xoves, 25 de febreiro de 2016

25 de febreiro, Día Internacional do Implante Coclear

Hoxe celébrase o día do implante coclear.
Tal día como hoxe no ano 1957 concretábase un dos avances médicos máis importantes: realizábase o primeiro implante coclear.
Trátase dunha intervención quirúrxica sinxela que consiste na implantación dun dispositivo electrónico co que as sinais acústicas transfórmanse en impulsos eléctricos que estimulan o nervio auditivo e envían o sonido ao cerebro.
Despois da operación, os usuarios non só recuperan a capacidade auditiva, senón que poden falar con máis claridade e comprender o lenguaxe con facilidade. Mellor calidade de vida, unha vida mellor.
O gran problema sigue sendo a dificultade que existe para acceder a este marabilloso avance. O seu custo é un luxo e non está ao alcance de calquera.
Por iso, o CEIP Santa Eulalia de Dumbría súmase á campaña de MARCHOS LECHET:  "PONTE LAS PILAS"
Dende aquí pedimos a entidades e políticos que se poñan as pilas, e que fagan as prótesis auditivas accesibles para todo o mundo.
OIR É UN DEREITO, NON É UN NEGOCIO!!
Se queredes contribuir a que os audífonos sexan máis accesibles, só tendes que acceder a change.org (implantes cocleares) e firmar co voso nome. Cantos máis mellor!!
Nós xa o fixemos!! A que esperades?

Se queredes ter máis información aquí vos deixamos un vídeo.


Tamén adxuntamos un precioso corto sobre unha nena que quer ser bailarina a pesar das circunstancias. 

Apertura do prazo de matrícula para o curso 2016/2017



Ponse en coñecemento de todos os interesados que dende o 1 ata o 29 de MARZO permanecerá aberto o prazo de matrícula no CEIP Santa Eulalia de Dumbría para o vindeiro curso académico.A matrícula formalizarase en horario de Secretaría (de 12:30 a 13:30) aportando a seguinte documentación:ü  Instancia de solicitude debidamente cumprimentada (podedes descargala dende a páxina web ou ben recollela en secretaría)
ü  Fotocopia do DNI do pai e da nai.
ü  Fotocopia das páxinas do libro de familia cos datos dos pais e do alumno/a.
ü  Fotocopia do certificado do empadroamento, que deberá solicitarse no concello.
ü  Fotocopia da cartilla sanitaria do alumno.
ü  Fotocopia da cartilla de vacinación

mércores, 24 de febreiro de 2016

Día de Rosalía

Hoxe cúmprense 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro, e por iso no cole estamos a facer diversas actividades para conmemorar a unha das persoas máis importantes de toda a nosa cultura galega!

Os nenos e nenas de Infantil A tiveron que buscar o seu nome e o de Rosalía neste debuxo tan chulo! Foi máis fácil do que nos parecía! 

















 





Os nenos e nenas de primeiro de primaria fixeron estes marabillos marcapáxinas!

















luns, 22 de febreiro de 2016

Mes do AMOR!

Febreiro, o mes do amor!!
En Dumbría quixemos festexar o día dos Namorados escribindo cartas a alguén que queremos.
Escribimos cartas de amor, de amistade, de cariño...
Moito amor se desprende por Dumbría!!


Roleplay!!

Agora mostrámosvos un vídeo onde dúas nenas de 4º  de primaria improvisan un diálogo in English sobre o seu pobo e cidade. 
Mirade que ben o fan!!

My town

Menud@s artistaz@s temos en Dumbría!!
Esta vez o alumnado de 4º canta unha canción titulada "My town".
Que ben cantan e que ben pronuncian in English!!

martes, 16 de febreiro de 2016

Cambio do número de teléfono do centro

Debido a cambios no sistema de telefonía da Consellería de Educación vémonos na obriga de cambiar o número de teléfono do colexio.  A partir de agora para poñerse en contacto co Centro Escolar deberedes empregar os seguintes números:

  • 881880654
  • 881880655
  • (FAX) 881880656



venres, 12 de febreiro de 2016

Neon the fish

Os artistas de 2º de primaria interpretan unha historia sobre Neon, un peixiño que quer ir a unha festa, pero os demais peixes non lle deixan ir porque din que é moi pequeno.
Ao final, todos, incluída a serea danse conta que Neon é especial e que merece ir a festa coma todos.
Comprobade o moito que lles gusta a estos nenos e nenas falar in English e por suposto o moito que lles gusta a farándula, jejeje

Sleeping beauty!

Aquí vos deixamos unha divertida historia de unha princesa que facendo unha obra de teatro queda a durmir.
Mirade que ben o fan estos nenos e nenas de 3º curso.
It's a very funny story!!

BO ANTROIDO!!

O venres de Antroido atracou un cruceiro en Dumbría!! Incrible!!
O cruceiro iba cheo de xente: persoal de limpeza, bailaríns de charleston, camareiros, cociñeiros e cociñeiras, botóns, mariñeiros e mariñeiras, capitáns, turistas de gala...
Deixámosvos unha pequena mostra!! Nos próximos días subiremos máis fotos!













Antroido!!

O xoves de Antroido fomos así de guapos e guapas ao colexio! 
Levamos algo na cabeza, no pescozo, na cara e na cintura. Pasámolo xenial!!






martes, 2 de febreiro de 2016

Chegou o Antroido!

E desta maneira nos plantamos no cole... que vos parece? Estamos tolos!!



Día da Paz


Aquí vos deixamos o makig off do mural do "Arco da Vella" que fixemos polo día da paz. 


Non pensedes que foi o único que fixemos ese día eh!? Tamén fixemos un "camiño de paz": fumos andando ata a praza da igrexa e deixando nos xardíns da vila palabras de paz. 












E unha vez que chegamos alí soltamos ao aire farolillos con mensaxes de paz. Ata onde chegarían os nosos desexos e ilusións? Seguro que moi moi lonxe!












Autumn Leaf