mércores, 29 de outubro de 2014

Primeira carreira popular do Concello de Fisterra

O pasado sábado levouse a cabo a Primeira Carreira Popular do Concello de Fisterra. Foron moitos os nenos e nenas que estudaron no noso centro que ata alí se pasaron, e ata trouxeron algunha das medallas! Aquí vos deixamos algunhas fotografías!

Sabela e Martín, primeira e segundo clasificado na categoría de pitufos.


Elena (ex-alumna do centro) quedou primeira clasificada na categoría infantil feminino


Javi (ex-alumno) e Ismael, primeiro e segundo clasificados na categoría infantil masculino.


Martín, Anthía, Sabela e Ainhoa, despois da carreira.  

xoves, 23 de outubro de 2014

luns, 6 de outubro de 2014

Días de calor!

Xa estamos en outono, pero a pasada semana facía tanta calor que parecía que estabamos no verán! Así foi que os nenos e nenas de infantil B saímos a xogar ao patio con...globos de auga!! Fixemos un montón de xogos e pasámolo en grande... Pero non fumos quen de gardar este segredo! Eso sí, case non nos mollamos nada!






Autumn Leaf