domingo, 25 de decembro de 2016

Festival de Nadal

Deixámosos aquí unhas cantas fotos do festival de Nadal que celebramos o pasado mércores! Non temos fotos da chocolatada, pero si do xantar do día anterior, onde comimos de marabilla!
Bo Nadal a tod@s!

martes, 20 de decembro de 2016

Postais de Nadal

Como vén sendo tradición xa no noso cole, este ano tamén realizamos un concurso de postais de Nadal. Este ano establecemos catro categorías: infantil, primeiro e segundo, terceiro e cuarto, e quinto e sexto. As postais de Educación Infantil foron realizadas no fogar coa axuda das súas familias, e dende aquí lle queremos dar as grazas a todas elas pola súa participación!
Aquí vos deixamos un vídeo con todas as postais participantes, e mañán no festival sabremos os gañadores. Moita sorte a tod@s!

luns, 19 de decembro de 2016

Campo a través - Fase comarcal

 O 16 de decembro tivo lugar en Cee a fase comarcal de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.
O noso centro acudiu a esta proba acadando uns excelentes resultados.






venres, 2 de decembro de 2016

Maruxa

Estamos de estreo! Hoxe publicamos nas redes sociais a "película" de "Maruxa", unha curtametraxe baseada no conto de OQO co mesmo nome. Esta historia está protagonizada por Maruxa e Pepiño, unha parella que vive na aldea dun xeito moi peculiar: Maruxa labra, cose e varre e Pepiño folga canta e durme, ata que un bo día... algo pasa para que muden as cousas! 
Queredes ver que ben interpretan os nenos e nenas de 3 e 4 anos a Pepiño e a Maruxa? De seguro que vos sorprende! Ogallá o mundo estivera cheo de Maruxas coma estas, que se prantan para que o mundo sexa mellor!
Desexamos que vos guste e que aprendades moito con el. E esperamos que perdoedes os erros que poida ter, hai momentos que non se escoita moi ben, pero para moitos de nós é a nosa primeira película.






E se queredes ver o conto orixinal, nós atopamos na rede este vídeo, onde uns nenos e nenas doutro cole contan a mesma historia. 

luns, 21 de novembro de 2016

A casa do patrón

O pasado venres fixemos a primeira excursión deste curso! Foi un pouco lonxe, nin máis nin menos que ata Lalín! Alí visitamos o museon etnográfico "A casa do patrón". Alí fixemos unha viaxe no tempo, algúns anos atrás, para ver como era a vida na época dos nosos ancestros. A cociña, os cuartos, a escola, o bar e ata vimos cómo facían a roupa e o calzado. E ademais puidemos facer un obradoiro de pan! Esfollamos o millo, peneiramos a fariña, amasamos... e levamos o boliño para casa. Estaba rico? Seguro que si!

xoves, 17 de novembro de 2016

We can cook!

Thursday, 17th of November 2016.

Today we made panut butter cookies. The ingredients are peanut butter, a pinch of salt, eggs, sugar, vanilla and baking soda.l
We made little balls with the mixture and then we baked the cookies. It´s very easy!
And a lot of fun!

luns, 14 de novembro de 2016

Separemos ben, reciclaremos mellor

O pasado 11 de novembro tivo lugar no CEIP Santa Eulalia de Dumbría unha sesión tipo enmarcada na Campaña "Oportunidades Galicia-Separemos ben, reciclaremos mellor", que constaba dunha charla teórica interactiva e unhas actividades prácticas: 





mércores, 2 de novembro de 2016

Galletas terroríficas de leite condensado

Outra das actividades que fixemos por Samaín foi un obradoiro de cociña. Os nenos e nenas de infantil fixemos galletas de leite condensado con formas terroríficas: cabazas, pantasmas, castelos encantados, morcegos, gorros de meigas... A forma era o de menos porque estaban terrorificamente deliciosas!

galletas terrorificas de leite condensado - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

martes, 1 de novembro de 2016

Cabazas de Samaín soltas por Dumbría

A pesar de que o Samáin so o celebramos durante unha mañá, deunos tempo para moito! Despois da interpretación de varias historias por parte do alumnado e do profesorado (xa vos falaremos delas noutro post), saímos ao dar un paseo por Dumbría para que todo o pobo puidera observar as terroríficas cabazas dos nenos e nenas do cole. Os máis pequenos deixamos as nosas cabazas na praza do concello, e os maiores levámolas á praza da igrexa. Por se algún de vós non puidéstedes ir a velas aquí vos deixamos un vídeo para que disfrutedes das auténticas marabillas que tivemos este ano. Moitas grazas familias, cada vez superádesvos máis!

martes, 25 de outubro de 2016

Pelostortos

O cole xa está listo e comezou a recibir as cabazas coas que recordamos que os nosos ancestros lle daban fin a unha época do ano. Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro había unha conexión máxica entre o mundo dos vivos e dos mortos, e as "portas" do inframundo quedaban abertas para que os mortos puideran vir á terra. As familias dos mortos colocaban nabos grandes, cabazas... e outros froitos do outono  con candeas feitas de sebo para indicarlles o camiño á súa casa onde, en moitas ocasións, os esperaban cunha cadeira valeira e o seu servizo de comida e bebida para pasar unha noite chea de fartura ao pé da lareira, xa que o lume sempre tivo un sentido máxico. 

Hoxe en día cambiaron moito os tempos, pero queremos seguir rememorando algún dos feitos que facían os nosos antepasados, mais tamén nos gusta facer moitas outras cousas a partir desta festa. Por exemplo, hoxe no noso cole, os nenos  e nenas de 5 anos quixeron interpretarlle aos máis pequenos do cole a canción de "Pelostortos". Para iso tiveron contaron cunha colaboración moi especial. Os más pequenos pasámolo xenial, e os "maiores" fixérono de DEZ. Noraboa rapaces e rapazas! 
Para que o comprovedes por vós mesmos deixámosvos aquí un anaco desta interpretación!



Ah! E por si se vos fai recoñecida esta historia, é porque hai anos a representaron algúns nen@s nun teatro de sobras no cole por Nadal, Aquí vos deixamos o vídeo para que o recordedes!

domingo, 23 de outubro de 2016

Días de sol no outono

Cando nos atopamos con días de sol e calor en outono, non podemos deixar pasar a oportunidade de saír ao patio a aprender! Os nenos e nenas de infantil estivemos, hai varios días, xogando con globos de auga. Por parellas tiñamos que pasalos e contar canto tardaban en esbourar. A verdade é que non tardaron moito! Quen ben o pasamos! 

Taller "Día de Código en tu cole - Educar para innovar"

Froito da colaboración entre o Concello de Dumbría e o Europe Direct A Coruña - Deputación da Coruña, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou hoxe, mércores 19 de outubro, na actividade "CodeWeek 2016, Semana Europea da Programación" co obradoiro "Día de código en tu cole. Educar para innovar".
O obxectivo deste obradoiro era que o alumnado traballara as súas competencias e habilidades tecnolóxicas a través dun papel activo que lles permitira adentrarse no mundo da programación.



mércores, 28 de setembro de 2016

Profesorado do curso 2016/2017

  • Dna. Alba Carril Casanova: titora de infantil A (3-4 anos).
  • Dna. Leticia Domínguez Domínguez: titora de infantil  B (5 anos).
  • D. Emma Rodríguez Hernández: titora de 1º e 2º de primaria e mestra de música.
  • D. Pedro Romero Lago: titor de 3º e 4º de primaria.
  • D. Emilio José Díaz Rodríguez: titor de 5º e 6º de primaria.
  • D. Daniel Mato Neira: mestre de Educación Física.
  • Dna. Eva María Bastón Martínez: mestra de Pedagoxía Terapeútica.
  • Dna. María Ángeles Tubío Froján: mestra de lingua estranxeira (inglés).
  • Dna. María del Carmen Amado Ceán: mestra de Audición e Linguaxe (mestra itinerante co "CEIP Praia de Quenxe" de Corcubión).
  • Dna. María Rosario Vázquez Freire orientadora (mestra itinerante co "CEIP Praia de Quenxe" de Corcubión).
  • Dna. Zoila Piñeiro Sendón: mestra de relixión (mestra itinierante co "CEIP de Vilarmide").

martes, 13 de setembro de 2016

Who is who?

Un dos últimos traballos realizados in English o anterior ano escolar foi o Who is Who?
Un traballo que realizou todo o alumnado e algúns profes do CEIP Santa Eulalia de Dumbría.  

A actividade consistía en debuxar e escribir in English sobre un mesmo, aficcións, familia, deportes...
O resto doalumnado debía de averiguar a quen pertencía ese debuxo co texto.
Esta actividade foi perfecta para fomentar a lectura e a escritura noutro idioma, ademais de incentivar a súa curiosidade e imaxinación. É incrible como se parecen algúns!
Por motivos de tempo non puidemos facer o concurso desta actividade, así que aquí vos deixo o vídeo por si hai algunha dúbida de quen é quen.

Sorte para comezar este novo ano escolar! Seguide ca mesma enerxía, traballo, creatividade, educación e sobre todo ALEGRÍA. A alegría que todo o alumnado de Dumbría ten para facer que o noso traballo sexa tan productivo e placentero.
Grazas por todo!!
Bótovos moitísimo de menos!! :(

mércores, 20 de xullo de 2016

O ollo de Horus

Non sabemos qué vai a pasar no vindeiro curso no noso cole, pero nós seguiremos  tendo moitas ganas de traballar!

Os que lle botástedes unha visual á revista "Cousiñas" (se non o fixéstedes aínda podedes vela facendo clic aquí) xa sabedes que en Infantil A estivemos a traballar o antigo exipto, e en concreto a lenda sobre "O ollo de Horus". Hoxe, despois de duras pelexas informáticas, déixovos aquí un vídeo onde vos contamos a lenda dun dos amuletos exipcios máis famosos. 

A calidade non é da mellor, e hai en partes que non se lles escoita moi ben aos nen@s, pero non vos preocupedes, que está todo subtitulado.

 Ah! E non vos perdades as tomas falsas!

luns, 11 de xullo de 2016

Cousiñas

E un ano máis aquí vos deixamos a revista "Cousiñas" deste curso, feita con moito moito traballo para achegarvos a todas as casas o que facemos ao longo de todo o ano no colexio! Imprimimos un feixe delas, e xa non quedan case ningunha no cole, así que tamén a compartimos por aquí para que chegue a todos os fogares de Dumbría e máis alá! 

xoves, 7 de xullo de 2016

Where are they?

Aínda dispoñemos de material onde se pode comprobar o que aprendemos neste cole. Aquí podemos ver o ben que se desenvolven os nenos e nenas de 3º de primaria nun idioma estranxeiro. Están preparad@s para defenderse noutro país!!
É incrible o que fan!! Calidade no rural!! Loitemos por seguir así, loitemos polos nosos rapaces e rapazas de Dumbría!!

mércores, 29 de xuño de 2016

Flores recicladas!

Houbo unha revolución que se recordará por sempre no mundo enteiro pola presencia dos caraveis. Hoxe deixámosvos aquí estas flores que os nenos e nenas de infantil A fixeron con tapóns de botellas, e esperamos que nos empurren a seguir loitando por un ensino público e de calidade para o rural.












Travelling!!

A vida é máis bonita si a vivimos cantando!! Un vídeo para demostrar que os nenos e nenas do rural son trilingües.
Loitemos para que o alumnado siga tendo unha educación de calidade!! 

martes, 28 de xuño de 2016

What do you see?

Dumbría é sinónimo de calidade. Calidade na educación. Rapaces e rapazas que aprenden tantísimo dende os 3 anos. 
Aquí podemos ver a alumnos e alumnas de 4 aniños que xa falan un idioma estranxeiro case tan ben como o seu propio.
Non perdamos este privilexio! Non perdamos o noso prestixio!
Non perdamos a oportunidade de aprender!
LOITEMOS POR UNHA ENSINANZA DE CALIDADE! VIVA O RURAL! 

Apertura do prazo de admisión de colaboradores voluntarios do comedor escolar

Dende o día 22 de xuño está colgado na cortiza de anuncios do colexio a apertura do prazo de admisión de colaboradores voluntarios nas tartefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar duranteo curso 2016/2017. 
Deste xeito aqueles pais/nais, titores/as legais ou acolledores/as familiares do alumnado matriculado no curso 2016/2017 no noso centro poderán apuntarse para este servicio. Para iso, deberán cumplimentar correctamente o formulario de adcripción que poderedes recoller no centro. O prazo de entrega de solicitudes quedará aberto ata o 11 de setembro, abrindo, se é o caso, un segundo prazo ata o 21 de decembro.

luns, 20 de xuño de 2016

If you are happy and you know it...

Aínda que polo cole estamos tendo moito traballo, sempre intentamos ter un oco para que vexades os últimos vídeos que fixeron os rapaces e rapazas antes de rematar este ano escolar.
Hoxe tócalle aos máis pequenos cantar in English. Aínda non están acostumados á cámara, pero xa o fan súper ben. 
Comprobádeo!!

venres, 17 de xuño de 2016

Os sentidos

O alumnado de cuarto estivo a traballar os sentidos, e así é como nos explican a nós como funcionan. 
Fanno estupendamente!


luns, 13 de xuño de 2016

Ximcana das Letras Galegas


Aquí vos deixamos un vídeo coas fotos do día da Ximncana das Letras Galegas. Un día moi especial onde, ademais de pasalo super ben, aprendimos un montón de cousas sobre a nosa cultura e lingua! Noraboa a tod@s os participantes, e en especial, ao grupo de gañadores e gañadoras, que compartiron a parte do botín con todo o colexio!
letras galegas - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

xoves, 2 de xuño de 2016

Xogos de sortes

Os pequenos e pequenas do cole levaron para a casa un caderno especial chamado "Xogos de sortes". Alí, axudados polas súas familias, recolleron diversos xogos de rifar en galego que posteriormente lle ensinaron aos seus compañeiros e compañeiras. 
Mirade que ben o fan! Ben é certo que algúns están algo versionados con respecto ao que escribiran nas súas casas, pero aínda así, fano xenial!
Moitas grazas familias!

luns, 30 de maio de 2016

Flores por primavera!

Aínda que case está a chegar o verán, os nenos e nenas de primeiro estiveron a realizar manualidades moi primaverais. Aquí tedes un dos seus traballos, flores realizadas con materiais de refugallo! Con tapóns de plástico fixeron diversas flores, tan diferentes unhas doutras como o son eles mesmos: moitos e poucos pétalos, grandes e pequenos, con e sen follas, con talos grosos ou finos... Non credes que coas nosas producións se represetan tamén a nosa personalidade?  Pois aquí tedes, nove nenos e nenas ben diferentes! 

mércores, 18 de maio de 2016

Hide and seek!

Cada día estou máis orgullosa destos pequenos e pequenas de 2º de primaria que tan estupendamente o fan!

Hoxe representan unha historia onde fan deles mesmos, menos Sabela que é unha mestra ben estricta, jajaja. 
Comprobade o que evolucionan día a día!

mércores, 11 de maio de 2016

Excursión a A Coruña

Aquí vos deixamos unhas cantas fotos do pasado venres, cando fumos de excurisón a A Coruña. 

Os máis pequenos do cole  (infantil e primeiro) visitamos o Aquarium Finisterrae, e coñecimos a Gastón, un tiburón! Algún tiña algo de medo por ver un bicho tan grande, pero unha vez que entramos no "Nautilus", esquecéusenos todo!
Non hai moitas fotos, porque como nos explicaron alí, os peixes non teñen pálpebras e non poden pechar os ollos se facemos as fotos con flash.

Os maiores (segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto) fixeron un montón de cousas! Visitaron o planetario e a casa do home. De seguro que aprenderon moitas cousas sobre o  universo e sobre o corpo humano.

Tamén os que foramos ao aquario nos deixaron finalmente entrar un pouquiño na Domus, porque alí nos xuntamos todo o cole para comer.

Foi un día moi especial!

martes, 10 de maio de 2016

Gynkana 2016!!

Aquí estamos, traballando a deshora para organizar o festexo das Letras Galegas de este ano 2016.

Este ano, celebraremos as Letras Galegas realizando unha Ginkana por todo o colexio con probas que os alumnos teñen que superar sobre autores homenaxeados, sobre as Letras Galegas ou sobre actividades en galego.  Ímolo pasar xenial!!

Como tod@s sabedes, este ano a persoa homenaxeada é Manuel María Fernández Teixeiro, un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega. 

Esta semana o noso colexio encherase de carteis, información, tarxetas, música ... sobre Manuel María e demais autores que foron homenaxeados no seu día.


Aquí vos deixamos un enlace por si queredes saber un pouco máis de este poeta.

A celebración da Ginkana será o mércores día 18 de maio. NON FALTEDES!!



luns, 9 de maio de 2016

Yipee! Yahoo! song

Unha das mellores maneiras de aprender un idioma estranxeiro e cantando e actúando con esa canción.
Os nenos e nenas de 1º identifican estupendamente os diferentes sentimentos grazas a esta canción.
Mirade que ben cantan e que ben expresan o que sinten!!




E si queredes escoitar a canción orixinal, pinchade no enlace e comprobade que canta mellor, jejeje

https://elt.oup.com/student/surprise/level1/songs/song5_2?cc=global&selLanguage=en

sábado, 7 de maio de 2016

Non che teño medo moucho!

Na mitoloxía galega aparece en moitas ocasións a figura do moucho como presaxio da morte, como o ser no que se transforman as meigas ou os ananos para anunciar algo malo. A valente Rosalía de Castro escribiu en "Cantares Gallegos" a seguinte copla:

"Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo:
¡Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo!"

E os nenos e nenas de primeiro como somos tan valentes como Rosalía e nada supersticiosos, decidimos facer estas carteiras con forma de moucho para que nos acompañen alá a onde vaiamos. A que nos quedaron xeniais?










xoves, 5 de maio de 2016

Garabateamos!

Dende principio de curso, os nenos e nenas de tres anos están realizando un proxecto sobre o "Garabato". Adoitamos crer que un garabato son un conxunto de liñas "sen sentido", pero realmente é algo fundamental para o posterior desenvolvemento psicomotriz dos nenos e nenas. E asegurámosvos que pode ter moitísimo sentido! E senon, xa vos ensinaremos algúns dos nosos traballos!

Como xa se vai acabando o proxecto, agora quixemos coñecer a artistas famosos que "garabateaban" para facer as súas obras de arte. Jackson Pollock foi un estadounidense moi coñecido polas súas obras abstractas, salpicando grandes candidades de pintura sobre os seus cadros. Pois a nós isto pareceunos moi divertido, e onte e quixemos ser "Jacksons Pollocks". Así de bonito nos quedou o noso traballo!


P.D.: Pedimos disculpas ás familias polos "destrozos" causados na roupa e calzado, pero é que cando nos poñemos mans á obra... non hai quen nos pare!



mércores, 4 de maio de 2016

Visita de Iago López

Hoxe no cole tivemos a gran sorte de ter connosco ao gran contacontos Iago López. Os nenos e nenas de infantil, primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria estivemos con el na biblioteca escoitando unha historia de lobos nada normais: "Feliz Feroz".

Un conto moi moi divertido, que Iago nos contou dun xeito moi especial contando coa colaboración de Iago e Raul. Moitas grazas por vir Iago!

martes, 3 de maio de 2016

VI Semana do libro

Agora si que si! Deixámosvos un vídeo resumo da nosa "VI Semana do libro".
Dende o colexio queremos agradecerlle aos contacontos e escritores e escritoras a súa presenza no cole, aprendímos moitísimo con vós e pasámolo pipa! E tamén queremos agradecerlle ás familias que nos acompañaron nesta semana para facer máis rica esta experiencia. Sodes uns valentes! 
Moitísimas grazas a tod@s!


xoves, 28 de abril de 2016

The three brothers

Aquí vos deixamos unha historia de tres irmáns que necesitan chegar ata Buddha para saber quen é o máis listo dos tres.
Unha vez máis, os maiores do cole demóstrannos o ben que se desenvolven nun idioma estranxeiro. Aprenden os comparativos e superlativos da mellor maneira: divertíndose!
Mirade que ben o fan!!

xoves, 21 de abril de 2016

Walking through the jungle

Aquí vos deixamos unha canción onde ben podedes comprobar que nuns aniños estes nenos e nenas de 1º serán ingleses.
Cada día o fan mellor!! Teñen unha pronunciación estupenda!!

mércores, 20 de abril de 2016

VI Semana do Libro: María da Pontragha e Artur Trillo

E hoxe os máis pequenos e pequenas do cole (infantil, primeiro e segundo de primaria) pasámolo pipa con María da Pontragha e Artur Trillo. Moitas grazas por acompañarnos!





Autumn Leaf