O venres 29 de maio fomos
visitar as sete parroquias de Dumbría,
acompañad@s por Ana e Ada, as guías do Concello.
A visita empezou aquí no
colexio, na parroquia de Dumbría. Logo fomos visitar o cemiterio de cores, onde
nos explicaron que estaba baseado nun cadro dun pintor francés. Posteriormente
chegamos a Berdeogas, onde visitamos a igrexa e a carballeira.
Logo fomos a Olveira e
Olveiroa e comemos en Vilafernández, ao lado do embalse. Encantounos!!!!. Tamén
alí xogamos un ratiño despois de comer.
Ao remate da comida
saimos no bus rumbo a Buxantes, onde vimos o albergue de peregrinos e entramos
nel. A cada peregrino que atopabamos berrábamoslle:bo camiño!. Aínda nos rimos
un cacho.
Para rematar fomos á
fervenza do Ézaro e a visitar a granxa da nosa
compañeira María na parroquia de Salgueiros onde nos tiña reservada unha
sorpresiña para coller forzas.
Voltamos ao colexio ás 4.30 moi cansados e
contentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario