Os nenos e nenas de infantil A estivemos facendo estas árbores outonais. Para iso escollemos as cores do outono, e con cortizas fixemos as follas da árbore: nas pólas, no chan, caendo... e algún ata parece que o aire as puxo a voar!
Como vedes na última foto fáltanos un oco... e a verdade é que votamos en falta a Naiara, que leva uns días pachucha! Esperamos que te recuperes pronto e poidas vir facer esta árbore connosco e moitas outras cousas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario