luns, 25 de maio de 2015

sábado, 16 de maio de 2015

venres, 15 de maio de 2015

Dinosaur, dinosaur song

Que vídeo tan divertido dos nenos e nenas de primeiro cantando unha canción en inglés! Parecen recén chegados do Reino Unido!

xoves, 14 de maio de 2015

Había unha vez...

Había unha vez unha profe que facía moitas promesas, e que os seus alumnos e alumnas se empeñaban en que as cumplira... Que vos vou a contar a vós da insistencia dos cativos! 

Así que non lle quedou outra que poñerse mans á obra! Non vou a negar que tardou meses (e cando digo meses, refírome a moitos meses) en poñernse a traballar a fondo sobre a promesa en cuestión... Pero e que non tiña moi claro como levar a cabo a tarefa en cuestión. Pero o curso esgotábase e,, ou o facía, ou o facía... E este é o resultado!

A historia vai de contos (valga a redundancia). 

Un deles moi coñecido por tod@s nós, e que os nenos e nenas de infantil B non deixan de pedir que se lles lea...Todo un clásico que sigue triunfando.



E o outro, unha adaptación dun conto en portugués que a profe trouxo dunha das súas viaxes polo mundo: "Os tres terríveis porquinhos", unha versión do tradicional conto, no que todo está do revés.



Espero que vos gusten, e que o disfrutedes tanto como o fixemos nós, planeando e interpretando toda esta historia. De verdade que me entusiasma cada día máis traballar con pequen@s que me sorprenden día a día coa gran creatividade, orixinalidade e espontaneidade que teñen. 

P.D.: Bótovos de menos!

venres, 8 de maio de 2015

A la gente de Dumbría le gusta...

Motísimas grazas Lúa por ensinarnos esta canción tan molona!


The king of the jungle

Aquí vos deixamos o tan esperado video de "The king of the jungle", onde os nenos e nenas de primeiro interpretan esta estupenda historia!

mércores, 6 de maio de 2015

La cucaracha

Aquí vos deixamos este gracioso vídeo, onde algúns dos nenos e nenas de 4º saen afrontando o reto de bailar  "La cucaracha" tras perder nun xogo contra os demais compañeiros. Para botar unhas risas!!

Robin Hood and the archery contest

Deixámosvos aquí dos vídeos dos nenos e nenas de sexto interpretan "Robin hood and the archery contest". 


Autumn Leaf