domingo, 19 de novembro de 2017

SAMAÍN



O pasado 31 de outubro celebramos o Samaín no cole!! fixemos diversas obras de teatro e levamos as nosas cabazas o concello e a igrexa, pasámolo moi ben!

martes, 31 de outubro de 2017

O noso tramo do camiño!





O NOSO TRAMO DO CAMIÑO



O pasado xoves estivemos gastando zapatilla. Tocou andar un tramo do
camiño de Santiago a Muxía. andivemos 2000 metros, dende o Vao de
Salgueiros ata o Conco. Pasámolo xenial coas historias dun fantastico
conta contos. ademais aprendemos unhas coplas para espantar o demo que
sempre está a asexar polos camiños. Pasámolo xenial... queremos
repetir!!!!


martes, 4 de xullo de 2017

Revista Cousiñas

E aquí tedes a nosa revista escolar, "Cousiñas", onde poderedes ver moitas das cousas que fixemos no noso colexio ao longo de todo este curso. Esperemos que vos guste!


Festa de Fin de Curso

O curso xa rematou, pero aquí vos deixamos un vídeo cunhas fotos da Festa de Fin de Curso que a ANPA 15 de maio organizou no noso cole. Foi un día moi bonito e emotivo. Moitísimas grazas!

mércores, 14 de xuño de 2017

El principe Ceniciento

Sandra,Iker, Brais e Dayana na materia de "Valores cívicos e sociais" elaboraron a fermosa historia de "El príncipe ceniciento". Un duro traballo no que ademais de facer as ilustracións deste conto traballaron os valores que con eles conleva e gravaron tamén os audios. 
Esperamos que vos guste!

domingo, 11 de xuño de 2017

Tótems

Luna Bailarina,  Cabalo Loco, Zorro Saltarín, Princesa India, Corazón Azul, Tortuga Eequena, Oso Brillante, Toro Sentado, Flor del viento, Águila Dorada... estiveron elavorando os seus totem Indios a pasada semana... cos seus cantos a ritmo de "ortan chirivi" invocaron a lorenzo para que non nos olvidara!






sábado, 3 de xuño de 2017

We´re Going on a Little Bear Hunt

The five year old kindergarten class enjoyed performing 'We're going on a Bear Hunt" by Michael Rosen. We hope hope you all enjoy their performance too  as they swishy-swashy and splash-splosh through the school corridor.⁠⁠⁠⁠

mércores, 24 de maio de 2017

Letras Galegas 2017

O pasado 16 de maio celebramos no cole o día das letras galegas, e como xa ven sendo tradición na nosa escola fixémola cunha xincana!
Para quen non sepa como funciona, é un xogo de pistas que te levan a realizar probas relacionadas co autor homenaxeado, Carlos Casares. É unha actividade na que participan nenos e nenas de todas as idades, e todos e todas son imprescindibles...e o traballo en equipo é a fórmula para poder gañar!
Foi unha tarde moi entretida!
Ao final o grupo gañador foi "Rosalía de Castro", formado por Juanma, Naiara Cambeiro, Eloy, Ánxela, Yoel,, Uxía, Martín, Érika Álvarez, Leticia e José Antonio. Noraboa campións! Puideron disfrutar dun gran tesouro pero... compartiron parte do botín con todo o colexio!



martes, 23 de maio de 2017

Campionato Provincial Atletismo en Pista

O pasado 20 de maio tivo lugar, na Pobra do Caramiñal, o Campionato Provincial de Atletismo en Pista.
O noso alumnado conseguiu uns magníficos resultados:
  • Pablo Costa Carabel: 1º na proba de 1000 metros lisos, categoría benxamín e, polo tanto, CAMPIÓN PROVINCIAL.

  • Pablo Costa Carabel: 2º na proba de lanzamento de peso, categoría benxamín.
  • Samuel Lema Pereira: 3º na proba de lanzamento de peso na categoría alevín.
  • Samuel Lema Pereira: 11º na proba de lanzamento de xavelina, categoría alevín.
  • Ainhoa Trillo Pousa: 8º na proba de 60 metros lisos, en categoría alevín.
  • Carla Arias Quintáns: 12º na proba de lanzamento de xavelina, categoría alevín.
  • Carlos Costa Carabel: 6º en 1000 metros lisos, na categoría infantil.
  • Lucía Rodríguez Sendón: 5º en lanzamento de martelo, categoría infantil.
  • Lucía Rodríguez Sendón: 9º en lanzamento de disco, categoría infantil.
  • Lucía Rodríguez Sendón: 10º en lanzamento de peso, categoría infantil.

IV Xornadas Escolares Atletismo en Pista - Infantil







III Xornada Escolares Atletismo en Pista - Benxamín e Alevín







martes, 2 de maio de 2017

Inukshuks

Sabedes o que son os Inukshuks??  Pois son unhas esculturas de pedra que fan os esquimós para poder orientarse a neve. Imaxinádevos toda Dumbría cuberta cun manto branco? Non saberíamos chegar á escola! Pois grazas a estas esculturas xigantes que teñen os esquimós poden guiarse pola neve sen perderse e así chegar a calquer lado
O pasado xoves, aproveitando que facía moi boa tarde, os nenos e nenas de infantil A saímos ao patio a crear os nosos propios inukshuks con bloques de madeira. Ao principio cada parella creaba un ou un par deles, pero despois a creación xa foi pasando a gran grupo. Aquí vos deixamos algunhas fotos das preciosidades que fixemos! E fixadevos ben, que en algunhas estamos alí ao lonxe!

mércores, 5 de abril de 2017

Biscoito de chocolate

Esta mañán os nenos e nenas de primeiro e segundo realizaron un biscoito de chocolate. Debía estar ben bo, que non nos quedou nin a proba! 
Ollade que ben o fixeron, e tomade nota de todos os ingredientes!

Xogos no patio

Nótase que chegou a primavera!


xoves, 30 de marzo de 2017

Pintura xeada!

Xa hai uns cantos días que estivemos a experimentar co auga e co xeo, e despois de probar a conxelar auga con forma de boneco de neve... quixemos dar un paso máis.
O que nos propuxemos foi conxelar pintura! Si, si! Como o ledes! E despois, con ela, pintamos unha  "Aurora boreal". A pintura estaba algo fría, e manchámonos "un pouco" as mans pero... pasámolo xenial!

martes, 21 de marzo de 2017

Visita ao MELGA

O martes da pasada semana, como xa puidéstedes ver no xornal, estivemos de visita no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), en Ponteceso. Foi unha xornada moi divertida! Coñecemos xogos e xoguetes que nunca antes viramos diante e aprendímos moitísimas cousas!
Aquí vos deixamos a súa páxina web, por se queredes votar un vistazo a todo o que alí vos poden ensinar.
E, como non, unhas fotos e vídeos para que vexades o ben que o pasamos!

venres, 17 de marzo de 2017

A mestra Tomasa

O pasado mércores tivemos unha visita moi especial!  Grazas á área de Lingua da Deputación de a Coruña e ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Dumbría, a compañía de teatro "Duende Sico" convertiu o noso cole nun bosque encantado cheo de historias e música en directo! "A mestra Tomasa" foi unha divertida obra de teatro onde o pasamos xenial escoitando divertidos contos. E ademais, os maiores do cole puidemos elaborar uns fermosos marcapaxinas.



venres, 3 de marzo de 2017

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017-2018


O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 ao 20 de marzo. As solicitudes poderán realizarse de xeito telemático a través da aplicación "admisionalumnado" da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou poden presentarse no propio centro.

A normativa do proceso está contemplada pola Orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017.

Na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantaeulaliadumbria/ ) poderás acceder directamente á plataforma telemática e descargar o formulario de matrícula.



mércores, 1 de marzo de 2017

Entroido 2017

O pasado venres toda Dumbría foi invadida por Astérix e Obélix! Pero... non viñeron sós! Moi ben acompañados doutras intrépidas personaxes dos seus cómics: romanos, vikingos, o circo romano, e os exipcios! Todos eles pasearon para dar vida as rúas da vila e posteriormente tomaron un rico chocolate qunte no colexio! Así de guapos e guapas lucía o noso alumnado.
Moitísimas grazas a tod@s os que nos acompañástedes nese día  facéndo o paseo máis ameno e ao concello por esas chuches tan ricas! 

E como non podía ser doutro xeito, MOITÍSIMAS GRAZAS á ANPA do cole que nos alegraron o día con eses doces tan marabillosos!

sábado, 18 de febreiro de 2017

xoves, 16 de febreiro de 2017

mércores, 15 de febreiro de 2017

Día escolar da non violencia e da paz

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o "Día escolar da non violencia e da paz", e para levar a cabo esta conmemoración no noso cole fixemos varias actividades. 
O propio día elaboramos uns bandeiríns cos que agora decoramos os corredores: na planta baixa temos pombas e no piso de arriba "mans brancas pola paz".
Como ese día estaba chovendo non puidemos facer a seguinte actividade, que pospuxemos ata que mellorou o tempo. Nesta ocasión tiñamos desexos de paz escritos en corazóns que colgamos nas árbores e esperemos que se cumpran!

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Guia de lectura para a paz

O 30 de xaneiro celébrase no cole o día da Paz, e aínda que vos pode parecer que falta moito tempo, xa está case aí! Así que a ritmo de "Gracias a la vida" ( https://www.youtube.com/watch?v=qZGM7bgVYYI ) vos deixamos aquí a guía de lectura para a paz. Esperamos que lle saquedes proveito!



xoves, 12 de xaneiro de 2017

Visita de Papá Noel

O pasado 20 de decembro tivemos unha visita moi especial no noso cole: recén chegado dende o Polo Norte, Papá Noel estivo con nós para poder facerlle entrega das nosas cartas ou contarlle os nosos desexos de Nadal! Aquí vos deixamos un vídeo cunhas cantas fotos que sacamos. Esperamos que vos gusten.
Ah! E queremos darlle moitísimas grazas a "Papá Noel" por acompañarnos neste día tan especial para todos os pequen@s! 

Autumn Leaf