sábado, 30 de novembro de 2013

Os xirasois

Os pequenos do cole estiveron estudando algo de arte! Como vedes son uns auténticos artistas e fano case tan ben como V. Van Gogh. A verdade e que este autor ten un nome moi difícil, e por iso eles cando eles queren referirse a el chámano como "o señor da orella", xa que lles chamou moito a atención que a cortara. Que vos parecen? A que o fixeron super ben?


mércores, 27 de novembro de 2013

martes, 26 de novembro de 2013

MUSICAL BEAUTY AND THE BEAST

Os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo, fomos hoxe á cidade da Coruña a ver o musical Beauty and the Beast.

Gracias a Fabián, que foi escollido para interpretar a un dos axudantes da Bestia, e o fixo fenomenal o cole tivo un papel destacable no transcurso da obra.




Así mesmo, aproveitamos a visita para coñecer a Torre de Hércules e subir a este fermoso faro romano.

Por último, comemos nun centro comercial e adicamos o tempo libre a facer algunhas compras.

Pasámolo xenial!!!

mércores, 20 de novembro de 2013

Outono en infantil A

Os nenos e nenas de infantil A estivemos facendo estas árbores outonais. Para iso escollemos as cores do outono, e con cortizas fixemos as follas da árbore: nas pólas, no chan, caendo... e algún ata parece que o aire as puxo a voar! 
Como vedes na última foto fáltanos un oco... e a verdade é que votamos en falta a Naiara, que leva uns días pachucha! Esperamos que te recuperes pronto e poidas vir facer esta árbore connosco e moitas outras cousas!!


xoves, 14 de novembro de 2013

Muiñeira corrida

Como hoxe é "día de celebración" en Infantil A estivemos aprendendo a bailar a muiñeira corrida. Pasámolo en grande!! 

mércores, 13 de novembro de 2013

NOVA MOI IMPORTANTE!

Ola a tod@s!! Por mor das predicións metereolóxicas, vémonos "na obriga" de adiantar o MAGOSTO para mañá XOVES. Esperamos que disculpedes os trastornos que poida ocasionar e, por favor, difundide a nova aos vosos compañeir@s para que todo o mundo se entere!
Vémonos mañá!!



Collage!

En Infantil B divertímonos coas froitas facendo divertidos collages, con plátanos, laranxas, mazás, kiwi...

Cociña tenebrosa.

Os nenos e nenas de cinco anos estivemos a preparar personaxes e outras cousas do Samaín partindo de alimentos cotiás. Que chulos nos quedaron!

Micoloxía en Dumbría!

Os nenos e nenas de infantil adéntranse no mundo dos cogumelos, manipulando "Boletus Edulis", "Boletus Erithropus" e "Níscalos".

martes, 12 de novembro de 2013

The Rainbow Colors Song

Os nenos e nenas de infantil A interpretan "The Rainbow Colors Song". Que vos parece?

Saben moitísimo inglés!

We miss you teacher!

sábado, 9 de novembro de 2013

Achégase o magosto!

O vindeiro venres, se o tempo o permite (e según as predicións de meteogalicia así será...) celebraremos no cole o xa tradicional magosto!  Como xa sabedes as portas do centro estarán abertas para todos os que nos queirades acompañar nesta celebración! Xa sabemos que moitos ex-alumn@s estiveron chamando ao cole para saber cando ía ser... así que agora xa o sabedes! De todos modos, estade atentos ao blog por se o tempo cambia (que aquí nunca se sabe...) e tiveramos que suspendelo.
Vémonos no patio do colexio!!

xoves, 7 de novembro de 2013

Buscamos mascota!

Como o oídes! Dende a biblioteca están a buscar unha nova mascota para este curso! Así, cada neno e nena do cole poderá deseñar a mascota que imaxina para a nosa biblioteca e, se quere, poñerlle un lema. Aquí temos a mascota gañadora do ano pasado, "Milucho, el gato que lee mucho", de Alicia! 

Ademais dende a biblioteca xa está posta en marcha a "Mochila viaxeira". Como por agora os libros non teñen ás para poder chegar as vosas casas, dende a biblioteca énchense oito mochilas con libros en distintos idiomas para que os poidades disfrutar en familia. Esperemos que disfrutedes moito con esta actividade!!



domingo, 3 de novembro de 2013

A casa da Mosca Chosca

E aquí temos os actores e actrices de sexto de infantil interpretando... A CASA DA MOSCA CHOSCA

O gran público de infantil A que viu a obra estivo encantando! E a vós, que vos parece? Están xenial!!

Terceira tarde de Samaín.

Foi na tarde do mércores cando os nenos e nenas do segundo ciclo puideron ver en inglés a película "Hotel Transilvania". 

Aquí deixámosvos  unhas fotos xerais de como estivo adornado todo o colexio durante estes días! 



Dende aquí queremos aproveitar para agradecer a todos os nen@s e as súas familias polas terroríficas cabazas que achegaron ata a escola. Estiveron xeniais! Agora toca poñelas na casa e celebrar por todo o alto esta data.

Pero...por se algún anda ainda algo despistado... aquí vos deixamos un enlace para que coñezades algo máis esta festa!

Funny pumpkins!

Aquí vos deixamos algo máis do feito estes días no cole, pero nesta ocasión é de "Halloween". Os nenos e nenas de primeiro interpretan a canción "Funny pumpkins". A que o fan xenial? E que ben falan inglés!!
Autumn Leaf