xoves, 28 de abril de 2016

The three brothers

Aquí vos deixamos unha historia de tres irmáns que necesitan chegar ata Buddha para saber quen é o máis listo dos tres.
Unha vez máis, os maiores do cole demóstrannos o ben que se desenvolven nun idioma estranxeiro. Aprenden os comparativos e superlativos da mellor maneira: divertíndose!
Mirade que ben o fan!!

xoves, 21 de abril de 2016

Walking through the jungle

Aquí vos deixamos unha canción onde ben podedes comprobar que nuns aniños estes nenos e nenas de 1º serán ingleses.
Cada día o fan mellor!! Teñen unha pronunciación estupenda!!

mércores, 20 de abril de 2016

VI Semana do Libro: María da Pontragha e Artur Trillo

E hoxe os máis pequenos e pequenas do cole (infantil, primeiro e segundo de primaria) pasámolo pipa con María da Pontragha e Artur Trillo. Moitas grazas por acompañarnos!





VI Semana do Libro: Concha Blanco

Onte visitounos ao cole Concha Blanco, e estivo falando cos nenos e nenas de 3º e 4º. Seguro que aprenderon motísimo!


martes, 19 de abril de 2016

VI Semana do Libro: Rivadulla Corcón e Miro Villar.

Onte deu comezo  a "VI Semana do Libro", que como ven sendo xa habitual celebramos no colexio ao redor do 21 de abril. Aquí vos deixamos un par de instantáneas da xornada de onte, onde os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria tiveron a visita de dous autores: Rivadulla Corcón e Miro Villar. Moitas grazas por acompañarnos!

Máis adiante ensinarémosvos máis fotografías desta e doutras xornadas.







luns, 11 de abril de 2016

Son de abril


Son de abril las aguas mil. 

Sopla el viento achubascado, 
y entre nublado y nublado 
hay trozos de cielo añil. 
Agua y sol. El iris brilla. 
En una nube lejana, 
zigzaguea 
una centella amarilla. 
La lluvia da en la ventana 
y el cristal repiqueteo. 
A través de la neblina 
que forma la lluvia fina, 
se divisa un prado verde, 
y un encinar se esfumina, 
y una sierra gris se pierde. 
Los hilos del aguacero 
sesgan las nacientes frondas, 
y agitan las turbias ondas 
en el remanso del Duero. 
Lloviendo está en los habares 
y en las pardas sementeras; 
hay sol en los encinares, 
charcos por las carreteras. 
Lluvia y sol. Ya se oscurece 
el campo, ya se ilumina; 
allí un cerro desparece, 
allá surge una colina. 
Ya son claros, ya sombríos 
los dispersos caseríos, 
los lejanos torreones. 
Hacia la sierra plomiza 
van rodando en pelotones 
nubes de guata y ceniza.


Antonio Machado



Este poema de Antonio Machado ben describe o que está a acontecer co tempo estes días. Así que os nenos e nenas de infantil A gravamos esta pequena cación que parte dos primeiros versos do poema. Esperamos que vos guste.


xoves, 7 de abril de 2016

Sports day!

Unha das mellores maneiras de aprender un idioma estranxeiro é realizar obras de teatro. Hoxe ensinámosvos unha historia sobre diferentes deportes realizada polos gran artistas de 3º de primaria.
Incrible o ben que o fan e que facilidade teñen para falar in English. Estos rapaces son enormes!!

Let's make lunch!

Os pequenos e pequenas de 2º de primaria xa saben ler estupendamente nun idioma diferente ao seu.
Len e cantan xenial! Comprobádeo!

mércores, 6 de abril de 2016

School Fete!

O alumnado de 4º de primaria actúan nunha historia sobre unha festa no cole, no que dous nenos que están a preparar bocadillos quedan sen leituga e comezan a preparar uns bocadillos cuns ingredientes moi extraños.
Mirade que artistas están feitos!! Cada día o fan mellor!!

Put on your clothes!

Hoxe podedes ver como as rapazas e rapaces de 2º interpretan unha canción in English.
Coidadiño con estas mamás! Mirade como berran e como coidan que os seus fillos non pasen frío, jejeje

Excursión a Cee (II)

Aquí vos deixamos un vídeo con moitas fotos sacadas o pasado xoves na excursión.


luns, 4 de abril de 2016

Excursión a Cee

Adiantamos unha pequena mostra do ben que o pasamos o xoves en Cee, tanto no concerto didáctico vendo a Odaiko, coma no museo e no IES Fernando Blanco e no parque. 
Grazas Darío por ensinarnos e explicarnos tan ben o museo e os xardíns do IES.

Pasámolo xenial!!

























Let's run

Hoxe puxémonos en forma cunha canción in English.
Os nenos e nenas de 1º veñen pisando moi forte!!  Fanno súper ben, comprobádeo!
Awesome!!

domingo, 3 de abril de 2016

VI Semana do Libro

Como xa é habitual no noso cole, no mes de abril achégase a semana do libro. Este ano anticipámonos a esta semana invitando a todo o alumnado a participar nun concurso:

- Un de ilustración para os nenos e nenas de educación infantil, primeiro e segundo curso de primaria.

-Un de contos para terceiro, cuarto, quinto e sexto. 

Tedes as bases colgadas na cortiza da entrada do cole, non esquezades pasarvos por alí de vez en cando para estar informados! 

Poderedes facer os vosos traballos no voso fogar ou no cole.

Esperamos impacientes as vosas propostas!




Autumn Leaf