Tal e como din en Que pasa na costa? o colofón do noso Samaín foi o pasado xoves: un día de auténtico terror, onde tanto nenos e nenas coma mestres fixemos delicias da interpretación para facer pasar medo ou noxo aos demais.
Comezou o alumnado de 3º, facéndolle un conxuro aos máis pequenos do cole: infantil, primeiro e segundo. Daban moito noxo os ingredentes pero o resultado final estaba exquisito! E esas meigas e bruxos agasallaron ao alumnado cuns chupas!
Co mesmo publico, foi o momento dos nenos e nenas de 5º, que interpretaron de xeito maxestrual o conto "Bóla de Manteiga", unha historia dunha bruxa horrible que leva unha cabeza debaixo do brazo e que come nenos!
Os nenos e nenas de infantil marcharon, pero a aula do terror continuou creando historias. Foi o momento do alumnado de 4º de primaria, que lles interpretou a historia titulada "Baile de disfraces" ao alumnado de 3º, 5º e 6º. Unha historia baseada nunha avoa que está no hospital e que ten amigos imaxinarios.
Xusto despois, o alumnado de 5º e 6º interpretaron "1,2,3 aquí estou outra vez", unha historia de un terrible monstruo verde, que nos fixo tremer de medo.
Xusto despois, o alumnado de 5º e 6º interpretaron "1,2,3 aquí estou outra vez", unha historia de un terrible monstruo verde, que nos fixo tremer de medo.
E antes de sair ao recreo, os nenos e nenas de 2º, vestidos de auténticos zombies, bailaron a coñecida canción "Mi novio es un zombie". Fixérono xenial!
Menudos actores, bailaríns e artistas que temos neste colexio!!
Despois dun merecido descanso, 3º, 4º, 5º e 6º, volveron á aula do terror, onde nesta ocasión seríamos os mestres actores e actrices.
En primeiro lugar, a profe Emma contou unha historia dun pallaso terrorífico accidentado e unha nena desaparecida, onde grazas aos "efectos especiais" e as personaxes que por alí aparecían o medo foi medrando na aula do terror. Continuaron, Bea, Emma, Álex, Dani e Alba participando nunha historia de dúas atrevidas rapazas que baixaban a unhas catacumbas. Foi horrible! Mais estivemos tan ocupados que desta historia nin sequera tivemos tempo a sacar fotos.
Pola tarde quixeramos levar as cabazas polas prazas de Dumbría, máis o tempo non nolo permitiu, así que despois de repartir os caramelos que nos trouxeron dende o concello, fumos a ver dúas películas: os máis pequenos vimos "Hotel Transilvania" e os maiores "La novia cadáver".
Foi un día de tolos... e para mostra, un video!
samain2 - Kizoa Movie Maker
Ningún comentario:
Publicar un comentario