venres, 31 de xaneiro de 2014

luns, 27 de xaneiro de 2014

Día da paz.



O vindeiro día 30 celébrase o “Día escolar da non violencia e da paz”. Nesta xornada conmemórase o pasamento de Mahatma Gandhi líder nacional espiritual da India, e en Galicia celebrouse por primeira vez no ano 1983, da man do Catedrático da Universidade da Coruña Xesús Jares, unha das autoridades máis recoñecidas no campo. Deixámosvos aquí unha conferencia deste autor tan interesante.

O  Equipo de Biblioteca , conxuntamente co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, elaboraron a seguinte guía de lectura pola paz.



LIBROS PARA EDUCACIÓN INFANTIL




LIBROS PARA O PRIMEIRO CICLO



LIBROS PARA O SEGUNDO CICLO




LIBROS PARA O TERCEIRO CICLO




OUTRAS SUXERENCIAS
·        Darién, Juan. “A guerra dos números”. Editorial OQO.
·        Sebastián, Alberto. “Capitán Calabrote”. Editorial Kalandraka.
·        Sánchez, Gloria. “A galiña da paz”. Editorial Rodeira-Edebé.
·        Morandeira, Luísa. “Valentino “. Editorial OQO.


venres, 24 de xaneiro de 2014

Carreira!

Hoxe por fin puido levarse a cabo a carreira de campo a través en Cee! Noraboa a tod@s por participar, e dende aquí unha especial noraboa para Diana, Melisa, Jessica, Lucía, José Antonio e Carlos, que trouxeron  seis medallas  para o cole. A seguir así chic@s!




martes, 21 de xaneiro de 2014

Papel reciclado!

No pasado trimestre estivo co alumnado de cuarto curso Noelia, unha alumna en prácticas do Grado de Maxisterio. Durante este tempo, ademais de moitas outras cousas, estivo elaborando connosco un proxecto na área de "coñecemento do medio" relacionado coa reciclaxe e o medio ambiente. 
Por iso decidimos facer papel reciclado! Explicámosvolo paso a paso. 

Precisamos:
- papel usado
-auga (mellor se está quente)
-recipiente grande
-bastedor con reixa
-batedor
-teas e rodillo

1º- Cortamos o papel vello en anaquiños pequenos.

 


2º- Engadimos auga quente. 

                    


3º- Pasámoslle o batedor ata obter unha pasta homoxénea e deixamos repousar.


4º- Poñemos a masa no recipiente e extendemos.


 5º- Deixamos escorrer ben a auga, e cubrimos con teas. Para quitarlle mellor a auga e estiralo ben, podemos axudarnos cun rodillo de pintor. Unha vez cuberto coa tea, quitamolo do recipiente e dámoslle a volta. Neste momento pódense poñer flores ou outros elementos decorativos.





 6º- Deixamos secar.

 7º- Aquí temos listo o noso papel!

martes, 7 de xaneiro de 2014

Xoaniñas

Ensiámosvos aquí outra actividade plástica feita polos alumn@s de cuarto de primaria... si é que son uns artistas!!

Recordatorio!

Esperamos que os Reis Magos se portaran con vós como merecedes, e que sobre todo viñeran cargados de ledicia, ganas de traballar e moita moita ilusión!



 Recordámosvos que a volta ó cole será o próximo XOVES 9! 

A disfrutar do pouco que vos queda!
Autumn Leaf