domingo, 31 de xaneiro de 2016

Quen é quen...?

Os alumnos e alumnas de 2º de primaria realizaron o xogo Quen é quen?, o cal consistía en escribir sobre eles e facer un debuxo de como se ben así mesmos.
Unha vez escrito o texto e feito o debuxo, os seus compañeiros e compañeiras tiñan que tratar de adiviñar quen era quen.
O xogo era bastante doado, xa que son soamente un grupo de oito rapaces, polo que ao profe Pedro máis a min ocorreusenos facer a actividade con todo o colexio, alumnos e mestres incluídos.
Eso sí, in English para facelo máis difícil, jejeje
Xa nos puxemos mans á obra!! 
Vai quedar unha actividade chulísima!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf