martes, 25 de novembro de 2014

Palloza!

Os nenos e nenas de primeiro fixemos unha palloza. Nós pintamos os tubos de cartón de verde e marrón, e outros poucos sen pintar. O teito púxoo o profe Pedro con palla que nos deron Lucía e José, os pais de Anxo e Juan.  Quixemos facer esta palloza porque un día traballamos as casas e vimos unha palloza, e o profe decidiu facer unha.

UXÍA FELPETE ROMERO.


mércores, 19 de novembro de 2014

MAGOSTO!

Parece que por fin o tempo nos vai a dar unha tregua, así que o vindeiro venres celebraremos o tan desexado magosto!

Recordámosvos  que os nenos e nenas que aínda non trouxestedes as castañas (picadas) e os rachóns  podedes comezar a facelo!

Esperamos contar coas vosas visitas! Sobre todo coas dos que estades no instituto, a ver se vos deixades caer por aquí, que temos ganas de vervos! 

martes, 11 de novembro de 2014

Máis videos!

E aquí vos deixamos outros traballos que fan os nenos e nenas en inglés! Moito aprenden!!

Os máis pequenos de primaria interpretan a historia de "Where´s my baby?". Para ser a súa primeira historia non está nada mal, verdade!?

 


Os de terceiro curso van de excursión en "A school trip". Que divertido!! 





E os de sexto mándannos unha gran mensaxe a través deste vídeo! Está xenial!

HALLOWEEN

Este ano en Halloween pasámolo xenial, ata houbo algún que outro choro. Celebramos Halloween os días 28,29 e 30 de outubro. Foi o mellor Halloween da historia! Decoramos todo o cole de forma monstruosa.

As profes Alba, Emma e Bea foron as encargadas de contarnos historias aos grandes. A primeira deu moitísimo medo. Algúns nenos ata choraron!

Un tolo andaba solto polo cole



Na segunda non pasamos tanto medo, aínda que houbo algún rapaces que tiveron que marchar por medo. 


Oli (Emma) e Sara (Bea) foron as protagonistas desta historia, onde unha nena travesa arriscase a xogar cunha nena morta...
Algúns rapaces de 6º e 5º contáronlles historias aos máis pequenos. Manuel e Claudia contáronlle as historias aos de infantil; Marcos e Melisa contáronllo a 1º, 2º e 3º; e Eloy e Adriana contáronllo a 4º. A primeira deu tanto medo que os pequenos arrimábanse cara atrás, e as demais tamén tiveron os seus momentos de medo.  

Marcos e Melisa
Claudia e Manuel
Eloy e Adriana

Tamén vimos unha película de medo “Frankenweenie”. Vímola en inglés. “It was fantastic and awesome!”. En resumo , pasámolo de medo.


Manuel Lema García, 6º de primaria.





"Sara" tamén foi de visita por outras aulas do cole.


"Maruxa de Berdeoghas" foi a protagonista da primeira historia que as profes lle contaron aos nen@s.
Esta é a preciosa cabaza que fixeron as cociñeiras para decorar o comedor!


O último día, levamos as cabazas que decoraban o cole por distintas partes do concello


Os afortunados en coller a cabeza tiveron algún que outro premio!

Galletas realizadas polos nenos de 1º,2º e 4º.


E os nenos e nenas de terceiro fixeron pantasmas e morcegos!






























domingo, 9 de novembro de 2014

Hide and seek

E aquí están de novo os nenos e nenas de segundo interpretando, nesta ocasión "Hide and seek".


xoves, 6 de novembro de 2014

mércores, 5 de novembro de 2014

Ferdinand´s hair.

O alumnado de 5º interpreta en inglés a historia "Ferdinand´s hair". Estupendo!!

Risas terroríficas!!

Aquí vos deixamos este vídeo dos nenos e nenas de Infantil B desfrazados de "vellas bruxas" e ríndose maléficamente! Que ben o pasamos!!

Samaín!!

Aqui tendes unha recopilación de fotos das actividades do Samaín: contos, cabazas e historias de medo...

Aplázase o magosto!

Ola a tod@s! Sentíndoo moito, imos ter que aplazar o magosto, xa que a previsión para este venres é de choiva! Así que, por favor, non traiades polo de agora as castañas. Informarémosvos coa maior brevidade posible de cando se celebrará. Un saúdo!

sábado, 1 de novembro de 2014

Samaín en Dumbría!

En Que pasa na Costa fanse eco da nosa celebración do Samaín! Na próxima semana iremos contandovos que foi o que pasou no cole durante estes intensos días! Boa fin de semana!
Autumn Leaf