Había unha vez unha profe que facía moitas promesas, e que os seus alumnos e alumnas se empeñaban en que as cumplira... Que vos vou a contar a vós da insistencia dos cativos!
Así que non lle quedou outra que poñerse mans á obra! Non vou a negar que tardou meses (e cando digo meses, refírome a moitos meses) en poñernse a traballar a fondo sobre a promesa en cuestión... Pero e que non tiña moi claro como levar a cabo a tarefa en cuestión. Pero o curso esgotábase e,, ou o facía, ou o facía... E este é o resultado!
A historia vai de contos (valga a redundancia).
Un deles moi coñecido por tod@s nós, e que os nenos e nenas de infantil B non deixan de pedir que se lles lea...Todo un clásico que sigue triunfando.
E o outro, unha adaptación dun conto en portugués que a profe trouxo dunha das súas viaxes polo mundo: "Os tres terríveis porquinhos", unha versión do tradicional conto, no que todo está do revés.
Espero que vos gusten, e que o disfrutedes tanto como o fixemos nós, planeando e interpretando toda esta historia. De verdade que me entusiasma cada día máis traballar con pequen@s que me sorprenden día a día coa gran creatividade, orixinalidade e espontaneidade que teñen.
P.D.: Bótovos de menos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario