Foi na tarde do mércores cando os nenos e nenas do segundo ciclo puideron ver en inglés a película "Hotel Transilvania".
Aquí deixámosvos unhas fotos xerais de como estivo adornado todo o colexio durante estes días!
Dende aquí queremos aproveitar para agradecer a todos os nen@s e as súas familias polas terroríficas cabazas que achegaron ata a escola. Estiveron xeniais! Agora toca poñelas na casa e celebrar por todo o alto esta data.
Pero...por se algún anda ainda algo despistado... aquí vos deixamos un enlace para que coñezades algo máis esta festa!
Os pais cada vez son máis creativos e participativos, sen eles non poderiamos levar a cabo tantas actividades e de tan boa calidade
ResponderEliminar