Como moitos de vós xa sabedes, o colexio Santa Eulalia de Dumbría está
participando no Proxecto Quimions, el Reto, o cal trata de facer que as bolsas
de soros para nenos e nenas sometidos a tratamentos de oncoloxía se cubran de
debuxos infantís elixidos por eses
mesmos rapaces.
O obxectivo final é intentar que o tratamento da quimioterapia e a estancia
no hospital sexa o máis levadeiro posible para estes pequenos. Cubrindo estas bolsas de soro con outras de feltro con
algún debuxo infantil, os nenos e nenas poderanse distraer e olvidar por un
momento a súa enfermidade.
No colexio pareceunos unha gran idea, e como non, puxémonos mans á obra.
Comezou o profe Pedro co seu alumnado de 2º de primaria. Hai que dicir que
non é nada doado para uns nenos tan pequenos, pero eles fixeron todo o posible.
Aquí vos deixamos un vídeo destes gran artistas que o único que queren é un
sorriso duns nenos que non están a pasar un bo momento.
Dende aquí queremos dar as grazas a Maika, a nai de Yanira e Carlitos, xa
que foi a pioneira na nosa zona desta gran idea. GRAZAS!!
Dende o colexio animamos a toda a xente que nos sigue a realizar estas
bolsas para os nenos do hospital materno infantil de A Coruña.
Esperamos que esta iniciativa continúe en moitos máis hospitais!!
Encántame ver o voso traballo, sodes xeniais, seguide así.Sabedes que con este xesto voso feito con tanta alegría ideslle dar parte desa alegría a moitos nenos que o precisan.
ResponderEliminarGrazas polo teu comentario. Anímanos moito a seguir traballando no blog!
ResponderEliminarOs nenos e nenas do cole están encantados con esta idea! Saúdos!!