Aquí vos deixamos unhas poucas fotos do obradoiro de cociña, no que desta ocasión fixemos galletas de manteiga. Moitas grazas a Javi polas fotos, que as profes andivemos coas mans na masa e nin foto puidemos quitar!
E aquí vos deixamos o resultado, a que teñen unha pinta estupenda? Todos os nenos e nenas que as fixeron levaron a mostra para casa, así que os que tivestedes a gran sorte de probalas xa nos contaredes que tal. De quen as provou no cole, a ninguén lles disgustou!!
Aquí temos aos pequenos probandoas... de rechupete!!
E para todos aqueles que as queredes probar pero non chegaron aos vosos fogares... deixamosvos aquí a receita!
GALLETAS.
Ingredentes:
-1/2 kg de fariña
-1 ovo
-165 gr de azucre
-250 gr de manteiga
- 1 cullerada de esencia de vainilla
Para decorar:
-Chocolate (para fundir)
-Fondant de cores
-Virutas variadas
Elaboración:
Mesturamos nun bol a manteiga (derretida) e o azucre). Engadimos o ovo e a vainilla e remexemos. Engadimos pouco a pouco a fariña ata ter unha masa suave. Metemos na neveira. Estiramos a masa e cortamos cos moldes. Enfornamos 20' a 180º. Decoramos.
E dende aquí queremos darlle as grazas a Irene e a Montse que nos axudaron motísimo para que nos saliras estupendas! MIL GRAZAS!
Que boa pinta!!! Están feitos uns masterchefs!!
ResponderEliminar