mércores, 30 de marzo de 2016

Animals song!

E que me dicides destes pequeniños?
Agora tócalle aos nenos e nenas de 3 anos acompañados das nenas e neno de 5.
Hai algún que queda mudo e que perde todo o ritmo cando ve a cámara gravando, pero hai que darlle tempo, que aínda acaban de comezar a descubrir esta linguaxe tan diferente da súa. Nuns meses falarán moitísimo, incluso mirando para a cámra!
Son uns pequenos fenómenos!!

Elephants!

Tan pequeniños e tan grandes!!
Que divertido é aprender English cantando e bailando!
Aquí tendes a mostra destes nenos de 4 e 5 anos. 
Hai que mellorar a entonación, jejeje, pero no demais son uns cracks.
Esta xeración ven pisando forte!

martes, 29 de marzo de 2016

What a mess!

As marabillosas rapazas de 2º de primaria interpretan estupendamente in English What a mess!, unha historia sobre o neno Tom e o seu can Dizzy, o cal sabe falar, patinar, bailar e incluso limpar. Pero a nai de Tom non o cre, e enfadada mándalle limpar todo o desorden ao neno. 
Mirade que ben o fan!! Eu mandaría ás tres agora mesmo a Reino Unido!! Aínda que non sei si as súas familias estarían moi de acordo, jejejeje 

Dumbría calidade!!

Dous antiguos alumnos do CEIP Santa Eulalia de Dumbría Unai e Xabi Larrañaga, representarán a Galicia no campionato de España de voleibol.
Noraboa campeóns!! 







Sports are great!

We are back!!
E non hai nada mellor que regresar cantando. 
Deixámosvos unha canción interpretada polos alumnos e alumnas de 3º de primaria.
They are wonderful! De Dumbría a Got Talent :)

mércores, 23 de marzo de 2016

Cambio de cinturóns de Taekwondo

Algúns dos nenos e nenas do cole de Dumbría que van a Taekwondo foron xa fai uns días a exame! E agora xa teñen o cinturón branco-amarelo!! Noraboa rapaces!!










luns, 21 de marzo de 2016

Día mundial do Síndrome de Down

E se para nós é importante a poesía, non pode ser menos o "Día mundial do Síndrome de Down". Queremos compartir con vós este vídeo tan bonito, e sobre todo a reflexión final:
"As persoas con Síndrome de Down poden vivir unha vida feliz. Xuntos podemos facelo posible".

Antroido 2016

Un mes despois da celebración do Antroido, aquí vos deixamos por fin un vídeo con moitísimas fotografías deste día! Como xa sabedes, iamos disfrazados de "cruceiro": capitáns e mariñeir@s, pasaxeir@s, camareir@s e cociñeir@s, sirvientas e botones, encargad@s do espectáculo do barco... foi moi divertido!
Ademais, na chocolatada, aproveitamos para entregar os premios das postais de Nadal e da mascota da biblioteca. Noraboa a tod@s os participantes! Foi moi difícil escoller os gañadores!

Día mundial da poesía

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o día mundial da poesía. E tradicionalmente tamén é o inicio da primavera. Por iso queremos partillar con vós este poema de Manuel María, poeta ao que se lle adicará este ano o día das Letras Galegas.

-O cuco-

O cuco, cuco, cuqueiro.
O cuco, cuco, cucón.
 ¡Madrugón e cantareiro!
 ¡Cantareiro e madrugón!

Óise pola carballeira
 o vello cuco souril
 ó nacer a Primaveira
entre o Marzo e o Abril.

 ¡O vello cuco, cucou
 e moito máis cucará!
 ¡O cuco non me capou
e nunca me capará!

Polas mañás ben cediño
o cuco canta "cú-cú".
 ¡Como o teño por veciño
 eu trato ao cuco de tu!

E para ilustralo fixemos estas dúas nubes de palabras, onde podedes observar ao cuco cheo das verbas deste fermoso poema! Cal vos gusta máis?




E que, por Dumbría sentiuse xa o Cuco?

martes, 15 de marzo de 2016

O mar na escola

O pasado día 7 o alumnado participante en "O  mar na escola" recibiu formación teórica na biodiversidade do smares e océanos, ventos, correntes, mareas, ademais da teoría da navegación a vela e seguridade no mar.
Agora seguro que xa están preparados para sumerxirse nos próximos días!



Campionato Provincial de Campo a Través

Noraboa a Sabela carreira santabaya, CAMPIONA PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS!!



venres, 11 de marzo de 2016

Foi noticia

Como seguro que xa sabedes, estes días estamos a celebrar a "Semana da prensa". Así que durante todos estes días no cole estivemos a traballar con xornais de distintos tipos, e inventando ou rememorando novas de importancia.

Así foi que os nenos e nenas de segundo fixéronse eco dunha nova moi importante que sucedeu hai moitos anos en Dumbría: o primeiro matrimonio entre dúas mulleres en España*.

 O alumnado de segundo traballou moitas  cousas con respecto a esta nova, aspectos que van máis alá dos xornalísticos, como o respecto ou a tolerancia.

Máis adiante subiremos outras "novas" que se estan creando no cole, xa veredes que divertidas!

*Se queredes saber máis sobre esta nova, podedes facer clic aquí e aquí.




A creación da Terra

Os nenos e nenas de primeiro de primaria , coa axuda da profe Irene, sumerxímonos nunha viaxe a través de experimentos, que nos levou dende a absoluta escuridade do universo ata a creación da terra.
Que maneira tan bonita de aprender!

xoves, 10 de marzo de 2016

Poema "Animales"

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria recitan un bonito poema titulado Animales, de Alicia Borrás. 
Esta vez o trato era aprendelo se a profe tamén o facía.
Estos nenos e nenas fan o que queren con nós os profes, jejeje.

Mirade que ben o fan!! 

mércores, 9 de marzo de 2016

Charla sobre reciclaxe!

logoXa fai uns cantos días que os nenos e nenas de 3º,4º, 5º e 6º tivemos unha charla sobre o coidado do noso planeta por parte do "Grupo Soil", onde trataron aspectos moi importantes sobre a defensa do mendio ambiente. Puxeron moito énfase na separación dos residuos orgánicos e inorgánicos para a boa reciclaxe dos mesmos. 

Seremos quen de poñer en práctica todo o que ali aprendemos?  Esperemos que si! No cole xa o estamos facendo, agora tócavos na casa!













mércores, 2 de marzo de 2016

I like painting song

E aquí están outra vez os nenos e nenas de 2º de primaria.
Todo o que sexa cantar e bailar é o seu!! E incrible que aprendan unha canción despois de escoitala só unha vez
Viva o artisteo!!, e se pode ser aprendendo moito mellor.

Autumn Leaf