venres, 30 de outubro de 2015

Calacús!

E aquí vos deixamos un vídeo dos nenos e nenas cos seus calacús! Este ano tivemos auténticas marabillas para decorar o noso centro. 
Motísimas grazas familias!


Sandwich de momias!

O pasado martes realizamos uns dos obradoiros que tivemos en Educación Infantil esta semana: snadwiches de momia! 

Noutro post máis adiante ensinaremosvos tamén as monstruosas galletas que fixemos, pero imos aos poucos.

Para que fora máis doado, fixemos catro grupos e iamos rotando polas mesas facendo cousas diferentes.

Na primeira mesa, o que fixemos foi untar manteiga no pan de molde.





E despois poñemos o pan na prancha para torrar. Iso si, alí so botaban as mans as profes, que seica estaba moi quente!



Noutra das mesas, picabamos o queixo en tiras e deixabámolo nun prato, porque o usaremos despois.



 O mesmo facíamos na terceira mesa, pero coas olivas negras.


E na outra mesa, unha vez que tiñamos o pan torrado, botabamos salsa de tomate. 

Logo queda colocar o queixo e as olivas...





e por último, e para fundir o queixo e tomar os nosos sandwiches ben quentiños, as profes volveron a pasalos pola prancha. Estaban de rechupete!!



Aquí vos deixamos un vídeo super chulo con moitas fotos deste obradoiro:

mércores, 28 de outubro de 2015

Samaín...



Xa falta moi pouco... Mañá é o día que tanto esperamos! E polo de agora así está o cole... Terrorífico! Pero... ainda falta o mellor!! 























domingo, 25 de outubro de 2015

A school trip!

Os nenos e nenas de 3º de primaria realizan unha divertida historia dunha clase que vai de excursión a un zoo. Alí, un neno faise amigo dun mono. Comprobade que ocorre con ese mono tan peculiar!!
Son estupendos imitando, actuando e por suposto speaking in English.
MARVELLOUS!!

xoves, 22 de outubro de 2015

The sun and the wind.

Tan pequenos e tan grandes falando in English! Menuda pronunciación! Que artistas!
Esta é unha historia de un sol e un vento que loitan por descubrir quen é o máis forte.
Ao final gaña o sol, que ademais de forte é o máis listo.
Marabillosa interpretación destos nenos e nenas de 2º de primaria. Comprobádeo!!





E por si non estades seguros de o ben que o fan, pinchar no enlace e comprobádeo vendo a historia orixinal.

https://elt.oup.com/student/surprise/level2/stories/story1?cc=us&selLanguage=en

Nin un biquiño á forza

En Infantil A estamos a traballar os sentimentos e as emocións.  "Nin un biquiño á forza "é un conto que fala dun feito que realizamos para amosar algúns dos nosos sentimentos: os bicos. Hai miles de formas de dalos, pero tamén podemos optar por non facelo! Que importante é saber dicir que non queremos dar ou recibir un bico!! 

Os que máis nos gustaron de todos foron os "bicos de papel". Así que quixemos facelos, e escribimos "unha carta" con un bico (tivemos que pintar os beizos, cousa que a algunha que outra cativa lle pareceu máis que estupendo!) para alguén a quen nós lle  queriamos moito e nese momento non lle podíamos dar un bico. Algún xa sabía quen ía a ser o seu destinatario, mais outros aínda non o tiñan moi claro, así que a carta ía sen nome para poder darlla despois a quen nós quixeramos! 
Nas fotos non se aprecian os bicos, pero saímos nós, que tamén somos importantes! Haha

E dende aquí mandamos outros bicos, os "cibernéticos" enviados dende o cole con moito cariño para Iria e Pablo que hoxe non viñeron ao cole! Muuuuak!

The science project!

Os maiores do cole representan unha historia dúas veces na que grazas a un can, Ron fai un excelente traballo de ciencias. 
Mirade que ben o fan!! 
They are wonderful, and the dog too, hehehehhe

mércores, 21 de outubro de 2015

La comunicación

O alumnado de 5º de primaria demóstranos na clase de Lengua Castellana como nos podemos comunicar soamente con xestos, miradas, posturas ou expresións faciais. Desta maneira descubren a importancia da comunicación non verbal.
Estos nenos tamén nos demostran que ás veces poderíamos evitar as palabras e que con só os ruídos de choros ou risas podemos expresar situacións anímicas. Mirade este vídeo e comprobade que as poucas palabras que usan non son necesarias para entender o que nos queren dicir.

martes, 20 de outubro de 2015

Let's play football song

Álex é un neno aficcionado ao fútbol. A súa familia enteira vai velo xogar un partido, e todos anímanlle a que marque un gol.
Come on, Alex!!
O alumnado de 2º de primaria representa esta canción. E sen ensaiar!! Marvellous!!

Uh!

Hai cousas que se escapan do "curricular", pero é que nós xa sabemos que se achega o Samaín e non nos podemos resistir!

Encántanos estas datas, e sobre todo porque está permitido asustar a quen se nos poña por diante sen que poidan botarcho en cara... hehehe.

Aproveitando que nos mandaron material nunhas caixas ben grandes quixemos aproveitar ata o envoltorio! A quen quixemos asutar? Teredes que ver o vídeo para sabelo!







luns, 19 de outubro de 2015

Late for school!

O marabilloso alumnado de 4º de primaria interpreta unha historia na que un neno que chega tarde ao colexio non atopa a súa clase por ningún lado. Nin na aula de música, nin no ximnasio, nin na biblioteca... Mirade os vídeos e descubride onde estaba.
Que ben o pasamos!! Que risas!!
They are excellent in English!

venres, 16 de outubro de 2015

Algo está cambiando en Santa Eulalia de Dumbría...

Algo raro esta ocurrindo no cole e no noso blog!

E o peor de  todo... non temos nin idea de que pasa!

Que medo!!


 




xoves, 15 de outubro de 2015

Roleplay

Tres nenas de 3º de primaria realizan un "Roleplay" in English. 
Recordade que un "Roleplay" é unha técnica ou dinámica de un grupo de persoas, as cales representan unha situación ou un caso concreto da vida real, actuando segundo o papel que se lles asigne, de tal forma que así sexan capaces de afrontar situacións similares nun futuro.
É unha das mellores maneiras de aprender un idioma estranxeiro. 
Mirade que ben o fan!!

It's time for school!

Actrices, bailarinas, cantantes... a clase de 4º de primaria préstase ao que faga falta. Son unhas artistazas e artistazo!!
Comprobade como cantan in English! 
School is cool!!

mércores, 7 de outubro de 2015

Tito perdeu o seu nariz


“Tito perdeu o seu nariz” é un dos contos máis graciosos que limos en moito tempo! 

É a historia da estrela do circo que nunha actuación de malarabes perde o seu gran nariz vermello! 

Nós non conseguimos narices vermellos, pero fixemos paiasadas con narices verdes, que son os narices que usan os paiasos cando están aprendendo a profesión antes de poder traballar no circo.













Autumn Leaf