xoves, 19 de marzo de 2015

Excursión!

Onte e hoxe foron uns días duros! E diredes vós... duros? Se marchastes de excursión! Pero...ai! Quen cansadiño é ir por aí!

Deixámosvos unhas cantas fotos da viaxe do mércores, na que os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º foron de visita ao Museo de Historia Natural e ao Parlamento de Galiza, iso si, indo primeiro ata Padrón para ir no tren. Cando volvamos deste "descanso" dirémoslles a eles que nos conten como lles foi.






En canto aos máis pequenos do cole... Foi un día moi axetreado! Tivemos que correr moito para chegar á estación do tren... se souperamos que se ía retrasar máis de vinte minutos non teríamos corrido tanto!! No Museo de Historia Natural pasámolo xenial. Había milleiros de animais e e minerais e ademais aprendemos, de man de Dani, moitísimas cousas sobre eles. Despois xantamos na Alameda, e os de 1º e 2º puideron facer un pequeno xogo no que tiñan que buscar pistas. Os máis pequeniños fumos paseando pola alameda ata chegar ao parque, e así tamén poidemos ver os parrulos e cisnes que alí hai, e a estatua de Rosalía de Castro. Xa me diredes, en tan pouco tempo ter feitas tantas cousas, non é para estar  cansos?? Menos mal que temos un día máis de descanso!!






E aquí vos deixamos unhas cantas fotos xerais do museo, para que poidades ver algunhas das cousas que nós vimos aquí. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf