xoves, 30 de marzo de 2017

Pintura xeada!

Xa hai uns cantos días que estivemos a experimentar co auga e co xeo, e despois de probar a conxelar auga con forma de boneco de neve... quixemos dar un paso máis.
O que nos propuxemos foi conxelar pintura! Si, si! Como o ledes! E despois, con ela, pintamos unha  "Aurora boreal". A pintura estaba algo fría, e manchámonos "un pouco" as mans pero... pasámolo xenial!

martes, 21 de marzo de 2017

Visita ao MELGA

O martes da pasada semana, como xa puidéstedes ver no xornal, estivemos de visita no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), en Ponteceso. Foi unha xornada moi divertida! Coñecemos xogos e xoguetes que nunca antes viramos diante e aprendímos moitísimas cousas!
Aquí vos deixamos a súa páxina web, por se queredes votar un vistazo a todo o que alí vos poden ensinar.
E, como non, unhas fotos e vídeos para que vexades o ben que o pasamos!

venres, 17 de marzo de 2017

A mestra Tomasa

O pasado mércores tivemos unha visita moi especial!  Grazas á área de Lingua da Deputación de a Coruña e ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Dumbría, a compañía de teatro "Duende Sico" convertiu o noso cole nun bosque encantado cheo de historias e música en directo! "A mestra Tomasa" foi unha divertida obra de teatro onde o pasamos xenial escoitando divertidos contos. E ademais, os maiores do cole puidemos elaborar uns fermosos marcapaxinas.



venres, 3 de marzo de 2017

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017-2018


O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 ao 20 de marzo. As solicitudes poderán realizarse de xeito telemático a través da aplicación "admisionalumnado" da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou poden presentarse no propio centro.

A normativa do proceso está contemplada pola Orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017.

Na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantaeulaliadumbria/ ) poderás acceder directamente á plataforma telemática e descargar o formulario de matrícula.



mércores, 1 de marzo de 2017

Entroido 2017

O pasado venres toda Dumbría foi invadida por Astérix e Obélix! Pero... non viñeron sós! Moi ben acompañados doutras intrépidas personaxes dos seus cómics: romanos, vikingos, o circo romano, e os exipcios! Todos eles pasearon para dar vida as rúas da vila e posteriormente tomaron un rico chocolate qunte no colexio! Así de guapos e guapas lucía o noso alumnado.
Moitísimas grazas a tod@s os que nos acompañástedes nese día  facéndo o paseo máis ameno e ao concello por esas chuches tan ricas! 

E como non podía ser doutro xeito, MOITÍSIMAS GRAZAS á ANPA do cole que nos alegraron o día con eses doces tan marabillosos!

Autumn Leaf