mércores, 30 de setembro de 2015

Relaxación!

Vale, que si! Que xa sabemos que somos dos máis pequenos do cole, pero iso non quere dicir que de vez en cando non precisemos relaxarnos!  
Os días son algo duros, e moitas veces despois do recreo é difícil volver á calma na aula, así que música relaxante e por parellas facemosnos cóxegas nas distintas partes do corpo. Gústanos un montón!!




domingo, 27 de setembro de 2015

Hamburguesas e perritos!

O venres fixo un moi bo día, e os nenos e nenas de segundo non o dubidaron nin un só segundo: había que aproveitalo! Así que colleron unha prancha e puxeron as mans na masa. Pero nesta ocasión, en lugar de amasar, tocou cociñar, 

Que ricas hamburguesas e perritos fixeron! Ou iso dicían, porque a proba so lla deron a Irene e a Montse, polas molestias, supoñemos! Hehehehe 
















sábado, 26 de setembro de 2015

Where are they?

English time!! Tócanos agora subir un vídeo que non dou tempo de facelo en xuño, e de paso aproveitamos para saudar a Eloy e Saleta, bótasevos moito de menos!! Un enorme bico e a disfrutar do vídeo. They love speaking and acting in English.

You can be a robot.

Os artistas de 2º de primaria interpretan e cantan in English unha canción. Son uns auténticos robots!! Fantastic!!

xoves, 24 de setembro de 2015

Cómo se hace un camello

O alumnado de 5º de primaria recita un poema de Gloria Fuertes, a gran precursora da poesía para nenos en España, titulado "Cómo se hace un camello" na clase de lengua castellana. Gracias aos poemas, os nenos asimilan mellor os conceptos e desenvolven a capacidade expresiva e creativa, e estes nenos teñen mooitaaa!!

mércores, 23 de setembro de 2015

What's your name? How old are you?

Aquí están os nosos alumn@s de 3º de primaria intentando entonar unha canción in English. Para ser a súa primeira canción despois do longo verán non está mal, verdad?
Back to school!!

Trabalinguas!!

Os nenos e nenas de 5º de primaria recitan un trabalinguas na clase de lengua castellana. Gracias a esta práctica, os nen@s favorecerán a súa fluidez lectora, aumentan o seu vocabulario, adquiren rapideza na fala e o máis importante, aprenden divertíndose e sen darse conta. Aí vos van dous trabalinguas que aprenderon nun momentiño na aula. Estos nen@s si que teñen memoria!!!



Benvid@s!

Pois os nenos e nenas de tres anos xa están case case adaptados ao cole! 
O venres xa virán no mesmo horario que os demais... e temos que dicir que o están facendo super ben! 

E senón, mirade para estes manteis mariños que fixeron para tomar a merenda sen manchar nada de nada! Temos medusas, peixes de cores, cangrexos... Están xenial!










mércores, 2 de setembro de 2015

Xa estamos de volta...




Pero como sabedes no cole este ano hai moitos cambios, e non damos atendido ás novas tecnoloxias!  Así que polo de agora teremos esto algo a desmán... De todos modos, iremosvos achegando información de interese!

  • INICIO DE CURSO: Será xoves día 10, en horario de 9:30 a 15:15, con servizo de comedor (empezamos con ganas o novo curso!)


  • Tendes no cole os impresos para solicitar a AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR, que tendes que entregar no colexio debidamente cumprimentado antes do 1 de outubro.

  • Recordade tamén que tedes que cubrir o formulario do comedor, por se aínda hai alguén despistado!

Para calquera dúbida, podedes chamarnos por teléfono ou achegarvos ao cole, que os profes xa andamos por aquí.

A acabar de disfrutar do verán!



Autumn Leaf