xoves, 27 de febreiro de 2014

O meco manda...

… traer bata ou pixama!!

 E aproximadamente o 99% dos membros que formamos parte do cole cumprimos tamén este mandado! Quen sería o (ou a) que non o fixo??  Esperemos que o meco non se enfadara por iso!


E mañá xa é o último día de entroido… teremos que vir tod@s disfrazados! E que será do noso querido meco? Agora que lle empezamos a ter cariño…

 

mércores, 26 de febreiro de 2014

O meco manda...

...traer zapatos diferentes!!
E no cole non defraudamos! Zapatos de todas as cores, tipos e formas vestiron os nosos pés para non enfadar ao meco …





E mañá?


“O meco despistado andaba... que da casa trouxo a bata!”

martes, 25 de febreiro de 2014

O meco manda...

 ...traer algo no pescozo!


E así foi como apareceu el! Está guapísimo, verdade?

Pero nós non somos menos!! Gravatas, babeiros, bufandas, bragas, colares... non deixades de sorprendernos! 



  E para mañá o meco di...
"Con diferentes zapatos, faremos o camiño... pasiño a pasiño!"

luns, 24 de febreiro de 2014

Negra Sombra


Tal día coma hoxe, pero no ano 1837, nacía en Santiago de Compostela a recoñecida poetisa Rosalía de Castro. Dende aquí queremos "celebrar" o seu aniversario recollendo un dos seus poemas máis famosos, "Negra Sombra", do libro "Follas Novas" (1880) musicado por Carlos Núñez e interpretado por Luz Casal.

"Negra Sombra"


Cando penso que te fuches, 
negra sombra que me asombras, 
ó pé dos meus cabezales 
tornas facéndome mofa.


Cando maxino que es ida, 
no mesmo sol te me amostras, 
i eres a estrela que brila, 
i eres o vento que zoa.


Si cantan, es ti que cantas, 
si choran, es ti que choras, 
i es o marmurio do río 
i es a noite i es a aurora.


En todo estás e ti es todo, 
pra min i en min mesma moras, 
nin me abandonarás nunca, 
sombra que sempre me asombras


O meco manda...

...traer algo na cabeza!
Gorros, viseras, perrucas, sombreiros, cornos, antenas, gafas, orellas… Como podedes ver nas fotos, montóns de cousas orixinais cubrirnos as nosas cabezas este luns!



Que nos espera para mañá?? O meco di…

“o pescozo cubrirás, e moi guapo te verás”.

venres, 21 de febreiro de 2014

Entroido!!

Xa chega o entroido!
O antroido xa está á volta da esquina!

E con el chegou… o meco! E os seus mandados, claro! 


Como podedes ver o luns teremos que… traer algo na cabeza! 



Non vaiades enfadar ao meco eh? Así que a traer na cabeza cousas ben orixinais! 

mércores, 19 de febreiro de 2014

Garavanciño

Garavanciño” é un dos contos favoritos dos nenos e nenas de Infantil A. Tanto nos gusta que onte quixemos representalo nunha “obra de teatro”.  Na clase puxemos a decoración, maquillámonos e puxémonos mans á obra!
Como somos moitos máis nenos que protagonistas, fixémolo dúas veces para que puidésemos participar tod@s. O día da gravación non estaban no cole nin Eva nin Ánxela, a ver se para a próxima estamos tod@s!!

Aquí podedes ver “o garavanciño” de Asier, Carla,  Alberto, Ismael, Naiara e Paula.
E aquí o de Xairo, Sandra, Nico, Mario, Naiara e Paula.
Tamén vos deixamos aquí o conto que atopamos en youtube, para que tamén o poidades desfrutar.

Que vos parece? Nós pasámolo XENIAL!

luns, 17 de febreiro de 2014

A frauta máxica

A finais do trimestre pasado (xa choveu!!) os nenos e nenas de infantil e do primeiro ciclo de primaria fomos de excursión á cidade de A Coruña para ver a ópera “A frauta máxica” de Mozart

Antes de ir a ópera estivemos xogando nun parque “de maiores” . Pasámolo xenial!!

Na ópera coñecemos as aventuras que corre o príncipe  Tamino que, coa axuda de Pageno, consegurirán salvar á princesa Pamena.

Despois, como estaba un día chuvioso, achegámonos a un centro comercial para poder tomar o noso xantar, e aproveitamos para sacar unha foto do máis navideña!

A verdade é que foi un día moi interesante e onde o pasamos moi ben!!


xoves, 13 de febreiro de 2014

Xogamos cos nomes

Porque xogando tamén podemos aprender moitas cousas... os nenos e nenas de infantil A a principio de curso estivemos xogando coa plasti e coas letras. Este é o resultado! Unha maneira divertida de aprender as letras e os nosos nomes. E tamén un guiño especial para o noso blog!



mércores, 12 de febreiro de 2014

Letras para o inverno


Letras para o inverno! Con isto foi co que decoramos a porta que vai para o comedor. Cada curso escribiu algo relacionado con esta estación: poemas, cancións... e é que a "literatura" está chea de cousas sobre o inverno!












E tamén decoramos a cortiza do recibidor deste xeito tan orixinal! Que vos parece?


E xa que de inverno e bonecos de neve vai a cousa, deixámosvos aquí unhas fotos do alumnado de cuarto, que fixeron en plástica estes bonitos bonecos con plasti. Chulísimos!!


sábado, 8 de febreiro de 2014

Dona Carme

Dona Carme tiña unha cadela debaixo da cama onde ela durmía… Os nenos e nenas que o ano pasado estaban en primeiro, dramatizaron este gracioso conto da man das profes Bolivia e Agustina por fin de curso. Dende aquí mandamos un enorme abrazo para as dúas, e tamén para Saleta, a nosa “Dona Carme”. Botámosvos de menos!!!

venres, 7 de febreiro de 2014

The oldest pupil

Outra historia en inglés contada polos nenos e nenas de sexto: "The oldest pupil". 

A eiruga larpeira

Hai días que, entre as idas e as vindas de luz, a rutina adoita facerse máis complexa Neses días temos que deixar voar a imaxinación e a creatividade e dedicarnos a outras cousas! Onte foi un deses días, e en Infantil A decidimos contarvos un dos nosos contos favoritos: A eiruga larpeira.  Foi a nosa primeira gravación, e por iso estabamos algo nerviosos pero... non me digades que non o fixeron xenial!! Foi unha pena que non estiveran todos no cole... pero outro día faremos máis cousas todos xuntos!


Visita dos axentes forestais e bombeiros

Deixámosvos aquí un traballo do alumnado de cuarto sobre a visita do pasado venres.Que vos parece?



E aquí unha pequena mostra do que pasou ese día!




xoves, 6 de febreiro de 2014

martes, 4 de febreiro de 2014

Visita dos axentes forestais ao colexio

O pasado venres día 31 viñeron ao cole os axentes do distrito forestal de Vimianzo para falarnos sobre o seu traballo, plantar unhas árbores con nós e explicarnos a importancia de protexer os nosos montes.

Tedes máis información e fotografías dese día e doutros (como os da subida ao Monte Pindo), no enlace que hai á dereita que pon: Axudando a Fox. Xa sabedes, só tedes que picar no enlace!

The enormous carrot

Aquí vos deixamos "The enormous carrot", feito polos nenos e nenas de primeiro! Que ben falan en inglés!!

domingo, 2 de febreiro de 2014

Día da paz.

Como xa vos comentamos en entradas anteriores, o pasado xoves celebrouse na escola o día escolar da non violencia e da paz. Para celebralo os nenos e nenas do cole foron lendo mensaxes de paz coas que decoramos o corredor da planta baixa. 



Despois, o alumnado de sexto deleitounos coa interpretación de "Imagine". Que ben o fan!




Por último todo o cole cantou a voz alzada no patio esta mesma canción. 


Que vos parece? Quedounos o cole super ben!
Autumn Leaf