domingo, 31 de xaneiro de 2016

Os mandadiños

Aínda estamos cun pé no día da paz (do que subiremos proximamente un vídeo) e xa estamos con outro celebrando o Antroido. Mañá xa empezamos cos mandadiños, así que para que non se vos esquezan cales son os mandados do Meco deixámosvolos aquí!
-(Luns)Se o Meco queres alegrar
algo na cabeza terás que levar!

-Se o Meco non queres enfadar
o mandado cumprirás
e o martes... algo na cara pintarás!  (bueno, podes pintar algo, traer un bigote, unhas gafas... o que queirades!)

-Se o mércores queres vir
o Meco terás que oir
"Traede algo no pescozo
se non queredes acabar no pozo!"

-O xoves non podes esquecer
que algo na cintura hai que traer
e para co Meco poder bailar...
todo xunto has de combinar!

Quen é quen...?

Os alumnos e alumnas de 2º de primaria realizaron o xogo Quen é quen?, o cal consistía en escribir sobre eles e facer un debuxo de como se ben así mesmos.
Unha vez escrito o texto e feito o debuxo, os seus compañeiros e compañeiras tiñan que tratar de adiviñar quen era quen.
O xogo era bastante doado, xa que son soamente un grupo de oito rapaces, polo que ao profe Pedro máis a min ocorreusenos facer a actividade con todo o colexio, alumnos e mestres incluídos.
Eso sí, in English para facelo máis difícil, jejeje
Xa nos puxemos mans á obra!! 
Vai quedar unha actividade chulísima!!

The snow monster!

As nenas e neno de 4º de primaria interpretan estupendamente unha historia duns nenos e nenas patinando sobre xeo.
Ata quixeron traer os patíns para facelo todo máis real!! 
De aquí a Hollywood!! ;)

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Mariposa del aire

Os nenos e nenas de 5º de primaria tiveron que facer un traballo sobre Federico García Lorca. Ademais de coñecer un pouco a vida deste poeta, dramaturgo e prosista, tamén tiveron que aprender unha parte do poema infantil Mariposa del aire. 
Son uns auténticos poetas!!

The face song!

Os nenos e nenas de 2º de primaria cantan e bailan estupendamente esta divertida canción de diferentes animais do mar.
Aprenden unha canción nun minutiño!! Son auténticos ingleses!!
Se queredes escoitar a canción orixinal, pinchade no seguinte enlace.



Corre corre cabaciña

E a última actuación do festival foi... o teatro de sombras "Corre corre cabaciña". A pesar do fallo técnico que tivemos (ese día fundeuse o foco!) quedou precioso! Xenial estes nenos e nenas de cuarto!

martes, 26 de xaneiro de 2016

Kids start cooking!

Esta vez os maiores do cole fan de cociñeiros. Participan nun programa de televisión facendo galletas de chocolate. Mirade que pasa na historia e o ben que o fan!!
They are very good at cooking!! 


luns, 25 de xaneiro de 2016

Lucy's new watch!

Os alumnos e alumnas do 3º curso interpretan unha historia dun reloxo moi listo pero que non diferenza os sábados do resto da semana. Comprobade o ben que o fan!!
They are wonderful pupils!!

The hokey pokey

Os últimos en actuar no festival de Nadal foron os nenos e nenas de cuarto de primaria, que en primeiro lugar fixeron in English "The hokey pokey". Marvelous!

domingo, 24 de xaneiro de 2016

The snow globe

É a hora dos nenos e nenas de quinto e sexto. Fixeron unha obra de teatro en inglés marabillosa! Parecen auténticos actores e actrices do Reino Unido. Noraboa moz@s!

venres, 22 de xaneiro de 2016

Roll your hands

E o mesmo curso despois desa magnífica receita deleitounos cantando e bailando "Roll your hands". Move your body!!


Receita de amor

Xa se achega o día da Paz, e queremos lembrar esta magnifica receita de amor que os nenos  e nenas de terceiro fixeron por Nadal.
Esperamos que empreguedes nas vosas vidas non so nesas datas do ano!

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Dinosaur, dinosaur song

E agora os nenos e nenas de primeiro convértense nuns terroríficos animais de fai milleiros de anos para interpretrar de xeito espectacular "Dinosaur, dinosaur song". Coidado, que morden!

martes, 19 de xaneiro de 2016

1,2, Where are you?

De novo os nenos e nenas de segundo. Neste caso cantan e bailan "1,2, Where are you?". Que vos parece? Nós cremos que o fan estupendamente!

luns, 18 de xaneiro de 2016

Ratiña Linda de Compostela

Aquí está a "Ratiña Linda de Compostela", unha obra de teatro onde os nenos e nenas de 1º e 2º fan coa sua interpretación que disfrutemos dunha estupenda obra de teatro!

domingo, 17 de xaneiro de 2016

O Baiao e One Little Finger

A segunda actuación do festival foi a dos nenos e nenas de infantil, que bailaron estupendamente "O Baiao" e interpretaron "One little finger"como auténticos ingleses!

Campanita del lugar

Pouco a pouco iremosvos colgando algunhas das actuacións do Festival Benéfico e Plurilingüe de Nadal que fixemos en Olveira antes das vacacións. Aquí tedes o primeiro vídeo: os nenos e nenas de quinto e sexto interpretan "Campanita del lugar". Fano xenial!

mércores, 6 de xaneiro de 2016

Visita ao Dolmen de Dombate

E de regalo de Reis, como fustes moi bos, hoxe deixámosvos as fotos da excursión ao Dolmen de Dombate. Foi un día moi divertido e aprendemos moitas cousas! 
Ata mañá!

luns, 4 de xaneiro de 2016

Visita de Papá Noel

Non é por ser alarmista, pero as vacacións de Nadal están rematando... o xoves xa nos vemos!
E antes de que chegue a noite de Reis queremos compartir con vós as fotos da última tarde en que tivemos cole, na que nos visitou alguén moi importante: ex-alumnos e ex-alumnas do cole. Tamén Papá Noel, pero moito menos importante!  (polo menos para o profesorado, non sei eu se pensarán o mesmo os nenos e nenas hehehe). Que disfrutedes dos poucos días que quedan!


domingo, 3 de xaneiro de 2016

Mascotas de Biblioteca

Aquí vos deixamos as fotos das mascotas realizadas polos nenos e nenas este curso. Quen será a mascota afortunada de vilixar a nosa biblioteca??




Autumn Leaf