mércores, 26 de marzo de 2014

Como cho digo!

"Como cho digo" é unha plataforma a prol da visualización do uso do galego nos medios de comunicación.  Aquí podedes ver un vídeo que da pensar. E vós, falades e escribides en galego? Nós si! Como cho digo!

martes, 18 de marzo de 2014

O mar na escola

Na mañá do luns o alumnado de 6º, 4º  e 3º de primaria emprenderon a súa viaxe cara “O mar na escola”.  Despois de recibir na semana anterior unas clases de teoría sobre o que ían aprender e facer, onte montaron no autobús cheos de ganas, nervios, inquedanzas e, por qué negalo, algún medos.

Ao chegares ao seu destino, os maiores que xa participaran nesta gran actividade no pasado curso, estiveron practicando como remar, e despois montaron nos “kayak”  pola ría de Corcubión.
Por outra banda, aos nenos e nenas de 3º e 4º,  estivéronlles explicando diversidade de cousas necesarias para poder, posteriormente, montar na lancha para axudar a montar o barco de vela e poñerse a navegar.

Pasárono en grande, aínda que con algún que outro despiste debido á inexperiencia que seguro, nas vindeiras ocasións, non ocorrerá!

Aquí vos deixamos unhas cantas fotos!



xoves, 13 de marzo de 2014

Paleontólogos por un día.

Se lle preguntades aos nenos e nenas de infantil qué queren ser de maiores … que non vos estrañe que vos digan paleontólogos. Acaso hai algo máis emocionante, entretido, xenial, que buscar restos de animais?

Precisamente foi a iso ao que dedicamos a tarde do martes, a desenterrar ósos de dinosauros que apareceron no patio do cole. Axudados dun mapa e de boas ferramentas, os pequenos e pequenas do cole mergulláronse nesta interesante aventura. Que ben o pasamos! E dígoo en plural, porque as profes tamén o pasamos moi ben!

Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica!


mércores, 12 de marzo de 2014

Zumba!

O que non chora non mama... así que aquí temos aos ex-pupilos do cole que agora están en 1º da ESO bailando a canción de "Zumba". 

What a mess!

Aquí vos deixamos aos nenos e nenas de segundo interpretando a historia "What a mess". 

martes, 11 de marzo de 2014

Limbo!

Con estes días tan "veraniegos" non vos apetece bailar un pouco? Deixamosvos o vídeo dos nenos e nenas que están agora en sexto bailando "Limbo" no festival de fin de curso do ano pasado. A bailar!!

luns, 3 de marzo de 2014

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2014/2015

  Ponse en coñecemento de tódolos pais, que desde o día 6 ATA O 26 DE MARZO permanecerá aberto o prazo de matrícula no C.E.I.P. Santa Eulalia de Dumbría para o curso 2014/2015.

  A matrícula formalizarase no horario de Secretaría (12:10 – 13:00 horas), aportando a seguinte documentación:
§    Instancia de solicitude, debidamente cumprimentada (recoller no colexio).
§    Fotocopia do DNI dos pais
§    Fotocopia das páxinas do Libro de Familia cos datos dos pais e do/a alumno/a.
§    Fotocopia da cartilla de vacinación.
§    Fotocopia da tarxeta sanitaria.
§    Certificado de empadroamento, que deberá solicitar no concello.
Dumbría, 27 de febreiro de 2014.
O DIRECTOR
Asdo.: Emilio José Díaz Rodríguez

sábado, 1 de marzo de 2014

Fin de Antroido

Onte chegou a Dumbría o final do Antroido… pero so no cole, agora temos uns cantos días para seguir disfrutando del!
Deixámosvos algunhas fotos do venres, onde podedes ver a indios e vaqueiros, asiáticos, romanos e mexicanos. E a verdade e que ían todos guapísimos!







E despois de pasear por toda a vila, a comer chocolate con doces de Antroido, que o tiñamos ben merecido!!







 Tamén lle dimos fin ao noso querido meco… e algún de nós pasámolo algo mal pensando que podía arder a escola! Menos mal que co día que estaba non había ningún tipo de perigo!







Dende aquí queremos agradecervos a tod@s os que nos acompañastes neste día a vosa presenza, así como a colaboración da ANPA na tradicional chocolatada.

E como no día de onte houbo moitos “paparazzi” animámosvos a que compartades connosco as fotos que vós sacastes; podedes enviárnolas a santaeulaliadedumbria@gmail.com e despois faremos unha recompilación que vos amosaremos!
Saúdos para todos e a disfrutar de Don Carnal!
Autumn Leaf