xoves, 31 de outubro de 2013

Segundo día de Samaín (II)

Á tarde apareceron outras personaxes moi peculiares polo cole para que os máis pequenos (infantil e primeiro ciclo) tamén tiveran as súas actividades de Samaín...



As bruxas Alexandra e Carmen! Despois de contarnos a historia de "Sopa de calabaza" (fai clic enriba se o queres ver), fixeron a sopa que lles ensinou a Bruxa Maruxa. 

Aquí vos deixamos a receita: 




Foi Nico un dos primeiros en querer probar a sopa da Bruxa Maruxa, e de contado se deu conta que... sabía a zume de melocotón!!  Deixámosvos aquí algunhas fotos!





Despois despedíronse as bruxas, e os cativos e cativas quedaron vendo uns cortos:

Como vedes non perdemos o tempo!! Pasámolo xenial!

Segundo día de Samaín (I)

A verdade e que este ano no cole o Samaín foi terrorífico!E non esaxeramos nada!!
O martes a profe Alba, coa axuda da profe Nuria e da teacher Bea,  contoulles aos nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo "A terrible historia de Maruxa de Berdeogas" (pincha no título para poder ver o que aconteceu!).E Maruxa ata se apareceu por alí!

Pasaron moito medo!

Despois foron os nenos e nenas de sexto os encargados de contarlles estas dúas historias aos de quinto. Que vos parecen?
-O neno que quería ser morto.
-A nena e a saba.

A que o fixeron super ben?




luns, 28 de outubro de 2013

Primeiro día de Samaín!

Pois o que vios dicíamos no anterior post, hoxe comezamos a traballar o Samaín no cole. Os afortunados deste luns foron os nenos e nenas do segundo ciclo.


Foron os nenos e nenas de quinto os que, nesta ocasión, lles foron a contar tres historias terroríficas! 













Así se puxo Manuel para interpretar un dos contos!!



Despois puideron ver dous cortos de animación: "A bruxa regañadentes" e "La dama y la muerte" (podedes velos facendo clic enriba dos seus títulos).



Ademais, tamén os pequenos do segundo ciclo viron coa "Teacher Bea" a película de "Hotel Transilvania".

Seguro que hoxe pasárono de medo! Que terán pensando estas profes para mañá? Xa vos enteraredes!

ARE YOU READY TO HALLOWEEN?



Today we are going to work the Halloween. We change the "happiness" music for "scary" music (if you want to listen the song, click on it).
The school has a lot of pumpkins and our special table is ready to taste scary and dye food!

Little by little we are going to show you all the things related to Halloween.

This week is going to be HORRIFYING!




ESTADES LISTOS PARA O SAMAÍN? 


Hoxe comezamos no cole a traballar o Samaín, e ata a nosa serea mudou a "alegría" que a caracterizaba por algo máis "tenebroso" (se queres ver de que cancións estamos a falar, fai clic encima das palabras doutra cor). 

Xa está todo cheo de cabazas e a nosa particular mesa para a merenda máis terrorífica do ano xa está lista!

Pouco a pouco iremos poñendo as cousas que estamos a facer. 
Esta semana vai a ser TERRORÍFICA!








mércores, 23 de outubro de 2013

PECHADO POR FOLGA

Nun par de horas comezará a folga de educación á que están chamados as familias, o alumnado e o profesorado
Por iso dende aquí queremos dicir NON a unha lei como a LOMCE, que nada ten de Mellora e menos de Calidade. 

POR UN ENSINO PÚBLICO GALEGO E DE CALIDADE!

Decorando o corredor!


O alumnado de segundo ciclo para celebrar a chegada do outono, elaboramos un mural para decorar o noso corredor. 
Esperamos que vos guste!

xoves, 17 de outubro de 2013

A figueira de Pelostortos.

Aínda que xa non están no cole, por Dumbría seguimos acordándonos moito dos nenos e nenas que acaban de marchar para o instituto, e esperamos que esta nova andaina para eles sexa o mellor posible!

Ensínamosvos aquí a súa actuación do festival de fin de curso do ano pasado: o teatro de sombras de "A figueira de Pelostortos". Así, podedes recordala e, senon puidestedes vir o ano pasado, vela por primera vez. Seguro que vos encanta!

mércores, 16 de outubro de 2013

Art is fun!!

Hello!!

As nenas e o neno de cuarto fixemos uns mouchos chulísimos coa Teacher Bea.

E de que están feitos? Están feitos con galletas oreo, lacasitos e chocolate fundido.
Despois de rematar os mouchos fixemos unha gran merendola grazas a eles! Acabamos con todo!!

Despois, a profe Emma colocounos no mural sobre o outono e o magosto que estamos a facer todo o cole.

Que vos parece?

Un saúdo de Alicia, Lara e Adriana!



domingo, 13 de outubro de 2013

TIto fai de malabarista.


"Tito é a estrela do Circo Rando. O público gusta moito das súas actuacións, pero un día acontece algo estraño: o nariz de Tito desaparece!
                                           Unha historia sinxela e emocionante sobre a verdadeira relevancia do aspecto físico".






Nico, de Infantil A, pediulle a súa profe que lles lera, como o ano pasado, o conto de "Tito fai de malabarista". Un conto no que o seu protagonista perde, entre malabares, o seu nariz vermello e redondo. Sumido nunha enorme tristeza vai a cidade na busca dun novo nariz sen éxito ningún.  
Con estas dúas ideas decidimos convertirnos en Tito e fotografarnos representando estas dúas accións : Tito facendo malabares co seu nariz (verde no noso caso), e moooooi triste unha vez que o perde. E aquí tedes o resultado! Como foi a principio de curso algunhas nenas non quixeron participar nesta actividade, pero de seguro que, agora que saben o ben que o pasamos, serán as primeiras en participar con posteridade!


venres, 11 de outubro de 2013

O Mago Antón!!

Seguro que moitos de vós estabades no certo!



Hoxe visitounos o Mago Antón! Fixo un truco de maxia moi divertido, e grandes e pequenos pasámolo en grande!!


Non todo é traballar!


O venres pasado os nenos e nenas de infantil pasaron un moi bo rato xogando coas marionetas. E para que o vexades deixamosvos aquí esta presentación de fotos. 
Por alí pasaron persoaxes de todo tipo: animais, pescadores, cantantes de orquestra... a verdade e que todos o pasamos moi ben! 


xoves, 10 de outubro de 2013

Cumpreanos de setembro

Din que os nenos e nenas de Educación Infantil son moi festeiros... e cando o río soa, auga leva! E e que nos gusta celebrar os nosos aniversarios por todo o alto! Aquí vos deixamos unha mostra diso!

mércores, 9 de outubro de 2013

SORPRESA!!

O próximo venres na hora do recreo unha persoa moi especial visitará aos nenos e nenas do colexio... quen será? 
Aquí deixamos unha pista...

O blog de 5º!

Ola a tod@s! Como sabedes este é o blog do CEIP Santa Eulalia de Dumbría, pero non é o único blog do cole... os alumnos e alumnas de 5º de primaria teñen o seu propio blog!
Para visitalo só tedes que teclear http://blog5dumbria.blogspot.com.es/  ou ben facer clic no elnace que deixamos á dereita.

martes, 8 de outubro de 2013

Benvidas!

Agora que xa temos blog, e os nenos e nenas de sexto fixeron a primeira entrada, dende o cole queremos darlle a benvida ás catro nenas de tres anos que se incorporaron por primeira vez ao cole este setembro! 

Pouco a pouco, entre risas e choros, vanse incorporando con normalidade ás actividades do centro pero...as veces aínda se acordan das mamás, dos papás, dos avós e avoas, das madriñas... e ata dos animais da casa! 

Aquí vos deixamos esta foto que lle sacamos o seu primeiro día de cole!

xoves, 3 de outubro de 2013

Os alumnos de sexto inauguran o blog do cole.



Ola a tod@s!

Somos os alumnos e alumnas de sexto de primaira do CEIP Santa Eulalia de Dumbría, e estamos moi orgullosos de ser os primeiros en escribir no noso blog.

Neste blog iremos informando dos dinstintos acontecementos que pasen no cole, así como diferentes actividades que vaiamos facendo ao longo do curso. 

Esperamos que vos guste, que o vexades e que nos deixedes moitos comentarios!

Ata pronto!! 









Autumn Leaf