sábado, 28 de marzo de 2015

Unha aperta sen motivo.

Polo día da paz quixemos facer este video, no que moitas das persoas que estamos no cole saímos facendo cousas sinxelas que poden aportar moitoaos demais:dar bicos e abrazos. Por que... temos que ter algún motivo para facelo? Nós pensamos que non. Disfrutade do vídeo!

La vida no va de cromosomas.

Atopamos navegando pola rede este vídeo que non quixemos partillar con vós! 
Esperamos que vos guste :)


O Mar na Escola.

O pasado luns visitáronnos Noemí e Marcos para explicarnos cómo é o mar, e as clases de animais que alí podemos atopar. Esta é aprimeira sesión da actividade "O Mar na Escola", coa que imos ir a Corcubión a aprender a andar en kayaks e barcos de vela. Esperamos pasalo moi ben!

Andrea Pérez e Melisa Toruiñán.


venres, 27 de marzo de 2015

Excursión a Santiago

O pasado 18 de marzo fumos de excursión a Santiago, pasando por Padrón para coller o tren.
Primeiro fumos ao "Museo de Historia Natural". Dani contounos moitas cousas sobre os animais e os seus hábitats. En xeral gustounos todo o museo!
Despois fumos a comer á Alameda de Santiago, e aproveitamos para ver as "dúas Marías" (coas que sacamos unhas fotos) , os cisnes e os patos no estanque  e xogamos un pouco no parque.
Por último visitamos o "Parlamento de Galicia". Alí explicáronnos como funciona o parlamento e visitamos as diferentes estancias que alí había.
Foi unha excursión moi entretida e onde aprendimos moitas cousas.

Andrea Pérez e Melisa Touriñán (6º de primaria).

P.D.: Deixámosvos de novo as fotos, por se aínda non as vístedes!


xoves, 19 de marzo de 2015

Excursión!

Onte e hoxe foron uns días duros! E diredes vós... duros? Se marchastes de excursión! Pero...ai! Quen cansadiño é ir por aí!

Deixámosvos unhas cantas fotos da viaxe do mércores, na que os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º foron de visita ao Museo de Historia Natural e ao Parlamento de Galiza, iso si, indo primeiro ata Padrón para ir no tren. Cando volvamos deste "descanso" dirémoslles a eles que nos conten como lles foi.






En canto aos máis pequenos do cole... Foi un día moi axetreado! Tivemos que correr moito para chegar á estación do tren... se souperamos que se ía retrasar máis de vinte minutos non teríamos corrido tanto!! No Museo de Historia Natural pasámolo xenial. Había milleiros de animais e e minerais e ademais aprendemos, de man de Dani, moitísimas cousas sobre eles. Despois xantamos na Alameda, e os de 1º e 2º puideron facer un pequeno xogo no que tiñan que buscar pistas. Os máis pequeniños fumos paseando pola alameda ata chegar ao parque, e así tamén poidemos ver os parrulos e cisnes que alí hai, e a estatua de Rosalía de Castro. Xa me diredes, en tan pouco tempo ter feitas tantas cousas, non é para estar  cansos?? Menos mal que temos un día máis de descanso!!






E aquí vos deixamos unhas cantas fotos xerais do museo, para que poidades ver algunhas das cousas que nós vimos aquí. 

sábado, 14 de marzo de 2015

Galletas

Aquí vos deixamos unhas poucas fotos do obradoiro de cociña, no que desta ocasión fixemos galletas de manteiga. Moitas grazas a Javi polas fotos, que as profes andivemos coas mans na masa e nin foto puidemos quitar! 








E aquí vos deixamos o resultado, a que teñen unha pinta estupenda? Todos os nenos e nenas que as fixeron levaron a mostra para casa, así que os que tivestedes a gran sorte de probalas  xa nos contaredes que tal. De quen as provou no cole, a ninguén lles disgustou!!



Aquí temos aos pequenos probandoas... de rechupete!!






E para todos aqueles que as queredes probar pero non chegaron aos vosos fogares... deixamosvos aquí a receita!

 GALLETAS.
Ingredentes:
-1/2 kg de fariña
-1 ovo
-165 gr de azucre
-250 gr de manteiga
- 1 cullerada de esencia de vainilla
Para decorar:
-Chocolate (para fundir)
-Fondant de cores
-Virutas variadas
Elaboración:
Mesturamos nun bol a manteiga (derretida) e o azucre). Engadimos o ovo e a vainilla e remexemos. Engadimos pouco a pouco a fariña ata ter unha masa suave. Metemos na neveira. Estiramos a masa e cortamos cos moldes. Enfornamos 20' a 180º. Decoramos. 

E dende aquí queremos darlle as grazas  a Irene e a Montse que nos axudaron motísimo para que nos saliras estupendas! MIL GRAZAS!

mércores, 11 de marzo de 2015

Happily ever after (II)

E aquí vos deixamos o outro vídeo de "Happily ever after" feito por outros nenos e nenas. Moito inglés aprendemos neste cole, non credes?

Sleeping beauty (II)

E aquí vos deixamos a historia de "Sleeping beauty" feita por outros nenos e nenas do mesmo curso! 

The snow monster

Ás veces tememos a quen máis nos quere! Podemos telo moi claro ao ver esta historia que interpretan os nenos e nenas de 4º. 

It´s so cold!



luns, 9 de marzo de 2015

Lucy´s new watch

Desta vez son os nenos e nenas de 3º os que nos contan esta incrible historia! Que reloxo tan raro!


sábado, 7 de marzo de 2015

Sleeping beauty

E aquí vos deixamos outra historia en inglés (pronto vos ensinaremos o mesmo conto feito por outros nenos, e tamén a de "Happily ever after"). Nesta ocasión son os nenos e nenas de terceiro, e interpretan "Sleeping beauty". Espero que non vos pase o mesmo que a Olga!

Saimos ao patio a traballar!

Non nos negaredes que con estes días de sol que estamos disfrutando non invita á saír ao patio a traballar! Nós non o dubidamos nin un só segundo: hai quen sae a ler, quen sae a debuxar, a quen lle van a ler contos... Cada quen da súa maneira disfrutou do bo tempo! 

As fotos que vos deixamos son dos pequenos de infantil b, que o xoves pasado saíron a pintar empregando papeis de xornais a modo de pinceis. O problema e que non contabamos co vento, e escapábanos o papel, a pintura... pero pasámolo pipa!!


Agora tamén en facebook!

Seguro que moitos de vós empregades xa a rede social máis famosa do momento: facebook. Pois nós tamén estamos alí! Unha maneira moito máis doada de ver as nosas publicacións! So tes que facer clic aquí (ou poñer na barra do facebook "O que pasa no cole") e darlle a "Gústame" para poder seguir a nosa páxina.

Nela iremos colgando as cousiñas que estabamos a por aquí, iso si, sen deixar o blog nunca de lado! 

Vémonos en facebook!

venres, 6 de marzo de 2015

My town

Aquí vos deixamos de novo con un vídeo en inglés! Desta vez é o alumnado de 4º, pero en vez de facer unha pequena dramatización, entoan a canción "The town". 
It´s wonderful! 

xoves, 5 de marzo de 2015

O mar moi preto

O corredor do primeiro piso converteuse nun mar cheo de barcos...iso si, de papel. Así da gusto ir a navegar ao cole!


Happily ever after

Os nenos e nenas de sexto interpretan "Happily ever after". Fano xenial, recomendámosvos ver a este príncipe e esta princesa tan especiais!

Autumn Leaf