“Eu non sei onde
o río vai morrer, a onde fuxe o sol. Non sentín o lume adormecer de noite ao
teu carón. Non me importa a xente cando ti camiñas xunto a min, só mira os meus
ollos bailando...
Eu non sei cando
a morte me ha levar, cando vira por min, mais a túa beira me terás mirándote durmir.
Non lle temo a tempo se ti me levas da túa man, só mira os meus ollos
bailando..."
Eu non sei porque
os Tromentelos decidiron gravar esta peza. Pero dende logo creo que é unha
fermosa canción de amor. Quizais eles pensaban no amor entre unha muller e un
home, ou entre dous homes ou dúas mulleres. Pode, incluso, que pensaran no amor
dunha nai e o seu fillo, no amor duns irmáns, ou dun avó e a súa neta. Máis
coido que non se lles deu por pensar no amor que pode sentir unha mestra polos
seus alumn@s , ou estes por ela. Espero
que vos guste este vídeo con fotos de fin de curso, no que a banda sonora que o
acompaña ten moito que dicir. Porque, a verdade, é que sinto un amor irracional
polos meus pequenos.
E si, xa vos boto de menos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario