luns, 30 de maio de 2016

Flores por primavera!

Aínda que case está a chegar o verán, os nenos e nenas de primeiro estiveron a realizar manualidades moi primaverais. Aquí tedes un dos seus traballos, flores realizadas con materiais de refugallo! Con tapóns de plástico fixeron diversas flores, tan diferentes unhas doutras como o son eles mesmos: moitos e poucos pétalos, grandes e pequenos, con e sen follas, con talos grosos ou finos... Non credes que coas nosas producións se represetan tamén a nosa personalidade?  Pois aquí tedes, nove nenos e nenas ben diferentes! 

mércores, 18 de maio de 2016

Hide and seek!

Cada día estou máis orgullosa destos pequenos e pequenas de 2º de primaria que tan estupendamente o fan!

Hoxe representan unha historia onde fan deles mesmos, menos Sabela que é unha mestra ben estricta, jajaja. 
Comprobade o que evolucionan día a día!

mércores, 11 de maio de 2016

Excursión a A Coruña

Aquí vos deixamos unhas cantas fotos do pasado venres, cando fumos de excurisón a A Coruña. 

Os máis pequenos do cole  (infantil e primeiro) visitamos o Aquarium Finisterrae, e coñecimos a Gastón, un tiburón! Algún tiña algo de medo por ver un bicho tan grande, pero unha vez que entramos no "Nautilus", esquecéusenos todo!
Non hai moitas fotos, porque como nos explicaron alí, os peixes non teñen pálpebras e non poden pechar os ollos se facemos as fotos con flash.

Os maiores (segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto) fixeron un montón de cousas! Visitaron o planetario e a casa do home. De seguro que aprenderon moitas cousas sobre o  universo e sobre o corpo humano.

Tamén os que foramos ao aquario nos deixaron finalmente entrar un pouquiño na Domus, porque alí nos xuntamos todo o cole para comer.

Foi un día moi especial!

martes, 10 de maio de 2016

Gynkana 2016!!

Aquí estamos, traballando a deshora para organizar o festexo das Letras Galegas de este ano 2016.

Este ano, celebraremos as Letras Galegas realizando unha Ginkana por todo o colexio con probas que os alumnos teñen que superar sobre autores homenaxeados, sobre as Letras Galegas ou sobre actividades en galego.  Ímolo pasar xenial!!

Como tod@s sabedes, este ano a persoa homenaxeada é Manuel María Fernández Teixeiro, un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega. 

Esta semana o noso colexio encherase de carteis, información, tarxetas, música ... sobre Manuel María e demais autores que foron homenaxeados no seu día.


Aquí vos deixamos un enlace por si queredes saber un pouco máis de este poeta.

A celebración da Ginkana será o mércores día 18 de maio. NON FALTEDES!!



luns, 9 de maio de 2016

Yipee! Yahoo! song

Unha das mellores maneiras de aprender un idioma estranxeiro e cantando e actúando con esa canción.
Os nenos e nenas de 1º identifican estupendamente os diferentes sentimentos grazas a esta canción.
Mirade que ben cantan e que ben expresan o que sinten!!




E si queredes escoitar a canción orixinal, pinchade no enlace e comprobade que canta mellor, jejeje

https://elt.oup.com/student/surprise/level1/songs/song5_2?cc=global&selLanguage=en

sábado, 7 de maio de 2016

Non che teño medo moucho!

Na mitoloxía galega aparece en moitas ocasións a figura do moucho como presaxio da morte, como o ser no que se transforman as meigas ou os ananos para anunciar algo malo. A valente Rosalía de Castro escribiu en "Cantares Gallegos" a seguinte copla:

"Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo:
¡Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo!"

E os nenos e nenas de primeiro como somos tan valentes como Rosalía e nada supersticiosos, decidimos facer estas carteiras con forma de moucho para que nos acompañen alá a onde vaiamos. A que nos quedaron xeniais?










xoves, 5 de maio de 2016

Garabateamos!

Dende principio de curso, os nenos e nenas de tres anos están realizando un proxecto sobre o "Garabato". Adoitamos crer que un garabato son un conxunto de liñas "sen sentido", pero realmente é algo fundamental para o posterior desenvolvemento psicomotriz dos nenos e nenas. E asegurámosvos que pode ter moitísimo sentido! E senon, xa vos ensinaremos algúns dos nosos traballos!

Como xa se vai acabando o proxecto, agora quixemos coñecer a artistas famosos que "garabateaban" para facer as súas obras de arte. Jackson Pollock foi un estadounidense moi coñecido polas súas obras abstractas, salpicando grandes candidades de pintura sobre os seus cadros. Pois a nós isto pareceunos moi divertido, e onte e quixemos ser "Jacksons Pollocks". Así de bonito nos quedou o noso traballo!


P.D.: Pedimos disculpas ás familias polos "destrozos" causados na roupa e calzado, pero é que cando nos poñemos mans á obra... non hai quen nos pare!



mércores, 4 de maio de 2016

Visita de Iago López

Hoxe no cole tivemos a gran sorte de ter connosco ao gran contacontos Iago López. Os nenos e nenas de infantil, primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria estivemos con el na biblioteca escoitando unha historia de lobos nada normais: "Feliz Feroz".

Un conto moi moi divertido, que Iago nos contou dun xeito moi especial contando coa colaboración de Iago e Raul. Moitas grazas por vir Iago!

martes, 3 de maio de 2016

VI Semana do libro

Agora si que si! Deixámosvos un vídeo resumo da nosa "VI Semana do libro".
Dende o colexio queremos agradecerlle aos contacontos e escritores e escritoras a súa presenza no cole, aprendímos moitísimo con vós e pasámolo pipa! E tamén queremos agradecerlle ás familias que nos acompañaron nesta semana para facer máis rica esta experiencia. Sodes uns valentes! 
Moitísimas grazas a tod@s!


Autumn Leaf