mércores, 29 de xuño de 2016

Flores recicladas!

Houbo unha revolución que se recordará por sempre no mundo enteiro pola presencia dos caraveis. Hoxe deixámosvos aquí estas flores que os nenos e nenas de infantil A fixeron con tapóns de botellas, e esperamos que nos empurren a seguir loitando por un ensino público e de calidade para o rural.












Travelling!!

A vida é máis bonita si a vivimos cantando!! Un vídeo para demostrar que os nenos e nenas do rural son trilingües.
Loitemos para que o alumnado siga tendo unha educación de calidade!! 

martes, 28 de xuño de 2016

What do you see?

Dumbría é sinónimo de calidade. Calidade na educación. Rapaces e rapazas que aprenden tantísimo dende os 3 anos. 
Aquí podemos ver a alumnos e alumnas de 4 aniños que xa falan un idioma estranxeiro case tan ben como o seu propio.
Non perdamos este privilexio! Non perdamos o noso prestixio!
Non perdamos a oportunidade de aprender!
LOITEMOS POR UNHA ENSINANZA DE CALIDADE! VIVA O RURAL! 

Apertura do prazo de admisión de colaboradores voluntarios do comedor escolar

Dende o día 22 de xuño está colgado na cortiza de anuncios do colexio a apertura do prazo de admisión de colaboradores voluntarios nas tartefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar duranteo curso 2016/2017. 
Deste xeito aqueles pais/nais, titores/as legais ou acolledores/as familiares do alumnado matriculado no curso 2016/2017 no noso centro poderán apuntarse para este servicio. Para iso, deberán cumplimentar correctamente o formulario de adcripción que poderedes recoller no centro. O prazo de entrega de solicitudes quedará aberto ata o 11 de setembro, abrindo, se é o caso, un segundo prazo ata o 21 de decembro.

luns, 20 de xuño de 2016

If you are happy and you know it...

Aínda que polo cole estamos tendo moito traballo, sempre intentamos ter un oco para que vexades os últimos vídeos que fixeron os rapaces e rapazas antes de rematar este ano escolar.
Hoxe tócalle aos máis pequenos cantar in English. Aínda non están acostumados á cámara, pero xa o fan súper ben. 
Comprobádeo!!

venres, 17 de xuño de 2016

Os sentidos

O alumnado de cuarto estivo a traballar os sentidos, e así é como nos explican a nós como funcionan. 
Fanno estupendamente!


luns, 13 de xuño de 2016

Ximcana das Letras Galegas


Aquí vos deixamos un vídeo coas fotos do día da Ximncana das Letras Galegas. Un día moi especial onde, ademais de pasalo super ben, aprendimos un montón de cousas sobre a nosa cultura e lingua! Noraboa a tod@s os participantes, e en especial, ao grupo de gañadores e gañadoras, que compartiron a parte do botín con todo o colexio!
letras galegas - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

xoves, 2 de xuño de 2016

Xogos de sortes

Os pequenos e pequenas do cole levaron para a casa un caderno especial chamado "Xogos de sortes". Alí, axudados polas súas familias, recolleron diversos xogos de rifar en galego que posteriormente lle ensinaron aos seus compañeiros e compañeiras. 
Mirade que ben o fan! Ben é certo que algúns están algo versionados con respecto ao que escribiran nas súas casas, pero aínda así, fano xenial!
Moitas grazas familias!
Autumn Leaf