sábado, 20 de xuño de 2015

Eu non sei

“Eu non sei onde o río vai morrer, a onde fuxe o sol. Non sentín o lume adormecer de noite ao teu carón. Non me importa a xente cando ti camiñas xunto a min, só mira os meus ollos bailando...
Eu non sei cando a morte me ha levar, cando vira por min, mais a túa beira me terás mirándote durmir. Non lle temo a tempo se ti me levas da túa man, só mira os meus ollos bailando..."

Eu non sei porque os Tromentelos decidiron gravar esta peza. Pero dende logo creo que é unha fermosa canción de amor. Quizais eles pensaban no amor entre unha muller e un home, ou entre dous homes ou dúas mulleres. Pode, incluso, que pensaran no amor dunha nai e o seu fillo, no amor duns irmáns, ou dun avó e a súa neta. Máis coido que non se lles deu por pensar no amor que pode sentir unha mestra polos seus alumn@s , ou estes por ela.  Espero que vos guste este vídeo con fotos de fin de curso, no que a banda sonora que o acompaña ten moito que dicir. Porque, a verdade, é que sinto un amor irracional polos meus pequenos.

 E si, xa vos boto de menos!

domingo, 14 de xuño de 2015

Un gato na árbore

Os nenos e nenas de primeiro ciclo que asisten a Atención Educativa representan unha adaptación do conto "Un gato na árbore". Levounos moito tempo facelo, porque todos e todas nós coloreamos os nosos personaxes para poder levalos para casa e contarlles esta historia aos nosos familiares e coñecidos. Esperamos que vos guste!

xoves, 11 de xuño de 2015

mércores, 10 de xuño de 2015

Bear attack 3!!

3rd grade are acting in three same stories of "Bear Attack" with different characters. 

The fire fighters 3

Por terceira e última vez os espléndidos nenos e nenas de 2º curso interpretan "the fire fighters". It's a great story with excellent children!! They love speaking in English, and I love them!!

Bear attack2!

Another story about a bear and more animals at the nature park. Listen to the excellent children of 3rd grade. Fantastic!!

One little finger song.

Os pequeniñ@s tamén sabemos English!! Aquí vai unha pequena demostración, aínda que o facemos moito mellor sen a presión da cámara :) kisses!!

The school fête

O alumnado de cuarto de primaria interpreta "The school fête" in English. 
 These sandwiches are delicious!

Excursión por Dumbría!

O venres 29 de maio fomos visitar as sete parroquias de Dumbría,  acompañad@s por Ana e Ada, as guías do Concello.
A visita empezou aquí no colexio, na parroquia de Dumbría. Logo fomos visitar o cemiterio de cores, onde nos explicaron que estaba baseado nun cadro dun pintor francés. Posteriormente chegamos a Berdeogas, onde visitamos a igrexa e a carballeira.
Logo fomos a Olveira e Olveiroa e comemos en Vilafernández, ao lado do embalse. Encantounos!!!!. Tamén alí xogamos un ratiño despois de comer.
Ao remate da comida saimos no bus rumbo a Buxantes, onde vimos o albergue de peregrinos e entramos nel. A cada peregrino que atopabamos berrábamoslle:bo camiño!. Aínda nos rimos un cacho.
Para rematar fomos á fervenza do Ézaro e a visitar a granxa da nosa  compañeira María na parroquia de Salgueiros onde nos tiña reservada unha sorpresiña para coller forzas.
 Voltamos ao colexio ás 4.30 moi cansados e contentos.


luns, 8 de xuño de 2015

Xubilación Pepita


Aquí vos deixamos unha nova de "La Voz de Galicia", que se fai eco da celebración que tivemos o vindeiro sábado, na que moitos compañeir@s e ex-compañeir@s do cole tivemos un xantar no que celebramos a xubilación da nosa compañeira Pepita

So se recollen unhas pequenas imrpesións, pero a verdade é que foi un día moi especial para tod@s, e sobre todo para ela.





venres, 5 de xuño de 2015

Nasreddin and the pot

O alumnado de sexto de primaria interpreta por segunda vez "Nasreddin and the pot". They are very funny!! ha ha ha 

Excursión de 5º e 6º

Ola a tod@s! Esta é unha entrada moi especial, xa que recollemos un vídeo cos mellores momentos da excursión da pasada semana. Aínda non fai nin sete días que volvimos, e xa parece que pasou unha eternidade... Así que para que a ningún de nós se nos esquezan algunhas das cousas que pasaron, as profes fixeron este vídeo, e así os demais podedes tamén disfrutar vendo cousiñas que fixemos. Esperamos que vos guste e que vos riades tanto como nós. 

Dende aquí queremos aproveitar para darlle as GRAZAS ao CONCELLO DE DUMBRÍA  e a FERROATLÁNTICA, por axudarnos a que esta ilusión destes nenos e nenas fose máis doada. MIL GRAZAS tamén as FAMILIAS que nos puxéstedes as cousas moi fáciles, e agora vós xa sabedes que por estar uns días sen os cativ@s non pasa nada. 

A disfrutar do vídeo, aínda que é algo longo! 



Trabalinguas!

Aquí vos deixamos un vídeo no que salen os nenos e nenas de infantil B recitando trabalinguas que trouxeron ao cole! Moitas grazas familias! A que o fan estupendo? E mirade que non son nada fáciles!!


xoves, 4 de xuño de 2015

Bear attack!!

 O fantástico alumnado de terceiro de primaria interpreta "Bear attack!". Unha historia sobre animais e un oso moi extraño. They are wonderful speaking in English!! Check it out!


The science museum

Os nenos e nenas de cuarto de primaria interpretan "The science museum". It´s a really interesting museum! 

mércores, 3 de xuño de 2015

The fire fighters

Os nenos e nenas de segundo representan  a mesma historia "The fire fighters" pero con diferentes personaxes.
They are fantastic!!

Nasreddin and the pot.

O alumnado de sexto de primaria representa Nasreddin and the pot. It was a fantastic story!! the children are lovely!!

martes, 2 de xuño de 2015

Amargo, ácedo, doce, ou salgado?

Como estamos a traballar o corpo, xa fai uns cantos días probamos alimentos cos catro sabores básicos: o cafe (descafeinado!) amargo, o limón ácedo, o azucre doce e unhas galletas salgadas. Tamén houbo quen quixo facer mesturas... e a pesar de que dicían que estaban saborsas... as súas caras non dicían o mesmo!

luns, 1 de xuño de 2015

the fire fighters

Xa estamos aquí!! así que comenzamos cun novo vídeo in English dos nenos e nenas de 2º de primaria. They are excellent!! I am really proud of them!!

Autumn Leaf