Un curso máis, o
equipo de biblioteca elaborou unha serie de actividades co obxectivo de animar
á comunidade educativa do noso centro a introducirse no mundo da lectura e da
escritura.
Comezamos este
boletín destacando as novas adquisicións para os nosos lectores:
O
comezo do curso estivo marcado pola mochila viaxeira, na cal había varios
libros, tendo en conta sempre o nivel do alumnado ao que ía dirixida. Cada
titor ou titora decidía o contido da mesma:
Fixemos carnés
para os novos usuarios da biblioteca. Aquí tendes unha foto co alumnado de 3
anos e os seus carnés:
Tamén traballamos
sobre o outono, con poesías, textos e ilustracións referidos a esta estación.
Puxemos
en marcha a Liga de Xadrez 2014/2015, que ten lugar nos recreos das mañás:
Por último,
pensamos que necesitábamos unha mascota para a nosa biblioteca. Entón, puxemos
en marcha un concurso no que participou todo o colexio. Aquí está unha foto con
todas as mascotas do colexio, máis as nosas colaboradoras da biblioteca que
axudaron moito ao longo deste trimestre:
e o gañador, foi ……….. Pablo e a súa
mascota “O Boi Ramón!” Felicidades Pablo!
Nada
máis, ata aquí o primeiro trimestre, que pasedes unha boas vacacións e
esperámosvos na biblioteca para seguir facendo máis cousas. BO NADAL!!!
gustoume muito todo :-) un beso ainhoa
ResponderEliminar