venres, 20 de decembro de 2013

BO NADAL!!

Ola a tod@s!! Estes últimos días andivemos a tope no cole! E case nin tivemos tempo para contarvos o que ía pasando por aquí, así que nesta entrada vai ir un pequeno resumo do acontecido.

Así de bonita tiñamos onte a escola, xa que esperabamos unha visita moi especial... 



Veunos visitar Papa Noel, Father Christmas, Santa Claus... ou como queirades chamarlle! Foi emocionantísimo, e os profes convertíronse en auténticos "paparazzis". Por iso imos ter que esperar un pouco para poder ver todas as fotos que sacaron e así ensinarvolas!

Algúns dos nenos e nenas ata quixeron darlle unha mensaxe moi especial, e deixarlle algo de bebida, que despois de tanto falar... seguro que tiña a gorxa seca!! 



Hoxe a primeira hora marchamos directos po cine, a ver a película "Frozen: el reino del hielo". Ainda que para os máis pequenos se nos fixo algo longa, pasámolo xenial!



Ao chegar ao cole empezamos coa chocolatada! Puxémonos perdidos de chocolate, pero...que rico estaba!!



E despois antes de marchar coñecimos os gañadores dos distintos concursos! Ademais de Naiara (pola mascota da biblioteca), gañaron Diego (de 6º de infantil) e Lucía (de 3º de primaria) polas postais! Aquí os tedes recollendo os seus premios: dous contos para a mascota da biblioteca, e dous "kits de manualidades" para os gañadores das postais. A disfrutalos!!








Pero como podedes ver no carro dos agasallos, tamén había un paquete grande para Irene, que dentro de pouco vai a ser mamá! Noraboa! Imos botarte moito de menos!!





























Dende aquí queremos agradecer ás familias que viñeron e nos axudaron coa chocolatada. Moitas grazas por acompañarnos e pasar este ratiño con nós!


Despedímonos co resultado das postais gañadoras, desexándovos unhas moi boas festas!! E recordámosvos que ainda que non haxa cole, o blog sigue funcionando, que temos moito que contarvos!



BO NADAL  E FELICIANO!

MERRY CHRISTMAS & HAPPY NEW YEAR!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf