Estarédesvos preguntando qué é iso dunha caixa luar. Pois aquí vos ensinamos!
É un invento que serve para explicar e observar ás
distintas fases da lúa: chea, crecente, decrecente e lúa nova. Como xa sabedes a lúa non ten luz por si
mesma, senón que a vemos polo reflexo da luz do sol. Por iso, en función de
como estean a lúa e o sol con respecto a
terra, vémola de diferentes maneiras.
Agora vos explicamos cómo podedes facer este invento na
vosa casa.
Necesitamos...
- - Unha caixa de zapatos, un punzón, un lapis e unha regra.
- - Pintura negra.
- - Utensilios para pintar (pinceis, rolete, esponxas...)
- - Unha lanterna (que fará de sol) e
algo de plastilina negra.
- -Unha bóla pequena de porexpán que fará de lúa.
- -Purpurina.
- -Tanza.
- -Cartolina negra e rotulador prateado.
- -Tesoiras, celo, pegamento.
Mario ensínanos que o primeiro que precisamos é unha
caixa de zapatos, un utensilio para medir, un punzón e un lapis. Pedímoslle a
un adulto que nos mida o centro de cada unha das caras da caixa, e alí faremos
un pequeno burato cun punzón, que será por onde miremos posteriormente a lúa. Tamén
nun dos lados pequenos facemos outro burato, do tamaño da lanterna.Despois
temos que pintar con pintura negra, como nos ensina Nico cos utensilios que
prefiramos dos que nos ensina Carla. Antes de que seque, podemos ir botando a
purpurina como a que nos ensina Eva. Unha vez seca, vernizamos e deixamos secar
de novo. Coa cartolina negra e o rotulador prateado, decoramos a nosa caixa, e
tamén tapamos algúns buratiños que poida ter a caixa de zapatos. Coa tanza que
nos ensina Alberto, facemos un pequeno burato na bóla de Asier e anudamos.
Facemos cun punzón un burato no medio da tapa da caixa, e alí atamos a tanza
para que quede colgando tal e como se ve na foto.
Coa axuda da plastilina que
ten Sandra, colocamos a lanterna no burato correspondente, de maneira que quede
ben suxeita para que non se mova.
Agora só queda baixar as persianas, apagar as luces e
mirar polos buratos! Así é como se ve mirando polos buratiños!
Lúa chea.
Cuarto crecente.
Cuarto decrecente.
Lúa nova.
Que vos parece? Esperamos que entenderades ben o proceso,
e que se facedes unha, nolo contedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario