Se lle preguntades
aos nenos e nenas de infantil qué queren ser de maiores … que non vos estrañe
que vos digan paleontólogos. Acaso hai algo máis emocionante, entretido,
xenial, que buscar restos de animais?
Precisamente foi a
iso ao que dedicamos a tarde do martes, a desenterrar ósos de dinosauros que
apareceron no patio do cole. Axudados dun mapa e de boas ferramentas, os
pequenos e pequenas do cole mergulláronse nesta interesante aventura. Que ben o
pasamos! E dígoo en plural, porque as profes tamén o pasamos moi ben!
Aquí vos deixamos a
reportaxe fotográfica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario