Sabedes o que son os Inukshuks?? Pois son unhas esculturas de pedra que fan os esquimós para poder orientarse a neve. Imaxinádevos toda Dumbría cuberta cun manto branco? Non saberíamos chegar á escola! Pois grazas a estas esculturas xigantes que teñen os esquimós poden guiarse pola neve sen perderse e así chegar a calquer lado
O pasado xoves, aproveitando que facía moi boa tarde, os nenos e nenas de infantil A saímos ao patio a crear os nosos propios inukshuks con bloques de madeira. Ao principio cada parella creaba un ou un par deles, pero despois a creación xa foi pasando a gran grupo. Aquí vos deixamos algunhas fotos das preciosidades que fixemos! E fixadevos ben, que en algunhas estamos alí ao lonxe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario