En Galiza existe unha
tradición oral moi ampla relacionada co tempo de Nadal. Un tempo axeitado para
contos, romances, panxoliñas e cantos de reis. Dende o Equipo de Dinamización
da Lingua Galega quixemos facer unha recollida destas cancións tradicionais desta
época do ano, momento no que os mozos e mozas das aldeas saían a cantar polos
lugares a cambio dun aguinaldo. Foron moitas as cancións que chegaron ao cole
(motísimas grazas a todas as familias!), mais case non houbo quen quixera vilas
cantar.
Foi Lucía Patiño a valiente que nos
visitou a tarde do mércores 18 para cantarnos! Aprobeitando que veu, ata nos
cantou en inglés.
Podedes ver aquí tres vídeos nos que nos
deleita coa súa preciosa voz:
MOITAS GRAZAS LUCÍA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario