martes, 30 de setembro de 2014

Benvidos e benvidas!!

Aquí temos os nenos e nenas de 3 anos que chegaron ao cole este ano. 
Veñen con moitas ganas de traballar e de aprender moitas cousas. 
De seguro que o pasan xenial con todas as sorpresas que lles esperan e farán moitos amigos. 
Benvidos!!


xoves, 4 de setembro de 2014

INFORMACIÓN IMPORTANTE RELATIVA AO INICIO DO CURSO.

Dende o CEIP Santa Eulalia de Dumbría poñemos en coñecemento de todos os pais/nais do alumnado que as clases darán comezo o vindeiro mércores, día 10 de setembro ás 10:00h. e rematarán as 12:00h.

Ás 12:15h. haberá unha reunión para tratar temas de interese xeral. 

O día 11 seguirase o horario habitual, de 9:30h a 14:30h. O servizo de comedor abarcará dende as 14:30h ata as 15:15h.

Libros de texto para o curso 2014/2015

Aquí vos deixamos, tal como nos pedístedes, a lista de libros para este curso 2014/2015.



luns, 1 de setembro de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA!

@s profes xa estamos de volta polo cole, e que sorpresa levamos ao chegar! Mirade que bonita nos estan deixando a escola!! A que está preciosa?


Xa sabedes que aínda que o cole non empeza ata o día 10, nós estaremos por aquí traballando arreo e cargando as pilas para este novo curso, así que se tedes algunha dúbida ou necesitades algo, xa sabedes onde atoparnos! 
Disfrutade dos poucos días que vos quedan, e estade atentos que vos seguiremos informando!
Autumn Leaf