venres, 30 de maio de 2014

Visita do periodista M. Rodriguez

Os alumnos de cuarto cóntavos a continuación o acontecido ese día!

 E aquí vos deixamos a nova que saliu publicada o luns 26 de maio, en "La Voz de Galicia" na edición de Carballo (Bergantiños-Soneira-Fisterra).E aquí algunhas das fotos sacadas ese día!

E aquí algunhas das fotos sacadas ese día!


xoves, 29 de maio de 2014

1ª carreira pedestre

 Como vedes no cartel, o 21 de xuño realizarase na veciña vila de Cee a 1ª carreira pedestre. Nesta carreira poderán participar todos os nenos e nenas nacidos a partir do ano 2007. Neste enlace deixámosvos toda a información necesaria, e animámosvos a participar. Se tedes algunha dúbida tamén podedes vir polo cole a informarvos e coñecer as bases da carreira. 
Do mesmo modo, aqueles ne@s do cole que vaian participar prestaráselle unha camiseta para levar á carreira!

luns, 26 de maio de 2014

Os nenos e nenas de segundo fan entrevistas!

Os nenos e nenas de segundo curso estiveron xogando a facer entrevistas. Podedes velas aquí. Coido que algún deles de maior podería ser moi bo periodista, non vos parece?

sábado, 24 de maio de 2014

A eiruga larpeira (II)

Ola de novo! Como sabedes, "A eiruga larpeira" e un dos contos favoritos dos máis pequenos do cole. Corría o primeiro trimestre cando estes nenos e nenas comezaron a elaborar unha adaptación deste conto. Pouco a pouco a profe foille dando forma ata que cada un deles puido levar para o seu fogar o tan ansioso "conto-títere". Foi un traballo moi laborioso pero que, dende logo, mereceu a pena!
En cada unha das páxinas ademais podedes observar que os nenos e nenas empregaron distintas técnicas plásticas para darlle as distintas páxinas: pintura de dedos, plastelina, ceras, pinturas acuarelables, témperas... un pouco de todo para este gran resultado. Deixámosvos aquí un vídeo con fotos para que poidades ver que bonito nos quedou!

mércores, 21 de maio de 2014

Concurso de achegamento ao libro.

Como podedes ver nesta nova de "La Voz de Galicia", algúns dos nenos e nenas do cole foron premiados por participar neste concurso que convocou a biblioteca Francisco Mayán, de Cee. Na foto podedes ver a Daniella e Yanira de 2º curso, e a Carlos de 3º. Noraboa a tod@s os participantes!!

Boletín da biblioteca do 2º trimestre


As actividades no segundo trimestre na biblioteca foron as seguintes:
-          “A paz e os libros”, que consistía en seleccionar libros da biblioteca coa temática da paz. A continuación, fixemos unha exposición destes libros que, a día de hoxe, aínda se pode ver. Tamén fixemos unha guía de lectura sobre a paz para levar para casa, onde os libros viñan clasificados por ciclos.


-           “O museo dos contos”, na que cada clase traballou sobre un conto, elaborou un mural e escribiu un fragmento significativo  que resumira ou recollera as ideas principais do mesmo. Todos os murais que se fixeron están expostos na entrada da biblioteca.


            Ao longo destes meses, ademais da realización destas actividades, seguimos rexistrando, etiquetando e forrando libros; e preparando tarefas dos seguintes meses, como a V Semana do Libro, que se celebrará do 22 ao 25 de abril. Aquí tendes o programa das actividades:
Martes 22
Mércores 23
Xoves 24
Venres 25
12.10 – 13.30
12.10 – 13.30
15.00 – 16.00
12.10 – 13.30
2º ciclo
3º ciclo
María Lado
2º ciclo
Miguel Mato
1º ciclo
15.00 – 16.00
16.00 – 16.30
Educación Infantil
Suso Bahamonde
6º curso
Rocío Leira
Soledad Felloza
Artur Trillo


luns, 19 de maio de 2014

The bear attack

E aquí vos deixamos aos nenos e nenas de terceiro facendo a historia "The bear attack". Mirade que ben o fan!

Día das letras galegas

O pasado venres 16 de maio celebramos no colexio o día das letras galegas cunha gran "xincana" adicada as nosas letras. Foi un día moi intenso e cheo de xogos e pesquisas, que fixeron que o pasáramos realmente ben.


Os nenos e nenas que antes conseguiron facer as 18 probas da lingua foron...
Diana, de 6º; Óliver e Adrián, de 5º; Alicia, de 4º; José Antonio, de 3º; María, de 2º; e Nico, de Infantil A. 


Aquí vos deixamos estas fotos do momento no que atopaban o "tesouro"!






E aquí vos deixamos as profes da "mesa de control", encargadas de vixilar que todas as actividades estiveran correctas. 
E mentres tanto, o resto de profes vixilaban todo o centro para que todo funcionase correctamente! Queremos dende aquí darlle as grazas a Aurora e a Nuria pola súa gran implicación na realización da "ximcana"  que permitiu a gran posta en práctica!!

Nasreddin and the pot

O alumnado de sexto de primaria interpreta na clase de inglés a obra "Nasreddin and the pot". Que vos parece?

domingo, 11 de maio de 2014

Caixa luar

Estarédesvos preguntando qué é iso dunha caixa luar. Pois aquí vos ensinamos!

É un invento que serve para explicar e observar ás distintas fases da lúa: chea, crecente, decrecente e lúa nova.  Como xa sabedes a lúa non ten luz por si mesma, senón que a vemos polo reflexo da luz do sol. Por iso, en función de como estean a lúa e  o sol con respecto a terra, vémola de diferentes maneiras.

Agora vos explicamos cómo podedes facer este invento na vosa casa.

Necesitamos...
-         - Unha caixa de zapatos, un punzón, un lapis e unha regra.

-      - Pintura negra.

-       - Utensilios para pintar (pinceis, rolete, esponxas...)

-        - Unha lanterna (que fará de sol)  e algo de plastilina negra.

-         -Unha bóla pequena de porexpán que fará de lúa.

-         -Verniz.

-         -Purpurina.

-         -Tanza.

-         -Cartolina negra e rotulador prateado.

-         -Tesoiras, celo, pegamento.



Mario ensínanos que o primeiro que precisamos é unha caixa de zapatos, un utensilio para medir, un punzón e un lapis. Pedímoslle a un adulto que nos mida o centro de cada unha das caras da caixa, e alí faremos un pequeno burato cun punzón, que será por onde miremos posteriormente a lúa. Tamén nun dos lados pequenos facemos outro burato, do tamaño da lanterna.Despois temos que pintar con pintura negra, como nos ensina Nico cos utensilios que prefiramos dos que nos ensina Carla. Antes de que seque, podemos ir botando a purpurina como a que nos ensina Eva. Unha vez seca, vernizamos e deixamos secar de novo. Coa cartolina negra e o rotulador prateado, decoramos a nosa caixa, e tamén tapamos algúns buratiños que poida ter a caixa de zapatos. Coa tanza que nos ensina Alberto, facemos un pequeno burato na bóla de Asier e anudamos. Facemos cun punzón un burato no medio da tapa da caixa, e alí atamos a tanza para que quede colgando tal e como se ve na foto.

 Coa axuda da plastilina que ten Sandra, colocamos a lanterna no burato correspondente, de maneira que quede ben suxeita para que non se mova.

Agora só queda baixar as persianas, apagar as luces e mirar polos buratos! Así é como se ve mirando polos buratiños!

Lúa chea.

Cuarto crecente.

Cuarto decrecente.

Lúa nova.



Que vos parece? Esperamos que entenderades ben o proceso, e que se facedes unha, nolo contedes!


venres, 9 de maio de 2014

Excursión de fin de curso

Este ano para celebrar o fin de curso todo o cole vai a ir de excursión ao parque zoolóxico “Marcelle natureza” en Outeiro de Rei, Lugo.

Vai a ser un día moi intenso para tod@s, xa que comezará cun gran madrugón para estar no cole ás 8:45 da mañá! Pero merecerá moito a pena! E ata as 19:30 h. (aprox.) non estaremos de volta por Dumbría!

Son moitísimos  os animais que alí imos ver, e por iso será fundamental levar roupa e calzado cómodos e unha gorra para o sol! (esperamos que faga un día estupendo!). Ademais, tamén teredes que levar unha mochila para meter o xantar e algo para merendar, que estas saídas dan moita fame!

Nin que dicir ten que é unha excursión moi esperada por tod@s, e en moitas das aulas todos os días contamos os días que faltan para a saída!


Aquí podedes atopar algo de información sobre o parque, pero aos que ides ir, recoméndovos que non a visitedes, para que sexa máis grande a sorpresa! Que nervios!! 

luns, 5 de maio de 2014

Os maios

Hoxe en Infantil A tivemos un pequeno debate debido a unha imaxe que aparece no noso calendario. Era o primeiro día de maio na escola, e os pequenos preguntábanse por qué aparecía "unha árbore de Nadal" no mes de maio, senon era Nadal!


Con este pequeno debate, a profe viuse na obriga de explicarlles que o que alí saía non era unha árbore, senon un maio.

Os maios, ou a festividade dos maios, é unha tradición ancestral que se celebra no sur de Galiza (sobre todo a zona de Ourense e Vigo e Pontevedra) entre finais de abril e principios de maio na que se vén a celebrar a entrada na primavera e o próximo verán. Para iso a xente realiza grandes estruturas, normalmente de forma cilíndrica, que posteriormente adornarán con flores, follas, fiúncho  fento, bugallos, froitos ou mesmo ovos, como materiais máis habituais. Tamén se adoita facer cánticos ou bailes ao redor do maio. Ademais é moi frecuente ver os coches ou as portas das casas con adornos florais, sobre todo xestas para "espantar os malos espíritos" e atraer a boa sorte.


Unha vez que nos informamos do que eran, decidimos facer o noso particular maio. Non tiñamos nin estrutura, nin adornos pero si moita imaxinación. Uns cantos papeis de cores en formas de bolas foron máis que suficientes para decorar o noso maio. Así foi como nos quedou, que vos parece?


Deixámosvos tamén este vídeo con imaxes sobre os maios e a canción de Luís Emilio Vatallán, "Aí vén o maio", que visualizamos na clase para facernos un pouco máis á idea.

Autumn Leaf