Ola a tod@s! Esta é unha entrada moi especial, xa que recollemos un vídeo cos mellores momentos da excursión da pasada semana. Aínda non fai nin sete días que volvimos, e xa parece que pasou unha eternidade... Así que para que a ningún de nós se nos esquezan algunhas das cousas que pasaron, as profes fixeron este vídeo, e así os demais podedes tamén disfrutar vendo cousiñas que fixemos. Esperamos que vos guste e que vos riades tanto como nós.
Dende aquí queremos aproveitar para darlle as GRAZAS ao CONCELLO DE DUMBRÍA e a FERROATLÁNTICA, por axudarnos a que esta ilusión destes nenos e nenas fose máis doada. MIL GRAZAS tamén as FAMILIAS que nos puxéstedes as cousas moi fáciles, e agora vós xa sabedes que por estar uns días sen os cativ@s non pasa nada.
A disfrutar do vídeo, aínda que é algo longo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario