xoves, 19 de novembro de 2015

Colares de macarróns!

Onte á tarde estivemos a facer uns preciosos colares con macarróns. Pero teñen unha longa historia, non vaiades a pensar que son uns colares calquera! Diso nada!

Son colares que nos axudan cos nosos sentimentos. Todo este trimestre estivemos a traballar as emocións a través do conto "O Monstro de cores", un conto moi divertido que nos axuda a coñecernos un pouquiño máis, e que relacionada cada sentimento cunha cor. O monstro acaba metendo as cores en frascos, para non volver a acabar feito un lio. Nós tamén o quixemos facer, e temos os nosos frascos de cristal en clase con "auga de cores". E coa "auga" que nos sobrou metimos macarróns, para ver qué pasaba. E sabedes que? Cambiaron de cores! Agora tiñamos macarróns vermellos, rosas, amarelos, verdes, azuis e negros!


 Deste xeito, os nosos colares son "máxicos" según á cor que teñan. Se levan macarróns verdes, vai a darnos calma; se leva macarróns amarelos, vainos a dar ledicia; os macarróns negros alonxarán de nós o medo; o vermello axudanos a non enfadarnos; os azuis farán que a tristeza non chegue a onde nós; e os rosas... chaman ao amor ou axúdalle a quedarse con nós. 

A verdade é que moitos de nós fixemos os colares coa cor que máis preto tiñamos, ou coa nosa cor favorita, máis o importante é saber dos seus "poderes máxicos". 



















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf