Dani por facer posible esta semana do libro coa que todos disfrutamos tanto!

Semana do Libroi (IV)






O 25 de abril os nenos e as nenas de primeiro ciclo estivemos coa escritora Rocío Leira.


Comezamos escollendo tres palabras que viñan nunha bolsa que trouxo Rocio. Con estas palabras tiñamos que facer un conto, e ao final, un debuxo sobre o mesmo.
         Cando rematamos todos, formamos unha fila e fomos lendo as nosas creacións:

Ao finalizar a lectura, pasamos a entregar os premios aos gañadores do concurso de contos. No primeiro curso a gañadora foi Laura Santos Cambeiro:
         






No segundo curso, a gañadora foi Ainhoa Trillo Pousa:

Por último, fixemos unha foto de todo o ciclo, xunto coas nosas titoras, Emma de 1º e Sonia de 2º, que nos estiveron axudando a facer os contos:

Semana do Libro (III)

         O 24 de abril foi un xoves especial, pois viñeron á biblioteca do colexio dous escritores, Miguel Mato e Artur Trillo.
         Con Miguel, os nenos e as nenas de 5º e 6º, estivemos falando sobre un conto seu chamado “Xope de Lilaina”, que trata dun boneco que se volve persoa porque se namora doutra boneca. 

         Logo, debuxamos a “Xope” ou ao “Imitador de paxaros”:



         Para rematar a sesión, fixemos entrega do premio ao gañador do concurso de contos de 5º, que foi Denís Pazos Lema:
         Tamén lle fixemos entrega dun regalo a Miguel, agradecendo a súa visita:



         Logo da visita de Miguel, os nenos e as nenas de 6º estivemos con Artur Trillo, o cal explicounos como era o mundo do teatro, como interpretar un texto, …

         Para rematar a sesión, fixemos entrega do premio do gañador do concurso de contos de 6º, que foi para Sergio Trillo Vieites:

         Tamén lle entregamos un detalle a Artur Trillo, agradecendo a súa visita:

         E moitas grazas á titora de 5º, Silvia, ao titor de 6º, Emilio, e a profe Nuria, pola axuda prestada para a celebración desta V Semana do Libro.

         

Semana do Libro (II).



23 de abril, os nenos e as nenas de segundo ciclo estivemos con Suso Bahamonde. Fixemos as seguintes actividades:
         Suso dounos un debuxo e mandounos inventar un diálogo, segundo o que nos transmitira a ilustración. Despois, cada un de nós leu a súa creación:
         Na seguinte actividade estivemos completando un poema escrito por Suso, titulado Game Over e, despois, comparamos co orixinal.

         A continuación, fixemos dous grupos. Suso entregou un poema, partindo as estrofas, de xeito que uns tiñan os versos do principio e outros os do final, e así formamos un poema entre todos:

         Na última actividade, Suso entregounos un folio en branco a cada grupo. Ditou dúas palabras, “amizade” e “lúa”; cada un fai unha frase e, logo, segue o seu compañeiro, continuando así o conto ata que chega ao do principio, que é o que remata.
         Sen tempo para máis, Suso entregou o premio do gañador do concurso de contos de 4º, que foi para Eloy Fernández Santabaya:


         E tamén lle fixemos entrega a Suso dun detalle por vir á Semana do Libro do noso colexio:

         Así demos por finalizado esta sesión, cunha foto de grupo:

 

Semana do Libro. (I)

O 22 de abril, visitounos a segundo ciclo, a escritora María Lado.

         Dividiunos en varios grupos, os cales tiñamos que pensar algunha historia que viramos na televisión ou nalgún libro. Despois, cada grupo, ía contando  a súa historia aos demais.


         A continuación, tivemos que inventar un conto a partir dunha frase que María nos dicía. E, por último, iniciamos un conto dicindo todo o que fixemos pola mañá ata chegar ao colexio, para despois ler en alto e continuar o conto cunha frase que nos dixo María e que valía para ampliar e rematar a nosa historia.
         Para rematar a visita, María deu a coñecer o gañador do concurso de contos en terceiro, que foi Carlos Costa Carabel:

        







         E tamén tivemos un detalle con María, para agradecerlle a súa visita:

         Esta é a foto de familia de segundo ciclo con María Lado:


         Na foto faltan as titoras de 3º (Aurora Meitín Rouco) e de 4º (Josefa Toba Quintáns), que participaron activamente nesta semana do libro.

martes, 22 de abril de 2014

V SEMANA DO LIBRO

Hoxe deu comezo á "V semana do libro" no cole, con un montón de actvidades para que os nenos e nenas disfruten e se acheguen un pouquiño máis a este gran descoñecido. En vindeiras entradas xa vos contaremos algunha cousiña máis do que ocorreu durante esta semana!


xoves, 17 de abril de 2014

A primavera en infantil B




E aquí vos deixamos outro traballo sobre a primavera para decorar os corredores do cole. Desta vez foron os pequenos e pequenas da profe Ángeles os que fixeron este excelente traballo. Que vos parece?Está chulísimo!

Ao rico batido!

Estes días de calor e vacacións son os máis axeitados para tomar algo ben fresquiño e saudable. Por iso en Educación Infantil aprendemos a facer batidos de fresa e plátano! Queredes saber como?
É moi doado, pero recordade facelo sempre coa axuda dun adulto!

Batido de fresa.
Ingredentes.
- aproximadamente 750 gr de fresas.
- azucre
-1 litro de leite 
Elaboración.
 Preparar as fresas quitándolles o rabo e cortándoas en anacos. Engadimos azucre para que as fresas solten a auga e metemos na neveira (mínimo 20 minutos). Metemos as fresas no vaso da batidora, e batemos. Unha vez todo triturado, coamos para apartar as pepitas. Botámolo xa xerra e engadimos o leite ben fresquiño.

Batido de plátano.
Ingredentes
-aproximadamente 750 gr de plátanos 
- 1 litro de leite.
Elaboración.
Picar os plátanos en anacos pequenos para que sexa máis doado trituralos.  Metemos no vaso da batedora e engadimos un chorro de leite, para facilitar a trituración. Unha vez ben triturado, botámolo na xerra e engadimos o resto de leite.


*En ámbalas dúas receitas se pode substituir algo de leite por iogur. 
**Para decorar nós empregamos barquillo e virutas de cores e de chocolate

E a beber ben fresquiño! Unha receita ben sinxela, fresca para estes días de calor e sobre todo moi sá! Unha maneira moi divertida de tomar froita!

O día que a fixemos tivemos varias profes moi interesadas en probar a nosa receita, e debía estar ben boa porque quixeron repetir! Ata puidemos invitar aos nenos e nenas de primeiro ciclo! 

Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica! 

venres, 11 de abril de 2014

PLANTAMOS CARBALLOS - PROXECTO: "O MONTE VIVO"

Facendo caso ás sabias palabras da premio nobel da paz, Wangari Maathai, que afirma:

Ata que caves un buraco, plantes unha árbore, a regues e a fagas vivir, non fixeches nada. 

Os nenos e nenas de Dumbría plantamos no colexio, tres dos nosos carballos que sementamos e coidamos durante meses con tanto cariño para que medren fortes e sanos, onde teñen que estar, no campo.

Aquí podedes ver unhas imaxes dese fermoso momento. 



PLANTACIÓN DE CARBALLOS - Video Maker

Por certo, as árbores afortunadas que quedarán para sempre no colexio foron as de Sergio, Yéssica e Isabel, a quen vedes nas imaxes cada un deles coa súa árbore.

Dende aquí, en nome de todos os nen@s e profes que participamos na plantación, moitas gracias chic@s, sin vós isto non sería posible!

xoves, 10 de abril de 2014

Mona Lisa

Os pequenos e pequenas do cole dan unha "Master class" sobre Leonardo Da Vinci e a Mona Lisa... botádelle un vistazo que merece moito a pena!

luns, 7 de abril de 2014

venres, 4 de abril de 2014

Volcáns en erupción!

Como ben sabedes, os nenos e nenas de infantil, estivemos a traballar no segundo trimestre os dinosaurios. En entradas anteriores xa vos ensinamos como eramos paleontólogos e desta vez quixemos ir máis alá! Como xa estudamos, os científicos afirman que que unha das causas da extinción dos dinosauros podería ser as erupcións volcánicas, así que decidimos investigar algo máis como era esto dos volcáns.

 Grazas á profe Emma e aos nosos ex-compañeiros de infantil e que agora están en primeiro, puidemos contar cun volcán caseiro que fixemos entrar en erupción. Queredes saber como? Pois podedes velo aquí

É unha pena non contar cun vídeo do momento no que fixeron esto mesmo os nenos e nenas de primeiro, pero xa nos enteramos que ademais de este método empregaron outro! Ai! Que ben o pasamos na escola!

xoves, 3 de abril de 2014

Primavera??

Como xa sabedes, xa fai uns días que entrou a primavera, pero polo menos en Dumbría debe estar escondida por algures! Os nenos e nenas de primeiro pídena a berros, e como así a primavera non entende, quixeron facerlle unha homenaxe: mirade con que mural tan bonito decoraron o corredor! A que está xenial!?


Autumn Leaf