venres, 3 de xullo de 2015

Cousiñas


Despois de pelexarme durante días co ordenador... por fin podedes ver a revista do cole tamén na rede! Aquí está para que a poidades disfrutar tod@s!
Na revista en papel, tedes que disculpar que hai un par de erros "de imprenta" nas primeiras páxinas, xa que non logra a lerse todo o que pon... pero podedes lela por completo nesta versión "on-line". Que a disfrutedes!!
-Alba-.

mércores, 1 de xullo de 2015

Excursión a Berdeogas

O prometido é débeda! E como non nos gusta ter débedas con ninguén nin en vacacións...aquí vos deixamos a montaxe coas fotos da excursión a Berdeogas no último día de cole. Foi un día moi divertido, no que fixemos motísimas cousas... pero os pequenos o que máis fixeron foi encherse de terra por subir e baixar polas costas!! Xa nos tarda volver a esa espléndida carballeira!


Autumn Leaf