domingo, 28 de decembro de 2014

A prehistoria


Durante todo este trimestre na aula de Infantil B estivemos a traballar a prehistoria. Foi un tempo curto e intenso, no que os nenos e nenas se adrentaron en tempos remotos nos que a vida era moi diferente ao que coñecemos hoxe en día.
Aprenderon moitísimas cousas a cerca dos homes e mulleres desta época, a través da lectura de contos, da búsqueda de información en libros de texto ou na rede, e do visionado de historias. Se pinchades aquí podedes ver un dos moitos contos que traballamos na clase para traballar o tema.
Ao longo de todo este tempo fixemos diversidade de actividades, nas que nos achegamos algo máis aos "trogloditas".

Como ben sabedes, os prehistóricos non tiñan ceras para colorear, eles mesmos eran os que facían as súas pinturas empregando elementos da natureza. O noso primeiro contacto con este tipo de pinturas foi a través da terra e do café. Con estes dous elementos, e mesturados con crema ou aceite corporal, fixemos as nosas primeiras pinturas rupestres e empregamos para pintar paus. Aquí vos deixamos unhas fotos de todo o proceso.

Despois de traballar coa terra e o café quixemos dar un paso máis adiante. A cor marrón está ben, e o cafe deixa un olor moi agradable... pero fixándonos nas pinturas rupestres observamos que non son empregaban cores marróns. De onde obtiñan as outras cores?  Eles empregaban o óxido dos ferros, a terra, minerais... e mesturados coa graxa dos animais obtiñan as súas pinturas. Para pintar nas paredes das súas cavernas empregaban as propias mans luxadas con esas mesturas, ou incluso empregaban pinceis elaborados coas crinas de animais.  Nesta ocasión, no cole empregamos pigmentos de cores marrón e amarela, e ademais tamén colorante alimenticio de cor laranxa. Os primeiros mesturados con crema corporal, e o colorante mesturado con auga e fariña. Quixemos facer como eles, e deixar as pegadas das nosas mans no papel. Para iso nós empregamos o pincel e unhas pallas de refrescos a modo dos ósos ocos que eles empregaban para disparar a pintura. Sen embargo, non tiñamos a técnica tan depurada coma eles e tivemos que  conformarnos con manchar as mans e deixar manchas de pintura sobre as cartolinas.






A pesar de que non temos fotos, tamén fixemos debuxos con anacos de carbón que recollemos despois do magosto. Quedáronnos super chulos!

Pero ademais da pintura, tamén traballamos outras técnicas.
Con barro fixemos pequenos pratos ou vasillas. Déronnos moitísimos traballo, pero a que nos quedaron bastante ben? O problema e que ao non estar cocidas no forno, son algo fráxiles!




E por último queremos ensinarvos tamén algunhas fotos destes colares tan fermosos que fixemos. Como ben sabedes, os prehistóricos tamén se querían poñer guapos e guapas. Realizaban colares con cousas que había no medio ambiente: rochas, pedras preciosas, cunhas, ósos e dentes de animais ... Pois nós non íamos ser menos! Empregamos o barro que nos sobrara da actividade anterior para darlle forma a estas cousas. Fixemos colmillos, ósos, cunchas e pedras que coloreamos de verde para darlle un toque de cor aos nosos colares. Estábamos guapísimos!!




E por último queremosvos ensinar a tod@s como quedou a porta da nosa aula. Unha entrada espectacular a un mundo que deixou de existir como tal hai milleiros de anos: a prehistoria. 







venres, 26 de decembro de 2014

Festa fin de trimestre

E aquí vos deixamos algunhas fotos da festa que a ANPA nos preparou para despedir o primeiro trimestre. Xunto coa chocolatada que preparon as cociñeiras no cole, tivemos a ocasión de gozar de colchonetas, maquillaxe, globoflexia e discoteca móbil. Pasámolo en grande!!

Maquillaxe e globoflexia!



Disco móbil!




disco - Kizoa Movie Maker
Colchonetas!





mércores, 24 de decembro de 2014

Bo nadal!

Os nenos e nenas de infantil, e todo o cole de Dumbría desénxanvos felices festas!



E tamén un Bo Ano! Pero que veña que do dereito!!


martes, 23 de decembro de 2014

Postais de Nadal

Aquí vos deixamos as postais de Nadal cos que decoramos o corredor do piso de abaixo e co que fixemos, ademais, un concurso de postais.




 
E a gañadora foi a seguinte postal, de María Mouzo (2º de primaria). Noraboa María!!



Tamén vos queremos ensinar estas fotos de como decoraron os máis pequenos a súa parte do cole. A que lles quedou moi chulo? Á volta das vacacións ensinarémosvos tamén o corredor de arriba, que con tanto lío quedounos sen fotografar!


luns, 22 de decembro de 2014

Cancións de Nadal!

E aquí vos deixamos aos nenos e nenas de infantil e aos de terceiro de primaria cantando unhas fermosas cancións de Nadal!

Visita de Papá Noel!

O pasado xoves tivemos o placer de contar no cole coa visita de Papá Noel! Aquí vos deixamos algunhas fotografías!
-Educación Infantil


-Educación Primaria


Boletín da Biblioteca do primeiro trimestre.

Un curso máis, o equipo de biblioteca elaborou unha serie de actividades co obxectivo de animar á comunidade educativa do noso centro a introducirse no mundo da lectura e da escritura.
Comezamos este boletín destacando as novas adquisicións para os nosos lectores:

       















  O comezo do curso estivo marcado pola mochila viaxeira, na cal había varios libros, tendo en conta sempre o nivel do alumnado ao que ía dirixida. Cada titor ou titora decidía o contido da mesma:        

Fixemos carnés para os novos usuarios da biblioteca. Aquí tendes unha foto co alumnado de 3 anos e os seus carnés:



Tamén traballamos sobre o outono, con poesías, textos e ilustracións referidos a esta estación.
         Puxemos en marcha a Liga de Xadrez 2014/2015, que ten lugar nos recreos das mañás:
Por último, pensamos que necesitábamos unha mascota para a nosa biblioteca. Entón, puxemos en marcha un concurso no que participou todo o colexio. Aquí está unha foto con todas as mascotas do colexio, máis as nosas colaboradoras da biblioteca que axudaron moito ao longo deste trimestre:

e o gañador, foi ……….. Pablo e a súa mascota “O Boi Ramón!” Felicidades Pablo!
        Nada máis, ata aquí o primeiro trimestre, que pasedes unha boas vacacións e esperámosvos na biblioteca para seguir facendo máis cousas. BO NADAL!!!

martes, 16 de decembro de 2014

CAMPO A TRAVÉS

CAMPO A TRAVÉS – CEE





         O día 5 de decembro participamos, en Cee, nas carreiras de campo a través do programa XOGADE organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coas federacións deportivas galegas.
          O equipo Benxamín Feminino clasificou para a seguinte proba, ao rematar 2º na clasificación por equipos. A nivel individual, Carlos e Ismael tamén clasificaron para a seguinte proba, ao rematar 8º nas súas categorías; Iago, en benxamín masculino, rematou 10º; María e Ainhoa, en benxamín feminino, remataron 4º e 5º, respectivamente. En xeral, obtivemos un bos resultados!!!

            

xoves, 4 de decembro de 2014

Chicken soup

Outra historia de inglés! Neste caso, os de quinto curso, interpretan "Chicken soup".

 Quen foi máis listo? The chicken??? The fox??


mércores, 3 de decembro de 2014

Late for school

O alumnado de cuarto interpreta "Late for school". Que vos parece!?
 

Nova Escola de Música Moderna

Onte tivemos concerto no cole! Visitáronnos catro musicazos, que viñan a presentar a NOVA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA DE DUMBRÍA.  Fixeron un concerto moi entretido, e ensinaronnos algúns instrumentos. Ademais, informáronnos de que o vindeiro xoves día 4, ás 20:30h., nas instalacións culturais e deportivas do Conco haberá unha reunión informativa sobre a escola, na que se informará sobre horarios, profesorado, instrumentos, e tamén da Banda de Música de Dumbría. 
Así, impartirán clases de piano, batería, guitarra, baixo eléctrico, canto, saxofón, frauta, clarinete, trompeta, trombón, acordeón, etc e tamén para os máis pequenos (de 3 a 6 anos) Música e Movemento, onde aprenderán música de xeito divertido. 








Aquí vos deixamos tamén algún video do que estivemos facendo, pero tede en conta que o son non é nada bo porque o concerto foi realizado dentro do pavillón, pero... fóra ía moito frío!!




Magosto!

Aquí vos deixamos algunhas fotos do magosto . A verdade é que tivemos moita sorte de poder celebrarlo, a pesar de que o día parecía que ía chover dun momento a outro! Pasámolo en grande cos xogos tradicionais, e  como non, papando despois todas as castañas! Esperamos impacientes o magosto do vindeiro curso! 
Dende aquí queremos agradecer as mamás que nos axudaron con esta actividade, e a Pepita e Emilio por asar as castañas, que estaban riquísimas! Grazas tamén a tod@s por visitarnos: antigos e futuros alumnos, pais, nais, veciñ@s... Moitas grazas!

Aquí están os equipos que participaron nos xogos!

Equipo 1
Marcos, Alicia, Érica, Andrea, Sabela.

Equipo 2
Xurxo, Pablo, Eloi, Sandra, Laura, Claudia, Lara.

Equipo 3
Alberto, Eloy, Saleta, Ainhoa, Uxía

Equipo 4
Eloi, Carlos, Ismael, Izan, Carla, Adriana, Aarón.

Equipo 5
Íker, J.Manuel, Adrián, Daniela, Samuel, Xairo. 

Equipo 6
Claudia, Érica, Mario, J.Antonio, Esteban.

Equipo 7
Manuel, Mireia, Nil, Nico, María, Carla.

Equipo 8
Martín, Óliver, Asier, Yaiza, Carlitos, Leticia.

Equipo 9
Denís, Leo, Samuel, Lucía, Eva, Ismael. 

Equipo 10
Andrea, Lucía, Anthía, Ánxela, Laura, Roi.

Equipo 11
Soraya, Paula, Raúl, Iago, Manuel, Anxo.



Equipo 12
María, Djamela, Melisa, Juan, Bruno,Yanira.
Os resultados deste xogos foron... empate!! O equipo 7 e o equipo 11 obtiveron o mesmo número de puntos. Noraboa!!


E aquí vos deixamos unhas cantas fotos!

martes, 2 de decembro de 2014

NOVA IMPORTANTE RELATIVA ÁS FOTOGRAFÍAS.

Hoxe os nenos e nenas levan para a casa as fotografías que fixeron no cole hai uns días.É MOI IMPORTANTE  que se NON queredes as fotos NON AS ABRADES, posto que de ser así, teredes que quedarvos con elas.

luns, 1 de decembro de 2014

A RECICLAXE

A principio de curso tivemos unha charla sobre a reciclaxe. Contáronos moitísimas cousas, así que a continuación ensinámosvos un traballo feito por  Érica (4º de primaria) a partires desa charla. 

A RECICLAXE

A reciclaxe é importante para o planeta.
Con isto podemos manter limpas e coidar as paisaxes que nos rodean e vivir nun planeta con menos contaminación.
Reciclar consiste en separar a basura en catro contedores diferentes: o amarelo, o verde, o azul e o verde escuro.
- Amarelo:  no contedor amarelo van os bricks de zume, leite, batidos, etc. Tamén van latas de refrescos, envases de flan, iogur e outros.
- Azul: no contedor azul vai o papel e o cartón.
-Verde: no contedor verde vai o vidro, por exemplo, as botellas de viño, anís...
- Verde escuro: no contedor verde escuro van os restos de comida: mondas de patacas, mondas de plátanos... Este contedor debe estar o máis vacío posible.Todos eses restos de comida despois de uns meses convértense en compost que é un estupendo esterco para as nosas leiras. 

Todos temos que reciclar para ter un planeta mellor no que vivir.



Moi ben Érica! Agora quedounos todo moito máis claro! Sen esquecernos de meter as pilas nos contedores vermellos que hai en distintos establecementos, e de levar os obxectos grandes (frigoríficos, televisións, lavadoras...) aos puntos limpos!












Autumn Leaf