“Garavanciño”
é un dos contos favoritos dos nenos e nenas de Infantil A. Tanto nos gusta que onte
quixemos representalo nunha “obra
de teatro”. Na clase puxemos a decoración, maquillámonos e
puxémonos mans á obra!
Como somos
moitos máis nenos que protagonistas, fixémolo dúas veces para que puidésemos
participar tod@s. O día da gravación non estaban no cole nin Eva
nin Ánxela,
a ver se para a próxima estamos tod@s!!
Tamén vos
deixamos aquí o conto que atopamos en youtube, para que tamén o poidades desfrutar.
Que vos parece?
Nós pasámolo XENIAL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario