luns, 30 de novembro de 2015

EL RETO QUIMIONS!

Unha vez rematados os nosos Quimions os nenos e nenas de Infantil foron ata a farmacia de Dumbría a entregalos.
Entregaron 63 bolsas de 500 ml feitas por todo o cole e as 5 bolsiñas de 100 ml realizadas por Maika e familia.
Unha mención especial ao farmaceútico Albino por tratarnos tan ben. Os nenos e nenas atan recibiron agasallos!!
Aquí vos deixamos un vídeo cas cartas que lles escribimos aos nenos e nenas do hospital materno da Coruña e tamén ca nosa visita á farmacia de Dumbría.
ESTIVEMOS ENCANTADOS DE PARTICIPAR NESTE GRAN RETO!!!

domingo, 29 de novembro de 2015

RETO CONSEGUIDO!!

O CEIP Santa Eulalia de Dumbría elaborou 63 Quimions para cubrir os soros dos nenos e nenas do hospital materno que non están pasando por un momento doado.
Esperamos darlles unha pequena alegría e que mostren un sorriso grazas a nós. 
Foi todo un pracer axudar nesta gran iniciativa!!
Noso colexio sempre estará disposto a axudar!!
RETO QUIMIONS CONSEGUIDO!!

QUIMIONS 4º de primaria

É para rematar co noso Reto deixamósvos un vídeo chulísimo das nenas e do neno de 4º de primaria levando a cabo a elaboración dos seus Quimions.
Tamén podedes ver as fotos dos rapaces de Infantil B cos dous Quimions que realizaron entre toda a clase.
Enjoy it!






xoves, 26 de novembro de 2015

As dúas Marías

Para celebrar o día 25 de novembro no que se recordan as persoas vítimas da violencia de xénero, os nen@s de segundo curso recuperamos a historia das "dúas Marías" ou  das "Dúas en Punto", que así era como as chamaban en Santiago.
Estas  irmás, que realmente eran tres, sufriron o maltrato e abuso das autoridades da época da Guerra Civil, por pensar e ser diferentes.
Para concienciar aos nen@s vimos uns vídeos coa súa historia (podedes velos aquí e aquí) e fixemos un mural conmemorativo, coa esperanza de que ningunha muller máis sexa vítima de maltrato ou abuso.





Non máis violencia de xénero!



O dia 25 de novembro  conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e os nen@s de 4º de Primaria traballamos o respeto das liberdades e a valoración persoal.  
Falamos sobre a violencia de xénero e a importancia de ter tolerancia 0  ante situacións de este estilo. Dende a aula recitamos este poema adicado a todas esas persoas que sufriron ou están a sufrir situación de abuso. Dende aquí moita forza e tolerancia 0. 


martes, 24 de novembro de 2015

Quimions de 5º e 6º de primaria!!

Seguimos co reto!! Os maiores tamén fixeron os seus Quimions!!
Todo o colexio está desexando que os nenos e nenas do hospital materno de A Coruña reciban os seus Quimions e as súas cartas.
Xa queda pouco!!

Quimions de primeiro!

E aquí vos deixamos os quimions que fixeron os nenos e nenas de primeiro! Estamos deseoxos de que cheguen xa aos seus destinatarios!

luns, 23 de novembro de 2015

FESTA RETO QUIMIONS

Ola a tod@s!!
Esta entrada é para informar a todos os pais, nais ou familiares do alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría.
Como ben sabedes estamos a participar no "Reto Quimions", o cal trata de elaborar unhas bolsiñas con debuxos infantís para cubrir os soros dos nenos e nenas sometidos a tratamentos de oncoloxía. O obxectivo é cambiar a mirada destos pequenos que viven momentos difíciles de saúde.
Pois ben, Patricia Campos García, a creadora deste reto, quer agradecer a solidariedade de todos os nos@s nen@s que participaron neste reto, polo que está preparando unha festa especial en Coruña para o 20 de decembro no Recinto Ferial de Expo Coruña en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
Ese día haberá:
- inchables para diferentes idades, talleres variados: Pumping Clay, Tatoos, pintacaras, pulseiras, marcapáxinas, postais, adornos navideños...
- cine.
- rincón interactivo zona WII
- xogos xigantes.
- animación.
- ludoteca infantil.
- espectáculo musical con La Guagua.
- zumba kids.
- mascotas.
- photocall...
e moitas sorpresas máis.
O acceso será exclusivo con invitación (familiar para 4 persoas) e é imprescindible que os nen@s estean acompañados por adultos.
A prioridade será para os nosos nenos e nenas do cole por colaborar na elaboración dos Quimions.
Só necesitades ensinar unha foto do nen@ co seu Quimions ou o vídeo onde apareza neste blog.
Así que, si estades interesados en asistir comunicalo neste teléfono:
639 393 392. Animádevos!! Xa estaremos de vacacións, e os rapaces do Santa Eulalia ben merecen unha festa como esta!! A pena é que non sexa máis cerquiña!!
Esperamos que dende aquí haxa moita difusión e que vos reunades moitos adultos dumbrieses cos seus nen@s.
Todo traballo ten a súa recompensa! Así da gusto!!



venres, 20 de novembro de 2015

Quimions Infantil A

E hoxe deixámosvos aquí outro vídeo de bolsiñas de quimions. Nesta ocasión os nenos e nenas de infantil A colaboraron con moitooo amor na realización e na elección das bolsiñas dos quimions. Estánb moi emocionados coa actividade, e incluso estamos pensando ir a depositalas na farmacia. Que por certo! Para os que sodes de Dumbría ou de preto, que sepades que a farmacia de Dumbría tamén recolle os quimions! Que ben!!

Taekwondo!

Hoxe comezaron no cole as clases de Taekwondo organizadas pola ANPA do cole. Foi unha clase na que aprenderon as normas e xa algunha que outra palabra en Coreano. Aquí vos deixamos unhas fotiños da clase, aínda que non nos quedamos a toda para non molestar! Seguro que de aquí sale algún gran deportista!!














xoves, 19 de novembro de 2015

Colares de macarróns!

Onte á tarde estivemos a facer uns preciosos colares con macarróns. Pero teñen unha longa historia, non vaiades a pensar que son uns colares calquera! Diso nada!

Son colares que nos axudan cos nosos sentimentos. Todo este trimestre estivemos a traballar as emocións a través do conto "O Monstro de cores", un conto moi divertido que nos axuda a coñecernos un pouquiño máis, e que relacionada cada sentimento cunha cor. O monstro acaba metendo as cores en frascos, para non volver a acabar feito un lio. Nós tamén o quixemos facer, e temos os nosos frascos de cristal en clase con "auga de cores". E coa "auga" que nos sobrou metimos macarróns, para ver qué pasaba. E sabedes que? Cambiaron de cores! Agora tiñamos macarróns vermellos, rosas, amarelos, verdes, azuis e negros!


 Deste xeito, os nosos colares son "máxicos" según á cor que teñan. Se levan macarróns verdes, vai a darnos calma; se leva macarróns amarelos, vainos a dar ledicia; os macarróns negros alonxarán de nós o medo; o vermello axudanos a non enfadarnos; os azuis farán que a tristeza non chegue a onde nós; e os rosas... chaman ao amor ou axúdalle a quedarse con nós. 

A verdade é que moitos de nós fixemos os colares coa cor que máis preto tiñamos, ou coa nosa cor favorita, máis o importante é saber dos seus "poderes máxicos". 



















Feros corvos do Xallas

Xa fai que os nenos e nenas de segundo escribiron este poema para decorar o corredor do primeiro piso: Feros corvos do Xallas, de Eduardo Pondal.
 E ademais, para decorar, fixeron estes preciosos corvos. Están xenial! 
Como non se ve moi ben o fragmento do poema que escribiron, aquí volo deixamos.



Feros corvos do Xallas
que vagantes andás
en salvaxe compaña
sin hoxe nin mañán
Quen poidera ser o voso compañeiro.


mércores, 18 de novembro de 2015

Carmen, Carmiña, Carmela.

Hoxe deixámosvos por aquí un vídeo que xa ten un par de aniños!

 Nenos e nenas de segundo de primaria que interpretaron xa fai tempo unha muiñeira corrida. Dende aquí aproveitamos para saudar a un dos nenos que sae no vídeo e que xa non está no cole. Botámoste de menos Eloy!!

P.D.:Como pasa o tempo!


martes, 17 de novembro de 2015

QUIMIONS 3º de primaria

Hoxe tócalle aos nenos e nenas de 3º de primaria sumarse ao reto dos Quimions. As súas cartas e bolsas de soro para os rapaces e rapazas do hospital materno da Coruña xa están listas. Quedaron moi bonitas!!
Esperamos sacarlles un gran sorriso a esos pequenos e pequenas que non están pasando por un bo momento!
Moitos abrazos, saúdos e kisses dende Dumbría!!

luns, 16 de novembro de 2015

Ten big dinosaurs song

Os nenos e nenas de 1º curso bailan "Ten big dinosaurs song" in English.
Fanno requeteben, aínda que ó ver a cámara ponse moi tímidos e non bailan nin cantan como en realidade o fan. Pouquiño a pouco irán acostumándose.
Perdoade pola voz da cantante, jejejeje, pero é que mentres non perdan a vergoña hai que animalos a cantar.
Disfrutade do seu primer vídeo!!

xoves, 12 de novembro de 2015

QUIMIONS

Como moitos de vós xa sabedes, o colexio Santa Eulalia de Dumbría está participando no Proxecto Quimions, el Reto, o cal trata de facer que as bolsas de soros para nenos e nenas sometidos a tratamentos de oncoloxía se cubran de debuxos infantís  elixidos por eses mesmos rapaces.

O obxectivo final é intentar que o tratamento da quimioterapia e a estancia no hospital sexa o máis levadeiro posible para estes pequenos. Cubrindo  estas bolsas de soro con outras de feltro con algún debuxo infantil, os nenos e nenas poderanse distraer e olvidar por un momento a súa enfermidade.

No colexio pareceunos unha gran idea, e como non, puxémonos mans á obra.
Comezou o profe Pedro co seu alumnado de 2º de primaria. Hai que dicir que non é nada doado para uns nenos tan pequenos, pero eles fixeron todo o posible.

Aquí vos deixamos un vídeo destes gran artistas que o único que queren é un sorriso duns nenos que non están a pasar un bo momento.

Dende aquí queremos dar as grazas a Maika, a nai de Yanira e Carlitos, xa que foi a pioneira na nosa zona desta gran idea. GRAZAS!!

Dende o colexio animamos a toda a xente que nos sigue a realizar estas bolsas para os nenos do hospital materno infantil de A Coruña.


Esperamos que esta iniciativa continúe en moitos máis hospitais!!

mércores, 11 de novembro de 2015

Magosto

E aquí vos deixamos unhas cantas fotos do magosto. Foi un día moi especial, mais botamos de menos que non puideran vir os que xa estades no instituto!  Sen vós non foi o mesmo...Pero non vos preocupedes... intentaremos argallar algo para que poidades visitarnos noutra ocasión. 

Moitísimas grazas a todos os que nos axudastedes con esta celebración, en especial á "castañeira de honra" por vir a pesar de que xa non traballa aquí, aos papás e mamás que estivestedes "ao pé do lume" e conseguístedes que as castañas estiveran ben saborosas, e en xeral a tod@s os que nos acompañástedes!

En canto aos nenos e nenas do cole, pasárono pipa xogando á castaña mareada, a tira da corda, a saltar cos zancos e en sacos... e o mellor de todo, foi despois, os zumos e as castañas! Hmmmmmm! 

Xa nos tarda o vindeiro magosto!




sábado, 7 de novembro de 2015

xoves, 5 de novembro de 2015

Aviso importante

As previsións metereolóxicas prognostican que mañá non estará un bo día, e o patio non estará en condicións para a celebración do Magosto. 
Por iso, imos aplazalo ata o vindeiro luns, que as predicións son algo mellores. Así que, se aínda non trouxestedes rachóns nin castañas, esperade ata a próxima semana. A ver se temos mellor sorte! 

domingo, 1 de novembro de 2015

Achégase o Magosto!

E como en Dumbría somos moi festeiros, se o tempo o permite o vindeiro venres celebraremos o magosto. Por iso vos pedimos que vaiades traendo algunhas castañas xa picadas e algúns rachóns.



Aproveitamos este día para invitarvos a todos a achegarvos ao centro, sobre todo a antigos compañeir@s e antigos alumn@s: temos moitas ganas de vervos!

E por certo, recordámosvos que mañá luns é festivo, non vaiades vir ao cole que nós non imos estar! Podedes aproveitar para ir dar un paseo polo monte e buscar as castañas e os rachóns!

Día do medo

Tal e como din en Que pasa na costa? o colofón do noso Samaín foi o pasado xoves: un día de auténtico terror, onde tanto nenos e nenas coma mestres fixemos delicias da interpretación para facer pasar medo ou noxo aos demais.

Comezou o alumnado de 3º, facéndolle un conxuro aos máis pequenos do cole: infantil, primeiro e segundo. Daban moito noxo os ingredentes pero o resultado final estaba exquisito! E esas meigas e bruxos agasallaron ao alumnado cuns chupas!

Co mesmo publico, foi o momento dos nenos e nenas de 5º, que interpretaron de xeito maxestrual o conto "Bóla de Manteiga", unha historia dunha bruxa horrible que leva unha cabeza debaixo do brazo e que come nenos!

Os nenos e nenas de infantil marcharon, pero a aula do terror continuou creando historias. Foi o momento do alumnado de 4º de primaria, que lles interpretou a historia titulada "Baile de disfraces" ao alumnado de 3º, 5º e 6º. Unha historia baseada nunha avoa que está no hospital e que ten amigos imaxinarios.

Xusto despois, o alumnado de 5º e 6º interpretaron "1,2,3 aquí estou outra vez", unha historia de un terrible monstruo verde, que nos fixo tremer de medo.

E antes de sair ao recreo, os nenos e nenas de , vestidos de auténticos zombies, bailaron a coñecida canción  "Mi novio es un zombie". Fixérono xenial! 

Menudos actores, bailaríns e artistas que temos neste colexio!!


Despois dun merecido descanso, 3º, 4º, 5º e 6º, volveron á aula do terror, onde nesta ocasión seríamos os mestres actores e actrices.
En primeiro lugar, a profe Emma contou unha historia dun pallaso terrorífico accidentado e unha nena desaparecida, onde grazas aos "efectos especiais" e as personaxes que por alí aparecían o medo foi medrando na aula do terror. Continuaron, Bea, Emma, Álex, Dani e Alba participando nunha historia de dúas atrevidas rapazas que baixaban a unhas catacumbas. Foi horrible!  Mais estivemos tan ocupados que desta historia nin sequera tivemos tempo a sacar fotos.

Pola tarde quixeramos levar as cabazas polas prazas de Dumbría, máis o tempo non nolo permitiu, así que despois de repartir os caramelos que nos trouxeron dende o concello, fumos a ver dúas películas: os máis pequenos vimos "Hotel Transilvania" e os maiores "La novia cadáver". 

Foi un día de tolos... e para mostra, un video!



samain2 - Kizoa Movie Maker
Autumn Leaf