mércores, 23 de decembro de 2015

Postais de Nadal

E aquí vos deixamos un vídeo coas postais feitas polos nenos e nenas coas que decoramos o corredor principal do cole. A que están xenial!? 
FELICES FESTAS A TOD@S!

martes, 22 de decembro de 2015

Festival Benéfico e Plurilingüe de Nadal

Aquí vos deixamos, despois dun longo e duro proceso de montaxe o vídeo coas fotografías do festival. Había máis de cinco centas fotos e o vídeo ao principio duraba máis dunha hora! Logramos reducilo a uns vintecinco minutiños... e esperamos que non teña moitos fallos! Disfrutádeo! 

Queremos aproveitar este momento tamén para dar as grazas. 
-Grazas aos nenos e nenas do cole de Dumbría, sodes estupendos, e sen vós isto non sería posible.
-Grazas ás familias que viñéstedes ver o festival e que nos acompañades cun gran soriso durante todo este proceso, que nos comprendedes, que nos apoiades, e que non dubidades nin un só momento das nosas boas intencións.
-Grazas aos tod@s os que vos achegástedes cos vosos alimentos, ou os que non podiades vir e nolos fixéstedes chegar igualmente. Grazas a iso haberá familias que teñan de seguro unhas mellores festas.
-E un GRAZAS moi especial ao concello de Dumbría, que non só nos facilitou a pedazo casa da cultura de Olveira, senón que tamén nos transportou ata alí varias veces, nos levou os materiais que non nos collían nos coches e puidemos contar con parte do seu persoal que nos facilitou moitísimo o traballo e sen eles non sería posible: Ana e compañía, MOITÍSIMAS GRAZAS!



P.D.: Á volta das vacacións procuraremos subir tamén algún vídeo, mais a nosa cámara quedou sen bateria mentres estaba a discurrir o festival, a ver se algunha mamá ou algún papá nos puidera pasar os vídeos que nos faltan... á volta dirémosvos cales son. Moitas grazas anticipadas!

xoves, 17 de decembro de 2015

Día de festa!!

Hoxe foi un duro día de traballo, pola mañán, estrés e moitos, moitos nervios. Aínda que tamén houbo moitos sorrisos e moita ilusión por ensinar mañán aos demais o traballo realizado por estes gran pequenos e pequenas. 

Dende aquí temos que dar grazas a estes nenos e nenas do colexio Santa Eulalia que sempre están dispostos a colaborar en todo cun sorriso. Da gusto traballar con eles!

Pola tarde, tivemos a sorte de contar ca visita de Papá Noel e de antiguos alumnos do cole. 
Pasámolo xenial!!
Ensinámosvos unha pequena mostra da tarde de hoxe.
Agora a repoñer forzas para mañán!! 











martes, 15 de decembro de 2015

FESTIVAL BENÉFICO DE NADAL DO CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRÍA


Vai vir Papá Noel!

O vindeiro xoves día 17 teremos no cole a visita de Papá Noel. E como no magosto sabemos que aos nenos e nenas que estades no instituto vos quedou moita pena por non poder vir, estades invitados a vir pola tarde! Esperámosvos cos brazos abertos!

Dende aquí tamén vos pedimos que lle pasedes a información aos vosos compañeiros... non queremos que quede ninguén sen enterarse!



luns, 14 de decembro de 2015

Luns de Zumba!

Como xa sabedes, os luns os nenos e nenas do cole teñen a opción de ir a clases de Zumba, organizadas pola ANPAs. Aquí vos deixamos unhas fotos e un pequeno vídeo do primeiro día de clase!










mércores, 9 de decembro de 2015

Excursión ao "Dolmen de Dombate"

Ola a tod@s! Recordámosvos, por se hai algún despistado, que mañán non haberá cole, así que non veñades por alí que os profes non imos estar! 

E ademais,  o venres todo o cole irá de excursión ao "Dolmen de Dombate" en Cabana de Bergantiños. Será en horario escolar  (de 10:00 a 16:30) e irán acompañados polo profesorado do centro.



 Recordade que os nenos e nenas terán que levar a comida! 

 Ademais en meteogalicia dan un día estupendo, así que esperamos poder aproveitar o día ao máximo!


Campo a través Cee

Magníficos resultados acadados polos nosos atletas nas probas de campo a través que se celebraron en Cee o venres 4 de decembro.  Dos 26 atletas que participaron, 14 pasan á seguinte proba que se celebrará o 29 de xaneiro en Porto do Son. Noraboa a tod@s!

  Aquí tedes algunhas imaxes:

















mércores, 2 de decembro de 2015

Memorias dun neno labrego.

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."

Estas son as primeiras verbas do libro "Memorias dun neno labrego", que seguro lestedes a maioría de vós.. É unha obra maestra da literatura galega, o máis lido de toda a nosa literatura e foi traducido a moitísimos idiomas (castelán, inglés, italiano, alemán, chinés, ruso...). Mais o seu autor, Xosé Neira Vilas, xa non poderá escribir máis obras coma esta, pois desgraciadamente finou na tarde do venres 27.
Foise un dos bos e xenerosos, unha persoa comprometida co noso idioma; unha persoa que che abria as portas da súa casa simplemente a cambio de falar longo e tendido; unha persoa que vivía por e para a nosa cultura; unha persoa que non dicía que non ás propostas de achegarlle á literatura aos nen@s e aos moz@s.
E disto damos boa conta no noso cole, xa que fai uns anos tivemos o placer de contar con el nunha das "Semanas do Libro". 
Foto de arquivo: Revista escolar "Cousiñas". Edición 2011/2012.

Xa era maior, e o profe Dani foi a buscalo e a levalo ata a súa casa, en Gres, Vila de Cruces (Pontevedra), e de seguro que podería contar  moitas anéctodas desa viaxe, como por exemplo que quixo ir ver cómo estaba o mar co temporal en Cee para poder ensinarllo á súa sobriña, que tamén os acompañaba nesa viaxe.
Dende agora apreciaremos aínda máis, se cabe, a dedicatoria que nos escribiu o día que nos visitou e que temos colgada no corredor da pranta baixa do cole.


O único consolo que nos queda do seu pasamento, é que alí onde estea, poderá unirse coa súa amada Anisia. 

Que a terra che sexa leve, mestre!





Nin un biquiño á forza.

Como xa comentamos noutro post, os nenos e nenas de Infantil A estamos a traballar as emocións, e xa fai unhas cantas semanas vos contamos que estabamos traballando co libro "Nin un biquiño á forza". Pois agora deixámosvos aquí un vídeo coa nosa propia adaptación do conto, que realizamos para conmemorar o 25 de novembro. Esperamos que vos guste e que non teñades que recibir NIN UN BIQUIÑO Á FORZA! 

luns, 30 de novembro de 2015

EL RETO QUIMIONS!

Unha vez rematados os nosos Quimions os nenos e nenas de Infantil foron ata a farmacia de Dumbría a entregalos.
Entregaron 63 bolsas de 500 ml feitas por todo o cole e as 5 bolsiñas de 100 ml realizadas por Maika e familia.
Unha mención especial ao farmaceútico Albino por tratarnos tan ben. Os nenos e nenas atan recibiron agasallos!!
Aquí vos deixamos un vídeo cas cartas que lles escribimos aos nenos e nenas do hospital materno da Coruña e tamén ca nosa visita á farmacia de Dumbría.
ESTIVEMOS ENCANTADOS DE PARTICIPAR NESTE GRAN RETO!!!

domingo, 29 de novembro de 2015

RETO CONSEGUIDO!!

O CEIP Santa Eulalia de Dumbría elaborou 63 Quimions para cubrir os soros dos nenos e nenas do hospital materno que non están pasando por un momento doado.
Esperamos darlles unha pequena alegría e que mostren un sorriso grazas a nós. 
Foi todo un pracer axudar nesta gran iniciativa!!
Noso colexio sempre estará disposto a axudar!!
RETO QUIMIONS CONSEGUIDO!!

QUIMIONS 4º de primaria

É para rematar co noso Reto deixamósvos un vídeo chulísimo das nenas e do neno de 4º de primaria levando a cabo a elaboración dos seus Quimions.
Tamén podedes ver as fotos dos rapaces de Infantil B cos dous Quimions que realizaron entre toda a clase.
Enjoy it!






xoves, 26 de novembro de 2015

As dúas Marías

Para celebrar o día 25 de novembro no que se recordan as persoas vítimas da violencia de xénero, os nen@s de segundo curso recuperamos a historia das "dúas Marías" ou  das "Dúas en Punto", que así era como as chamaban en Santiago.
Estas  irmás, que realmente eran tres, sufriron o maltrato e abuso das autoridades da época da Guerra Civil, por pensar e ser diferentes.
Para concienciar aos nen@s vimos uns vídeos coa súa historia (podedes velos aquí e aquí) e fixemos un mural conmemorativo, coa esperanza de que ningunha muller máis sexa vítima de maltrato ou abuso.





Autumn Leaf