luns, 30 de decembro de 2013

"Esos locos que enseñan"

Ola a tod@s! Hoxe, e para pechar o ano 2013, quixeramos compartir con vos este texto  que compartimos dende o blog "Historias de un maestro cualquiera" Espero que sexa unha lectura reflexiva, que vos sirva para coñecernos un pouquiños máis... Aí vai!


Esos locos que enseñan.

Esos locos que enseñan. Yo los conozco. Los he visto muchas veces. Son raros. Algunos salen temprano a la mañana y están en el cole una hora antes, otros recorren todos los días más de 100Km de ida y otros tantos de vuelta. Están locos.

En verano les dan vacaciones, pero no desconectan del todo, piensan en sus clases, preparan tareas para el curso siguiente. En invierno hablan mucho, siempre llevan caramelos de miel y limón en los bolsillos, otros con una botella de agua a su lado. Su garganta siempre está dolorida, pero siguen enseñando, a veces fuerzan su voz, pero siguen transmitiendo sus conocimientos con cariño e ilusión.

Yo los he visto, no están bien de la cabeza. Salen de excursión con sus alumnos y se encargan de gestionar autorizaciones, recogida de dinero y responsabilidad extra.

Qué será de ellos. Por la noche sueñan con el colegio, se les aparecen planetas, ecosistemas y personajes históricos.He escuchado que llegan cargados con cuadernillos y exámenes, que han corregido la tarde antes en su casa.

Son mujeres y hombres, casados, solteros,...de diferentes edades, pero a todos les apasiona su trabajo, ver crecer a sus alumnos, ayudarlos y conseguir de ellos ciudadanos competentes.

Los he visto muchas veces. Están mal de la cabeza.Algunos dicen de ellos que viven muy bien, pero les han recortado el sueldo y siguen trabajando incluso más que antes, algunos no miran ni su nómina porque su pasión por la enseñanza los hace ciegos a pensar en el cobro. Disfrutan con lo que hacen, aunque haya padres que los discutan y les quiten autoridad, ellos siguen para adelante.

Están mal; por las tardes quedan para hacer cursos de formación y no les importa perder tiempo de su ocio para reciclarse.

Dicen que son autocríticos y que hacen balance de sus experiencias educativas, que se frustran cuando no salen las cosas, que se alegran cuando sus alumnos avanzan.

Están mal de la cabeza, yo los he visto. Dicen de algunos que fueron muy importantes, que siempre tienen palabras de aliento;dicen que son MAESTROS y que se sienten MUY ORGULLOSOS DE SERLO.



domingo, 29 de decembro de 2013

Happily ever after!

Aquí vos deixamos outra historia en inglés, "Happily ever after", desta vez da man do alumnado de sexto de primaria! Bravo por eles!!

sábado, 28 de decembro de 2013

Agasalla en galego.

Nesta época de Nadal os agasallos convértense nun dos pratos fortes de cada reunión familiar. Dende o blog do cole deixámosvos unha proposta de agasallos en GALEGO. Por que non? 


Eu desa gran lista xa me auto-agasallei o conto-cd de "Os Bolechas fan unha banda"; conto e música en galego... pode haber algo mellor? Coido que non! 

venres, 27 de decembro de 2013

Outono en cuarto

O outono xa marchou deixando paso ao inverno... pero para deixar constancia do seu paso polo cole aquí vos deixamos unhas fotos dalgúns dos traballos que fixero o alumnado de cuarto para decorar o corredor. Canto traballaron!!


martes, 24 de decembro de 2013

Cancións por Nadal

En Galiza existe unha tradición oral moi ampla relacionada co tempo de Nadal. Un tempo axeitado para contos, romances, panxoliñas e cantos de reis. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quixemos facer unha recollida destas cancións tradicionais desta época do ano, momento no que os mozos e mozas das aldeas saían a cantar polos lugares a cambio dun aguinaldo. Foron moitas as cancións que chegaron ao cole (motísimas grazas a todas as familias!), mais case non houbo quen quixera vilas cantar. 

Foi Lucía Patiño a valiente que nos visitou a tarde do mércores 18 para cantarnos! Aprobeitando que veu, ata nos cantou en inglés.
Podedes ver aquí tres vídeos nos que nos deleita coa súa preciosa voz:

MOITAS GRAZAS LUCÍA!!


luns, 23 de decembro de 2013

Suxerencias de lectura

Polo Nadal, o mellor regalo, un  libro. 

Por iso o "Equipo de Dinamización da Lingua Galega", en colaboración co "Equipo de biblioteca" tráennos estas suxerencias de lectura.

Para Educación Infantil recomendámosvos...
  • "Sopa verde" de Ángela Madeira e Till Charlier. Editorial OQO


  • "Arturo" de Oli e Marc Taeger. Editorial kalandraka.

  • "Crocodilo" de Antonio Rubio e Óscar Vilán. Editorial kalandraka

Para o primeiro ciclo de primaria...
  • "Amelia quere un can" de TIm Bowley. Editorial kalandraka.

  • "Un cabalo de lume" de FIna Casalderrey. Baía Edicións.

  • "Rebelión na charca" de Miro VIllar

Para o segundo ciclo a nosa recomendación é...

  • "Demo de dente" de Pep Bruno e Amrei Fiedler. Editorial OQO.

  • "O raposo e a mestra" de Manuel Rivas, Editorial Xerais.

  • "O gato fantasma" de Xelis de Toro. Editorial Xerais.

E para o terceiro ciclo...

  • "Universo Pitágoras" de Rocío Leira Castro. Editorial Biblos.

  • "Viaxes de inverno" de María Canosa. Editorial Everest.

  • "O merlo de ferro" de Antón Cortizas. Editorial xerais.











“Un libro é un regalo estupendo, porque moitas persoas só len para non ter que pensar” (André Maurois)


domingo, 22 de decembro de 2013

GASEOSAS PARA O NADAL!

Os nenos e nenas de infantil aprendimos a facer gaseosa, unha bebida fácil e saudable coa que podedes sorprender a tod@s nestas datas! É moi sinxelo so precisamos froitas (nós fixémolas de pomelo, laranxa e limón), auga, azucre e bicarbonato. Despois de exprimir o zume das froitas, engadimos azucre ao gusto, un pouco de auga e algo de bicarbonato e... listo para tomar! Mirade que boa pinta!!


venres, 20 de decembro de 2013

BO NADAL!!

Ola a tod@s!! Estes últimos días andivemos a tope no cole! E case nin tivemos tempo para contarvos o que ía pasando por aquí, así que nesta entrada vai ir un pequeno resumo do acontecido.

Así de bonita tiñamos onte a escola, xa que esperabamos unha visita moi especial... 



Veunos visitar Papa Noel, Father Christmas, Santa Claus... ou como queirades chamarlle! Foi emocionantísimo, e os profes convertíronse en auténticos "paparazzis". Por iso imos ter que esperar un pouco para poder ver todas as fotos que sacaron e así ensinarvolas!

Algúns dos nenos e nenas ata quixeron darlle unha mensaxe moi especial, e deixarlle algo de bebida, que despois de tanto falar... seguro que tiña a gorxa seca!! 



Hoxe a primeira hora marchamos directos po cine, a ver a película "Frozen: el reino del hielo". Ainda que para os máis pequenos se nos fixo algo longa, pasámolo xenial!



Ao chegar ao cole empezamos coa chocolatada! Puxémonos perdidos de chocolate, pero...que rico estaba!!



E despois antes de marchar coñecimos os gañadores dos distintos concursos! Ademais de Naiara (pola mascota da biblioteca), gañaron Diego (de 6º de infantil) e Lucía (de 3º de primaria) polas postais! Aquí os tedes recollendo os seus premios: dous contos para a mascota da biblioteca, e dous "kits de manualidades" para os gañadores das postais. A disfrutalos!!








Pero como podedes ver no carro dos agasallos, tamén había un paquete grande para Irene, que dentro de pouco vai a ser mamá! Noraboa! Imos botarte moito de menos!!





























Dende aquí queremos agradecer ás familias que viñeron e nos axudaron coa chocolatada. Moitas grazas por acompañarnos e pasar este ratiño con nós!


Despedímonos co resultado das postais gañadoras, desexándovos unhas moi boas festas!! E recordámosvos que ainda que non haxa cole, o blog sigue funcionando, que temos moito que contarvos!



BO NADAL  E FELICIANO!

MERRY CHRISTMAS & HAPPY NEW YEAR!

xoves, 19 de decembro de 2013

BOLETÍN DA BIBLIOTECA DO 1º TRIMESTRE

Un curso máis, o equipo de biblioteca elaborou unha serie de actividades co obxectivo de animar á comunidade educativa do noso centro a introducirse no mundo da lectura e da escritura.
Comezamos este boletín destacando a labor dalgúns alumnos e alumnas que se prestaron a colaborar nas tarefas da biblioteca: rexistrando, catalogando, etiquetando, forrando, poñendo en orde os estantes, …. 
         

O comezo do curso estivo marcado pola mochila viaxeira, na cal había varios libros, tendo en conta sempre o nivel do alumnado ao que ía dirixida. Deste xeito, podíamos ler libros en castelán, en galego ou en inglés; tamén había un DVD sobre o mundo dos animais, e un libro dirixido aos maiores da casa. E, ademais, podíamos anotar as nosas impresións nun caderno.
         Tamén traballamos sobre o outono, elaborando un mural con distintas poesías e textos referidos a esta estación. Os máis pequenos fixeron follas para decorar todos estes traballos, os cales figuran expostos na entrada da biblioteca.
 Por último, pensamos que necesitábamos unha mascota para a nosa biblioteca. Entón, puxemos en marcha un concurso no que participou todo o colexio:
 , e no que o gañador, foi ……….. Naiara e a súa mascota “Mucha”! Felicidades Naiara!







Dende o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, os nenos e nenas de 2º  deséxanvos Bo Nadal ó lado da árbore que fixeron para felicitarvos estas festas.


mércores, 18 de decembro de 2013

AVISO IMPORTANTE: SUSPÉNDESE A CARREIRA DE MAÑÁ

Por motivo do mal tempo, queda suspendida a carreira de campo a través que se ía celebrar mañá, 19 de decembro, pola mañá.

Polo tanto, ao longo da mañá, as clases transcurrirán con total normalidade.

martes, 17 de decembro de 2013

Postais de Nadal e Mascota de Biblioteca.

Ola a tod@s!!  Nesta época o cole está cheo de concursos, e é que como a maioría sabedes, estamos a buscar as mellores postais de Nadal e  a mascota para este ano da biblioteca!
Para a elección dos premios establecemos dous xurados: Junquera, Irene e Carmen foron o xurado das "Postais de Nadal", mentres que o "equipo de dinamización de biblioteca" foi o encargado de escoller á mascota da biblioteca.

Queremos aproveitar este espazo para darlles moitas grazas a tod@s os membros de ámbolos dous xurados porque non o tiveron nada fácil!

Nos vindeiros días tod@s sabremos quen foron os afortunados, pero mentres tanto aquí vos deixamos fotografías dos corredores da pranta baixa e do primeiro piso, para que poidades valorar vós mesmos as mascotas e as postais!




mascotas biblioteca - foto montaje




SORTE A TOD@S!!

domingo, 15 de decembro de 2013

Máis val tarde...

Que nunca! Aquí vos deixamos miles de fotografías do magosto... Perdoade a tardanza pero e que no cole andivemos moi liados! Dende este blog queremos agradecervos a tod@s os que estivéstedes con nós no magosto a vosa compañía:antigos alumn@s, familias... sobre todo aos que nos axudástedes a que este fora posible: as nais e o pai que colaboran no comedor, que traballaron como auténticos castañeir@s! MOITAS GRAZAS A TOD@S!!

Tamén moitas grazas a tod@s os que quixestedes fotografarvos no "photocall" que as profes fixemos para a ocasión!


luns, 9 de decembro de 2013

O queixo mola!

cComo sabredes os nenos e nenas de educación infantil estamos a traballar sobre a alimentación. Cando estivemos estudando os lácteos a profe Ángeles trouxo ao cole queixos de distintos tipos: queixo de vaca, queixo de ovella, e queixo de cabra. E probámolos todos!





QUEIXOS - presentacion imagenes


Ata fixemos unha enquisa para saber que queixo gustara máis...e sabedes cal gañou!? O queixo de vaca!




Como podedes ver, moitos dos nenos e nenas non sabían por cal decidirse así que...votaron polos tres!!

venres, 6 de decembro de 2013

Fly kite fly!

E aquí temos aos nenos e nenas de primeiro interpretando unha historia en inglés!Chámase "Fly kite fly".  Que ben o fan!! 
E se queredes, aquí podedes ler e oír o conto que están interpretando. 


Master chef!

Como ledes! En infantil somos uns auténticos "Master chefs" e as familias dos nenos e nenas poden dar boa conta diso, xa que cada vez que cociñamos, levan a proba para a casa.

Deixámosvos aquí fotos das tres últimas receitas: "brochetas de froitas", "paté de mexilóns" e a estrela do obradoiro... "pizza"!!




Dende aquí queremos aproveitar esta entrada para agradecerlle as cociñeiras Irene e Montse a súa axuda na  elaboración das pizzas e dos boliños. MOITÍSIMAS GRAZAS!


mércores, 4 de decembro de 2013

Beauty and the beast.

Here, you can watch our best actor Fabián, in "Beauty and the beast".
Fabián was Fred, the butler. The theater was very funny!
If you want to watch it, firstable click here, and secondly here


martes, 3 de decembro de 2013

Chicken soup

Recordámosvos que os nenos e nenas de quinto teñen varios blogs! Aquí podedes ver en inglés a historia "Chicken soup". Aproveitade para ver moitas outras cousas que están facendo! 

Imos ao Pindo!

Algúns dos nenos e nenas do cole irán mañá de excursión ao "Monte Pindo", xa que están a traballar arreo nun proxecto chamado "Pindo Vivo: Axudando a Fox". Que non sabedes do que estamos a falar? Pois pinchade aquí, que neste outro blog tedes todo o que estamos a facer no cole relacionado con esta temática! Ainda que nun primeiro momento tiñamos pensado plantar algunha árbore autóctona, ao final non vai poder ser, tal e como podedes ver nesta nova, na que nos agradecen ternos anotado nesa iniciativa.

Neon the fish

Algúns dos nenos e nenas de segundo interpretaron o conto en inglés  "Neon the fish". Estade atentos, porque nas próximas historias actuarán outros nen@s!

A que o fan moi ben!? 
Autumn Leaf