martes, 25 de outubro de 2016

Pelostortos

O cole xa está listo e comezou a recibir as cabazas coas que recordamos que os nosos ancestros lle daban fin a unha época do ano. Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro había unha conexión máxica entre o mundo dos vivos e dos mortos, e as "portas" do inframundo quedaban abertas para que os mortos puideran vir á terra. As familias dos mortos colocaban nabos grandes, cabazas... e outros froitos do outono  con candeas feitas de sebo para indicarlles o camiño á súa casa onde, en moitas ocasións, os esperaban cunha cadeira valeira e o seu servizo de comida e bebida para pasar unha noite chea de fartura ao pé da lareira, xa que o lume sempre tivo un sentido máxico. 

Hoxe en día cambiaron moito os tempos, pero queremos seguir rememorando algún dos feitos que facían os nosos antepasados, mais tamén nos gusta facer moitas outras cousas a partir desta festa. Por exemplo, hoxe no noso cole, os nenos  e nenas de 5 anos quixeron interpretarlle aos máis pequenos do cole a canción de "Pelostortos". Para iso tiveron contaron cunha colaboración moi especial. Os más pequenos pasámolo xenial, e os "maiores" fixérono de DEZ. Noraboa rapaces e rapazas! 
Para que o comprovedes por vós mesmos deixámosvos aquí un anaco desta interpretación!



Ah! E por si se vos fai recoñecida esta historia, é porque hai anos a representaron algúns nen@s nun teatro de sobras no cole por Nadal, Aquí vos deixamos o vídeo para que o recordedes!

domingo, 23 de outubro de 2016

Días de sol no outono

Cando nos atopamos con días de sol e calor en outono, non podemos deixar pasar a oportunidade de saír ao patio a aprender! Os nenos e nenas de infantil estivemos, hai varios días, xogando con globos de auga. Por parellas tiñamos que pasalos e contar canto tardaban en esbourar. A verdade é que non tardaron moito! Quen ben o pasamos! 

Taller "Día de Código en tu cole - Educar para innovar"

Froito da colaboración entre o Concello de Dumbría e o Europe Direct A Coruña - Deputación da Coruña, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou hoxe, mércores 19 de outubro, na actividade "CodeWeek 2016, Semana Europea da Programación" co obradoiro "Día de código en tu cole. Educar para innovar".
O obxectivo deste obradoiro era que o alumnado traballara as súas competencias e habilidades tecnolóxicas a través dun papel activo que lles permitira adentrarse no mundo da programación.



Autumn Leaf